Máis de 20 anos axudando a crear fogares

En Santiago Interiores, ademais de deseñar cociñas a medida, ofrecemos un servizo personalizado e integral de proxectos de interiorismo, tanto para obras novas como para reformas. Visita a nosa exposición e achégate a coñecernos. Como especialistas en deseño e funcionalidade, podemos aportarche todo o que precisas para crear a vivenda dos teus soños:

Experiencia

O saber facer acumulado desde 1996 converteunos nun establecemento de recoñecido prestixio no noso sector.

Cociñas a medida

O saber facer acumulado desde 1996 converteunos nun establecemento de recoñecido prestixio no noso sector.

Calidade

Para garantir un resultado óptimo, só seleccionamos e ofrecemos opcións de primeiras marcas e calidade probaba.

Profesionalidade

Poñemos á túa disposición un equipo amplo e cualificado de profesionais para o desenvolvemento integral do teu proxecto.

Trabajamos a tu lado durante todo el proyecto

Asesoramento personalizado

Dedicámosche todo o tempo que necesites para deseñar un proxecto á túa medida, acorde cos teus gustos, necesidades e estilo de vida.

Asistencia técnica

Acompañámosche desde o deseño inicial ata a fase de instalación, asegurando que o resultado final sexa óptimo en tempo e forma.

Seguimento post-venta

Unha vez finalizada a instalación, seguiremos ao teu lado para atender as túas consultas e axudarche a sacar o máximo partido ao teu proxecto.

Tu proyecto, paso a paso:

proyeccion-planos-2

— Paso 1/5 —

Permítenos coñecerte

Dámosche a benvida a Santiago Interiores. Necesitamos coñecerte, por iso é importante que concertemos unha cita presencial ou online. Nela falaremos dos teus gustos e preferencias, e poderás trasladarnos todos os detalles do teu proxecto. Se ademais nos facilitas planos ou fotografías do teu espazo, resultará moito máis doado expor bosquexos previos de distribución e aproveitamento do espazo.

Durante esta primeira cita, decidirás como queres continuar co teu proxecto:

  • Asesoramiento inicial: Podes optar por quedar unicamente coas ideas de distribución e acabados comentadas nesta primeira reunión.
  • Anteproxecto (150 €)*: Deseñaremos o teu proxecto personalizado e poderás levarte, na segunda cita, a proposta de distribución en planta, imaxes 3D e o orzamento.
  • Proxecto (500 €)*: Deseñaremos o teu proxecto personalizado e o material que che entregaremos na segunda cita constará de: planta, alzados, listaxe de elementos, imaxes 3D, planos de instalacións e orzamento. Sempre que sexa posible, realizaremos unha medición profesional do espazo antes de facer a proposta.

Tras escoller a modalidade que mellor se adapte ás túas necesidades, fixaremos as seguintes citas para continuar co proceso.

*Se finalmente decides realizar o teu proxecto connosco, este importe será descontado do total do orzamento.

proyeccion-5

— Paso 2/5 —

Deseño do teu proxecto

A partir da información recompilada durante a primeira cita, o noso equipo de deseño creará unha proposta personalizada, que che presentaremos no noso showroom na data acordada.

Durante a segunda cita, presentarémosche o teu proxecto coa planta, alzados e imaxes 3D do resultado final, explicando todas as características dos mobles, acabados e equipamento incluídos na proposta, así como o seu orzamento.

Segundo a modalidade elixida, proporcionarémosche a seguinte documentación:

  • Anteproxecto: A proposta de distribución en planta, imaxes 3D e orzamento.
  • Proxecto: A proposta de distribución en planta, alzados, listaxe de elementos, imaxes 3D, planos de instalacións e orzamento.
proyeccion-2

— Paso 3/5 —

Aceptación e reserva

Se non se realizou previamente, nesta fase un medidor cualificado do noso equipo acudirá a comprobar as dimensións do espazo sobre o terreo.

Unha vez revisadas todas as medidas e aprobada a proposta definitiva, indicarémosche a data límite para realizar posibles modificacións. Tamén che solicitaremos unha entrega a conta e a sinatura do contrato con todas as condicións de venda.

instalacion-servicio-tecnico

— Paso 4/5 —

Pedido e instalación

O noso supervisor técnico asegurarase da viabilidade do proxecto e, se fose necesario, controlará a coordinación cos diferentes profesionais implicados na tua obra ou reforma. Confirmaremos cos nosos provedores o pedido de todos os elementos que conforman o teu proxecto e xestionaremos as entregas conforme ao prazos establecidos. A instalación realizarase na data fixada polo noso equipo de montadores certificados. Coidaremos todos os detalles: a experiencia aválanos á hora de superar as expectativas máis esixentes dos nosos clientes.

supervision-verificacion-1

— Paso 5/5 —

Servicio post-venda

Unha vez finalizada a instalación, poremos á túa disposición o noso servizo postvenda para que podas consultarnos calquera dúbida ou. Recomendámosche seguir as nosas redes sociais e suscribirte ao noso newsletter para que poidas manterte ao día das novidades e produtos dispoñibles no noso establecemento.

Inspírate no noso showroom

Visitar a nosa tenda en Santiago de Compostela é una boa maneira de atopar ideas para comezar a dar forma ao teu proxecto. Recórrea e descubre as últimas novidades de cociñas Santos e unha selección de exclusivas marcas de complementos para o fogar.

Solicita una cita previa

Queres facer realidade a vivenda dos teus soños?

Solicítanos un proxecto directamente a través da web, ou ben concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas na nosa tenda. Axudarémosche a crear a vivenda dos teus soños.

Solicita un proyecto

Podes formar parte do noso equipo

Se tes ilusión por traballar deseñando e vendendo proxectos de cociña e equipamentos para o fogar…

Envíanos tu CV