Casa Escribenta. Eloxio á luz
Casa Escribenta é un claro exemplo de como proxectar para captar a luz natural. No ano 2014, esta vivenda foi galardonada co Premio Juana de Vega de Arquitectura, un dos galardóns máis destacados do sector creado pola Fundación Juana de Vega para destacar os proxectos que contribúen a mellorar a calidade paisaxística de Galicia.
A COCIÑA | |
---|---|
Ano do proxecto | 2013 |
Deseño | Santiago Interiores |
Distribución | Con illa |
Dimensións | 12,35 m2 |
Mobiliario | Santos, modelo MINOS-E |
Acabado | Branco Seff |
Tirador | Sen tirador |
Mesado | Granito Negro Zimbabwe |
A VIVENDA | |
---|---|
Tipoloxía | Vivenda unifamiliar |
Dimensións | 265 m2 |
Localización | Oroso (A Coruña) |
Arquitectura | |
Decoración | --- |
Estilismo | --- |
Fotografía |
Esta vivenda unifamiliar de nova construción e estilo contemporáneo estrutúrase en torno a 5 patios que conectan interior e exterior. Propón un xogo de volumes en que as ventás e lucernarios teñen un papel destacado, proxectando a mirada ao ceo, ao espazo, ao infinito ou á paisaxe inmediata.
A cociña oriéntase cara á paisaxe rural que rodea a casa e dispón dunha grande illa central que articula o espazo e convérteo nun lugar acolledor no que gozar de xuntanzas e comidas con familiares e amigos.
As zonas de fregado e almacenamento en columnas sitúanse en paralelo á illa, mantendo o triángulo de traballo na cociña, facilitando os desprazamentos e contribuíndo á entrada de luz natural. A zona de fregado equípase con diversos mobles baixos, entre eles, o característico porta-vertedoiro de Santos con corpo fabricado integramente en taboleiro mariño. Santos ofrece unha ampla gama de porta-vertedoiros versátiles e resistentes, con anchos que van desde 45 a 120 cm, en formatos verticais ou horizontais e con multitude de combinacións de distribución, clasificación de residuos e aproveitamento interior co obxectivo de ofrecer solucións adaptadas ás necesidades de cada usuario. Os módulos columna que completan esta área da cociña destínanse á integración do frigorífico e ofrecen amplos espazos para o almacenamento de alimentos e utensilios de cociña.
Na illa é onde se sitúa a zona de cocción, equipada con mobles de caixóns de extracción total e sistema de retención con autopeche. Os caixóns organízanse en 3 niveis: un primeiro nivel pensado para ordenar os elementos de uso máis frecuente, un segundo nivel para gardar a louza e os alimentos e un terceiro nivel no que acomodar os utensilios de gran tamaño. O mesado que envolve a illa prolóngase na súa parte posterior para ofrecer unha superficie adicional na que degustar comidas rápidas ou simplemente sentarse a charlar coa persoa que está cociñando.
Outros datos de interese
ELECTRODOMÉSTICOS | |
---|---|
Bosch | Campá decorativa, forno multifunción e frigorífico-conxelador |
Siemens | Placa vitrocerámica |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.