Unha das moitas opcións de distribución, mobiliario e personalización que Santos pode ofrecerche para a túa cociña.
Cociña con illa, mesa e vitrina
A cociña ocupa o núcleo da vivenda, un espazo que comparte co comedor e a zona de lectura. Unha gran illa central convértese no eixo vertebrador do ambiente e ao redor dela sitúase o resto do equipamento da cociña, totalmente integrado na arquitectura da casa.
As cociñas deixaron de deseñarse como espazos destinados exclusivamente a cociñar. Cada vez ábrense máis ao resto do fogar, fusionándose con outros ambientes para converterse en destacados puntos de reunión e convivencia. Os mobles de cociña deseñados por Santos incorporan múltiples opcións de integración e almacenaxe, pensadas para lograr que todo se atope sempre recolleito e organizado, unha necesidade de especial importancia no caso de cociñas abertas.
A illa concentra as áreas de preparación, cocción e fregado, e incorpora múltiples opcións de almacenaxe e organización nas súas dúas caras. A zona de armarios columna desta cociña con illa, reúne unha composición de 6 módulos onde se sitúan o frigorífico, o conxelador e un funcional moble escamoteable. Unha ampla vitrina feita en Aluminio Negro completa o amoblamento da estancia. Esta vitrina resulta moi práctica para gardar a vaixela ou expoñer obxectos decorativos e está dotada dun sistema de iluminación LED para estantes que a poden converter nun punto de luz ambiental indirecta.














Por que elixir
unha cociña Santos?
Deseños adaptables a cada proxecto
A extensa variedade de módulos e accesorios da colección Santos permítenos deseñar na nosa tenda de Santiago de Compostela cociñas a medida, que se adaptan ao espazo dispoñible ou á estatura do usuario.
Amplas posibilidades de personalización
Santos dispón dunha ampla gala de acabados para personalizar as frontes, corpos e interiores dos mobles, polo que cada persoa pode configurar a súa cociña Santos ao seu gusto.
Funcionalidade, ergonomía e capacidade
Os deseños depurados, ergonómicos e funcionais das cociñas Santos facilitan as tarefas, favorecen a organización e ofrecen a máxima capacidade de almacenaxe no mínimo espazo.
Resistencia ao uso e ao paso do tempo
As cociñas Santos empregan exclusivamente materiais e sistemas construtivos de calidade contrastada, que garanten unha resposta óptima ás esixencias máis elevadas.
Atopa máis ideas
para inspirarte
Tamén podes descargar e consultar os catálogos das últimas coleccións de cociñas Santos:
Queres coñecer todos os acabados e posibilidades das cociñas Santos?
Visita a nosa tenda e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Ademais, poderás comprobar de primeira man a calidade dos acabados.