
A cociña que mira ao xardín
Cando os propietarios desta vivenda afrontaron a construción do que sería o seu novo fogar tiñan claro que a súa ubicación determinaría en gran medida a súa distribución definitiva. A casa concibiuse como un bloque cadrado, revestido de pedra e madeira, que illaba as estancias de día da ruidosa rúa principal e abríaas ao gran patio interior escondido na parte traseira da vivenda. A privacidade quedaba, deste xeito, garantida. A cociña e o salón situáronse con vistas ao xardín e dotáronse de grandes cristaleiras para aproveitar a iluminación natural.


| A COCIÑA | |
|---|---|
| Ano do proxecto | 2012 |
| Deseño | Santiago Interiores |
| Distribución | En paralelo con península |
| Dimensións | --- |
| Mobiliario | Santos, modelo MINOS-L |
| Acabado | Branco |
| Tirador | Sen tirador |
| Mesado | Silestone Blanco Zeus |
| A VIVENDA | |
|---|---|
| Tipoloxía | Vivenda unifamiliar |
| Dimensións | --- |
| Localización | Santiago de Compostela (A Coruña) |
| Arquitectura | |
| Decoración | --- |
| Estilismo | --- |
| Fotografía | Xoan A. Soler (La Voz de Galicia) |
A distribución en paralelo resultou ser a máis acertada para esta cociña. Esta organización do mobiliario permitiu crear un cómodo espazo de paso entre as zonas de amoblamento para deixar totalmente despexadas, tanto a porta de acceso á cociña, como a saída directa ao xardín.
Na cociña elixiuse a cor branca para os mobles e optouse polo modelo MINOS-L de Santos, un deseño cuxo tirador oculto facía que os frontais fosen máis atractivos, pero tamén moito máis fáciles de limpar.
O amoblamento da cociña organizouse en dúas zonas ben diferenciadas. Unha zona de mobles baixos en formato península, na que se situaron a placa de cocción, o vertedoiro e unha pequena barra para almorzos ou comidas rápidas. E unha zona lineal de mobles á parede equipada con: mobles columna para frigorífico e fornos, módulos baixos en formato horizontal e mobles altos de apertura articulada. Nesta parte da cociña instalouse, ademais, un vertedoiro auxiliar, de gran utilidade nunha ampla superficie de preparación como a que ofrece este espazo.
Os mobles baixos de Santos que se instalaron nesta cociña están equipados con prácticos accesorios interiores, pensados para facilitar o traballo diario e manter todos os utensilios en orde. Pola súa banda, os módulos altos de apertura articulada contribuíron a que as portas non entorpecesen o movemento natural ao traballar na cociña e facilitasen unha visión completa do interior de cada moble.


Outros datos de interese
| PUBLICACIÓNS |
|---|
| Reportaxe Sección “La Casa” de La Voz de Galicia |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

