Unha das moitas opcións de distribución, mobiliario e personalización que Santos pode ofrecerche para a túa cociña
Cociña aberta á zona de
día con illa e vitrina
As barreiras entre estancias dilúense para crear espazos máis amplos, diáfanos e polivalentes, nos que un interiorismo equilibrado xunta funcionalidade e personalización. Nesta cociña gris con mesado braco, aberta á zona de día, a illa central concentra as áreas de preparación, cociñado, fregado e barra, ademáis de caixoneiras en ambas as caras. Unha gran vitrina e unha composición de armarios columna, situadas en perpendicular á illa, complementan o amoblamento.
A zona de vitrinas nesta gran cociña aberta combina mobles con porta enteira de vidro e caixoneiras con mesado que crean unha zona adicional de traballo dotada de perfil LED con iluminación, chaves da luz, tomas de corrente e canle para accesorios.
A zona de columnas, pola súa banda, presenta unha modulación con estantes na parte superior e caixóns interiores na inferior, ofrecendo múltiples opcións para almacenar utensilios e provisións de maneira organizada, algo especialmente importante en cociñas abertas ao salón. Os seus tiradores lineais, discretos e prácticos, fusiónanse cos mobles.
A liña Living de Santos completa a zona de día deste amplo espazo
O comedor contiguo a esta cociña con vitrinas equípase cun andel aparador que conta con baldas dotadas de iluminación inferior e caixoneiras, máis un perfil LED superior que proxecta luz indirecta cara ao teito.
Na biblioteca, o andel suspendido combina armarios columna e paneis con baldas, permitindo ocultar elementos ou expoñelos á vista. O piano comparte espazo cunha elegante composición modular.
A zona de día tamén inclúe un estudo con taller de proxectos, equipado cun amoblamento baseado en paneis parede, baldas e caixoneiras.













Por que elixir
unha cociña Santos?
Deseños adaptables a cada proxecto
A extensa variedade de módulos e accesorios da colección Santos permítenos deseñar na nosa tenda de Santiago de Compostela cociñas a medida, que se adaptan ao espazo dispoñible ou á estatura do usuario.
Amplas posibilidades de personalización
Santos dispón dunha ampla gala de acabados para personalizar as frontes, corpos e interiores dos mobles, polo que cada persoa pode configurar a súa cociña Santos ao seu gusto.
Funcionalidade, ergonomía e capacidade
Os deseños depurados, ergonómicos e funcionais das cociñas Santos facilitan as tarefas, favorecen a organización e ofrecen a máxima capacidade de almacenaxe no mínimo espazo.
Resistencia ao uso e ao paso do tempo
As cociñas Santos empregan exclusivamente materiais e sistemas construtivos de calidade contrastada, que garanten unha resposta óptima ás esixencias máis elevadas.
Atopa máis ideas
para inspirarte
Tamén podes descargar e consultar os catálogos das últimas coleccións de cociñas Santos:
Queres coñecer todos os acabados e posibilidades das cociñas Santos?
Visita a nosa tenda e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Ademais, poderás comprobar de primeira man a calidade dos acabados.
Es un profesional e queres coñecer máis sobre cociñas Santos?
Rexístrate e crea a túa conta na área profesional de Santos. Dispoñerás de acceso preferente a recursos e documentación de interese para profesionais da arquitectura, a decoración e o interiorismo.