Cocina en paralelo con muebles negros de cocinas Santos

Cociña en paralelo, con comedor anexo

Unha das moitas opcións de distribución, mobiliario e personalización que Santos pode ofrecerche para a túa cociña.

Máis cociña en menos espazo. Unha cociña en paralelo que se converte no corazón do fogar. Un amoblamento que axuda a crear vivendas máis confortables e habitables. Multitude de solucións de integración, iluminación e almacenamento que buscan dar resposta a todas as necesidades que xurden no traballo cotiá na cociña.

A cociña en paralelo situase ao lado da zona de comedor, facendo que o desprazamento dunha estancia á outra sexa moito máis práctico e cómodo. Unha porta corredía vidrada fai posible illar os espazos cando é necesario, á vez que permite manter a luminosidade e conexión visual. A mesa de comedor sitúase xusto fronte a cociña en paralelo. A cor negra presente nos elementos desta cociña xera un interesante contraste que, ademais de delimitar a estancia, lle confire forza e personalidade.

O sistema de gola continua deste modelo de cociña Santos, ademais de resultar moi discreto, permite abrir comodamente e desde calquera punto as portas e os caixóns. A súa solución de apertura integrada prescinde do tradicional concepto de tirador e fai posible crear cociñas de formas finas e elegantes. Pola súa parte, o acabado LAH (laminado antipegada), moi suave e resistente, confire ás cociñas con este acabado unha beleza que se percibe non só a través da vista, senón tamén do tacto.

cocina en paralelo con comedor anexo santiago interiores
Cocina negra abierta a la zona de día Santiago Interiores
Cocina pequeña negra con cerramiento acristalado de Santiago Interiores
Cocina negra en parelo en color negro mate de Santiago Interiores
Iluminación led para muebles altos de Santos
Cocina negra de Santos. Acabado antihuella
Perfil de iluminación led exclusivo de Santos para iluminar la zona de la encimera
Perfil de iluminación led con canal para accesorios de Santiago interiores
Armarios columna en color negro de Santiago Interiores.
Cajones interiores de extraccion total para muebles columnas en Santiago Interiores
Cocinas negra mate. Diseño Santos.
Cocina pequeña en paralelo de Santiago Interiores

Por que elixir unha cociña Santos?

Deseños adaptables a cada proxecto

A extensa variedade de módulos e accesorios da colección Santos permítenos deseñar na nosa tenda de Santiago de Compostela cociñas a medida, que se adaptan ao espazo dispoñible ou á estatura do usuario.

Amplas posibilidades de personalización

Santos dispón dunha ampla gala de acabados para personalizar as frontes, corpos e interiores dos mobles, polo que cada persoa pode configurar a súa cociña Santos ao seu gusto.

Funcionalidade, ergonomía e capacidade

Os deseños depurados, ergonómicos e funcionais das cociñas Santos facilitan as tarefas, favorecen a organización e ofrecen a máxima capacidade de almacenaxe no mínimo espazo.

Resistencia ao uso e ao paso do tempo

As cociñas Santos empregan exclusivamente materiais e sistemas construtivos de calidade contrastada, que garanten unha resposta óptima ás esixencias máis elevadas.

Atopa máis ideas para inspirarte

Tamén podes descargar e consultar os catálogos das últimas coleccións de cociñas Santos:

Catálogos Santos

Queres coñecer todos os acabados e posibilidades das cociñas Santos?

Visita a nosa tenda e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Ademais, poderás comprobar de primeira man a calidade dos acabados.

Solicita unha cita previa