Para nós cada proxecto é único. Queremos coñecerte e que nos fales das túas necesidades, os teus hábitos e as túas expectativas. Deste xeito, poderemos crear unha cociña totalmente personalizada, que se adapte ao teu estilo de vida, aos teus gustos, preferencias e ao teu orzamento.
Solicita o teu proxecto
Os nosos procedementos e ferramentas de traballo permítennos asesorarche e planificar cada detalle do teu proxecto, tanto de forma presencial como online, mantendo a calidade e personalización que nos caracterizan.
Fainos chegar o formulario que figura a continuación e un dos nosos comerciais porase en contacto contigo para concertar unha cita e comezar a traballar no teu proxecto.
Se o desexas, podes enviarnos un plano acoutado e fotografías ou vídeos do espazo a equipar. Realiza ti mesmo unha primeira medición seguindo os pasos que che mostramos no seguinte vídeo. Deste xeito, cando teñas a túa primeira cita cun dos nosos comerciais, xa disporedes dun plano de referencia para empezar a deseñar o proxecto da túa cociña, salón, comedor ou lavandería.
O teu proxecto,
en seis pasos
—1/6—
Permítenos coñecerte
Necesitamos coñecerte, por iso é importante que concertemos unha cita presencial ou online. Nela falaremos dos teus gustos e preferencias, e poderás trasladarnos os detalles do teu proxecto.
—2/6—
Deseño do teu proxecto
O noso equipo de deseño creará un proxecto totalmente personalizado. Presentarémoscho na nosa tenda e solicitaremos a túa validación para seguir avanzando.
—3/6—
Medición do espazo
Un dos nosos medidores cualificados comprobará as dimensións do teu espazo, para evitar inconvenientes derivados dunha medición inexacta ou incompleta.
—4/6—
Aceptación e reserva
Unha vez revisadas todas as medidas e cando teñas aprobado a proposta que che presentemos, solicitarémosche a sinatura do contrato coas condicións de venda e entregarémosche os planos técnicos.
—5/6—
Pedido e instalación
O noso supervisor técnico validará a viabilidade do proxecto, confirmaremos o pedido e, unha vez recibido, o noso equipo de montadores certificados completará a instalación nos prazos establecidos.
—6/6—
Servizo post-venda
Unha vez finalizada a instalación, realizaremos todas as comprobacións de fin de obra. Ademais, permaneceremos ao teu lado para axudarche a resolver calquera dúbida ou incidencia.
Inspírate cos nosos proxectos
Suscríbete ao noso newsletter
Recibe todas as novidades de interese sobre os nosos produtos, servizos e proxectos.