Cocina estrecha lineal Santiago Interiores

Sacando o máximo partido a unha cociña alongada

Esta cociña de tan só 9 metros cadrados semella moito máis grande grazas á súa gran luminosidade e ao seu deseño semiaberto, unha distribución moi funcional e acertada para cociñas alongadas. Conséguese así unha zona de traballo confortable e totalmente equipada sen renunciar a unha estética con marcado carácter propio.

Cocina de 9 metros luminosa con carácter propio Santiago Interiores
A COCIÑA
Ano do proxecto
2021
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
Lineal
Dimensións
9 m2
Mobiliario
Santos, modelo MARCO (cociña) e FINE (anexo)
Acabado
Branco Perla Seda Mate (cociña) e Branco Innsbruck (anexo)
Tirador
Asa acabado Níquel Mate (cociña) e sen tirador (anexo)
Mesado
Naturamia Perla Venata
A VIVENDA
Tipoloxía
Piso
Dimensións
90 m2
Localización
Santiago de Compostela
Arquitectura
Grupo Arial - Carbajo y Barrios Arquitectos
Decoración
---
Estilismo
Emma López e Paula Ferreira
Fotografía

A cociña sitúase nun piso dun céntrico conxunto residencial compostelán. Os seus propietarios, unha parella sen moito tempo para cociñar decote, buscaban unha estancia con amplo espazo de almacenamento, cómoda e práctica, que ademais contase cunha pequena zona office para almorzos e comidas rápidas.

Cocina con amplio espacio de almacenaje, cómoda y práctica. Santiago Interiores

Ao conectar a cociña co salón-comedor a través dunha ampla porta corrediza logrouse ampliar visualmente o espazo, permitindo a comunicación co resto da zona de día cando así se desexa. Isto resulta moi práctico, ademais, para o servizo e retirada dos pratos, xa que se facilita o acceso á mesa de comedor. A cociña tamén comunica co balcón mediante unha porta de vidro, multiplicando así a entrada de luz natural na estancia.

Cocina conectada con el salón-comedor a través de una amplia puerta corredera. Santos

Un deseño elegante e atemporal

Para o mobiliario optamos por un modelo que une liñas limpas e puras cunha estética máis tradicional: o modelo MARCO de Santos. Así, harmonizouse o clásico co moderno, ofrecendo un equipamento pensado para responder ás esixentes necesidades da vida contemporánea, pero que ademais resulta acolledor e con personalidade.

Mobiliario con líneas limpias y puras. Santos

O acabado Branco Perla Seda Mate favorece a integración dos mobles no interiorismo da vivenda, caracterizado polo predominio de tons claros que reforzan a luminosidade natural dos distintos ambientes.

Cocina con muebles en blanco perla seda mate. Santos
Comedor conectado con cocina Santiago Interiores

A distribución en liña axuda a aproveitar cada milímetro

A distribución en liña dos mobles contribuíu a sacar o máximo partido á estancia, longa e estreita. O primeiro tramo do lineal, máis próximo á fiestra, reúne as áreas de preparación, cocción e fregado, con mesado Perla Venata de Naturamia.

Cocina en estancia larga y estrecha. Santiago Interiores

Esta zona inclúe un módulo portaplaca dotado de gabetas de extracción total e gran capacidade, un lavalouza integrado, e un moble portavertedoiro con caldeiros de reciclaxe.

Ademais, para a parte superior incorporamos un módulo alto de apertura abatible, dotado dun perfil de iluminación LED no piso inferior. Esta solución percorre todo o ancho do moble, proporcionando luz indirecta, continua e homoxénea sobre a superficie de traballo e o vertedoiro.

Módulo portaplaca dotado de gavetas de extracción total y gran capacidad

Sobre o moble alto abatible, deixamos libre a parte máis próxima ao teito, o que, xunto coa campá decorativa de Pando, permitiu alixeirar esta zona da cociña.

Mobiliario de cocina con campana Pando. Santos

O lineal completouse con dous armarios columna: un primeiro portafornos, que integra forno multifunción, microondas e máis opcións de almacenamento adicional, e un segundo con moble persiana. Este último, ao incorporar tomas de corrente e iluminación propia, así como unha zona de traballo auxiliar, permite gardar e empregar pequenos electrodomésticos sen necesidade de cambialos de lugar.

Armarios columna con horno y microondas Santos
Armarios columna con horno y microondas Santiago Interiores

Fronte a estas columnas instalamos un discreto armario portaprovisións, ideal para organizar a compra. Ao seu carón, dispúxose unha cómoda barra, con mesado e balda en laminado Santos acabado madeira Olmo Claro, máis tallos Leina de Gazzda, o que permitiu aproveitar aínda máis o espazo, incorporando unha área office na propia cociña.

Cocina con área office integrada. Santiago Interiores

Unha zona anexa ofrece un extra de funcionalidade

A cociña conecta cunha estancia anexa a través dunha porta corrediza, prolongando así o equipamento da zona de traballo. Ese espazo contiguo amoblouse cun sinxelo deseño FINE sen tirador en cor branca. Decidímonos aquí por unha distribución en paralelo, deixando simplemente un corredor de paso no centro.

Detalle de mobiliario con horno y microondas. Santos
Espacio más funcional con despensa y lavadero. Santiago Interiores

A un lado, dispuxemos unha columna portafrigorífico e outra de servizo sobre mesado con lavadora na parte inferior. En fronte, completan o mobiliario unha segunda columna portaprovisións, máis un armario portaútiles para utensilios e produtos de limpeza.

Deste xeito créanse dúas áreas diferenciadas: dun lado un ambiente de traballo cálido e elegante, e do outro, un espazo adicional de despensa-lavadoiro, máis funcional, que aumenta a capacidade e organización da cociña.

Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita unha cita previa