Unha das moitas opcións de distribución, mobiliario e personalización que Santos pode ofrecerche para a túa cociña.
Cociña lineal con vitrina,
aberta ao estudio e ao salón
A acertada distribución da planta consegue que a cociña lineal, o comedor, o estudio e o salón compartan un gran espazo aberto. Un amoblamento con caixóns rodapé que fai posible aproveitar todo o espazo en altura na zona baixa da cocina. Múltiples solucións de integración e almacenaxe que contribúen a sacar o máximo partido a cada centímetro dispoñible nesta cociña aberta ao estudio e ao salón.
A polivalencia do espazo no que se sitúa esta cociña lineal requiriu que se prestase especial atención á planificación, á luz e á estética do conxunto. Todos os elementos debían equilibrarse para favorecer a fluidez das tarefas cotiás, dos procesos creativos e das pausas para desconectar da rutina diaria. Os sistemas de iluminación, os acabados e as liñas estilizadas dos mobles deseñados por Santos axudan a integrar esta cociña lineal na arquitectura, de maneira natural e sen sobrecargala.
A zona de mobles baixos desta cociña lineal incorpora tres módulos co exclusivo sistema de caixón rodapé de Santos. Os seus ata catro niveis de almacenamento, resultan a solución máis acertada cando é necesario optimizar o espazo dispoñible. O sistema de apertura en formato de gola continua resulta moi discreto á hora de integrar a cociña con outras estancias. A gran vitrina que equipa a zona alta, desde o mesado ata o teito, segméntase mediante unha serie de baldas e compleméntase con un funcional perfil de iluminación con prácticos accesorios. A distribución con cociña lineal nesta vivenda fai posible contar con un amplo espazo polivalente para a zona de día da casa.
Por que elixir
unha cociña Santos?
Deseños adaptables a cada proxecto
A extensa variedade de módulos e accesorios da colección Santos permítenos deseñar na nosa tenda de Santiago de Compostela cociñas a medida, que se adaptan ao espazo dispoñible ou á estatura do usuario.
Amplas posibilidades de personalización
Santos dispón dunha ampla gala de acabados para personalizar as frontes, corpos e interiores dos mobles, polo que cada persoa pode configurar a súa cociña Santos ao seu gusto.
Funcionalidade, ergonomía e capacidade
Os deseños depurados, ergonómicos e funcionais das cociñas Santos facilitan as tarefas, favorecen a organización e ofrecen a máxima capacidade de almacenaxe no mínimo espazo.
Resistencia ao uso e ao paso do tempo
As cociñas Santos empregan exclusivamente materiais e sistemas construtivos de calidade contrastada, que garanten unha resposta óptima ás esixencias máis elevadas.
Atopa máis ideas
para inspirarte
Tamén podes descargar e consultar os catálogos das últimas coleccións de cociñas Santos:
Queres coñecer todos os acabados e posibilidades das cociñas Santos?
Visita a nosa tenda e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Ademais, poderás comprobar de primeira man a calidade dos acabados.
Es un profesional e queres coñecer máis sobre cociñas Santos?
Rexístrate e crea a túa conta na área profesional de Santos. Dispoñerás de acceso preferente a recursos e documentación de interese para profesionais da arquitectura, a decoración e o interiorismo.