Cocina Blanca Madera Santiago Interiores Santos

Calidez en estado puro

Nun coñecido barrio de Santiago de Compostela, sitúase esta vivenda unifamiliar tan acolledora. Os propietarios, unha parella nova con dous nenos pequenos, sometéronse a un largo, pero bonito proceso durante a obra que lles levou a conseguir o fogar dos seus soños.

Trátase dunha vivenda de tres plantas con xardín e patio interior, na que a cociña é o primeiro que nos recibe ao entrar pola porta principal. 

Se algo tiñan claro os nosos clientes para esta zona, é que querían que fose cálida e que a madeira tivese todo o protagonismo.

Cocina Blanca Madera Santiago Interiores Santos
A COCIÑA
Ano do proxecto 2023
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
Paralelo con illa
Dimensións 21,5 m2
Mobiliario
Santos, modelo FINE
Acabado
Olmo Claro
Tirador
Sen tirador
Mesado Alaska de Compac
A VIVENDA
Tipoloxía
Vivenda unifamiliar
Dimensións
200 m2
Localización
Santiago de Compostela (A Coruña)
Estilismo
Victoria Rega e Nuria Castiñeiras
Fotografía

Con estas indicacións en mente e vendo todas as posibilidades de espazo, decidimos deseñar unha cociña en paralelo con illa en acabado madeira. O resultado: unha atmosfera serena e confortable.

Cocina Blanca Madera Santiago Interiores Santos
Cocina Blanca Madera Santiago Interiores Santos

A convivencia do rústico, o moderno e o atemporal

Desde os comezos desde proxecto, os donos chegaron ao noso estudo coas ideas bastante claras.

En primeiro lugar, buscaban unha gran presenza da madeira, así que optamos polo acabado Olmo Claro para o mobiliario. Para alixeirar un pouco o peso visual, decidímonos por un modelo de liñas sinxelas para as frontes: o modelo FINE. Ademais, utilizamos un mesado  branco tanto para a zona de fregado como para a illa, conseguindo aportar ao conxunto sutileza e luminosidade.

Cocina Rústica Santos

A segunda premisa que nos deron foi integrar a zona office na cociña. Debíamos buscar o lugar ideal para a mesa de madeira, un legado familiar que os nosos clientes decidiron restaurar e conservar con moito agarimo e que, sen dúbida, enche de carácter e personalidade a estancia.

Aínda tratándose dun elemento moi rústico que pouco parece ter que ver co estilo das frontes escollidas para a cociña, convive naturalmente tanto con elementos de estética clásica como a tradicional estufa de leña, como coa moderna arquitectura dunha vivenda contemporánea.

Un lineal totalmente equipado

Cocina con Isla Diseño Santiago Interiores

Dispoñendo dunha estancia aberta de máis de 20 m2, puidemos deseñar unha ampla illa central e un práctico lineal de columnas en paralelo que resulta indispensable para o traballo diario.

Ao lado da ventá, este lineal de columnas contén a área de almacenamento. Componse por un columna portaútiles de limpeza e, á dereita deste, outro moble columna de dúas portas e 90 cm de ancho con estantes e gabetas no seu interior. 

A continuación, no centro desta composición, encontramos a área de fregado, con vertedoiro e billa de aceiro inoxidable. A disposición de mobles parte de tres módulos baixos, un que integra o lavalouzas, outro que acolle o portavertedoiro e un terceiro con recolector de desperdicios. A parte alta desta zona de augas equípase con tres módulos altos con estantes que resolven o almacenamento, principalmente, de vasos e cuncas.

Cocina Blanca Madera Santiago Interiores Santos
Cocina Blanca Madera Santiago Interiores Santos

Seguindo cara a dereita, unha vez finalizada a composición de altos e baixos, encontramos distintos mobles columna de integración de electrodomésticos (como o forno e o frigorífico), ademais dun columna portaprovisións. A apertura de estes módulos realízase a través dun sistema de gola continua en formato vertical que fai máis fácil abrir e pechar este tipo de mobles. A cor branca da gola escolleuse para que esta fixese xogo co ton dos mesados e do forno.

Unha illa repleta de funcionalidade

Cocina con Isla Diseño Santiago Interiores

Contando con unha illa de 2,44 metros de ancho e 1 metro de profundidade, foi sinxelo dotala de moita funcionalidade. 

Decidimos situar aquí a área de cocción, cunha placa de indución e unha campá de teito. A nivel de mobiliario, a illa está composta por dous módulos portaplaca con accesorios para cubertos e prateiro. Ademais, situando a placa na zona central, conseguimos deixar unha xenerosa superficie de traballo a ambos lados, que resulta moi práctica á hora de cociñar e preparar os alimentos.

Cocina con Isla Diseño Santiago Interiores
Cocina con Isla Diseño Santiago Interiores

Por outro lado, deixando parte do mesado voado na parte traseira da illa, obtemos unha zona de barra con taburetes, óptima para almorzos ou comidas rápidas.

A característica mesa de madeira vai encostada a dita illa, co que logramos reducir ao mínimo os desprazamentos do día a día. Ademais, configúrase como o elemento delimitador da cociña, que se abre ao luminoso salón que, a súa vez, conecta co xardín.

Vivienda con Jardín - Santiago Interiores
Vivienda con Jardín - Santiago Interiores

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
Bosch Frigorífico, conxelador, placa de cocción
Pando Campá
AEG Lavalouzas
Blanco Grifaría
Stala Vertedoiro

Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita unha cita previa