Cociña, living e lavandaría: orde, benestar e elegancia
A poucos minutos de Santiago de Compostela, este piso de obra nova converteuse no fogar ideal para unha familia que crece. O seu deseño contemporáneo e funcional busca dar resposta ás máis recentes necesidades dos seus propietarios tras a chegada dun novo membro á familia.
Os clientes decidiron contar con Santiago Interiores para amoblar gran parte da zona de día da súa nova vivenda: a cociña, o living e a lavandería.
| A COCIÑA | |
|---|---|
| Ano do proxecto | 2023 |
| Deseño | Santiago Interiores |
| Distribución | En paralelo |
| Dimensións | 10 m2 |
| Mobiliario | Santos, modelo KARMEL |
| Acabado | Branco SM e Olmo Claro |
| Tirador | Sen tirador |
| Mesado | Miami Vena de Silestone |
| LIVING | |
|---|---|
| Ano do proxecto | 2023 |
| Deseño | Santiago Interiores |
| Mobiliario | Santos, modelo FINE acabados Gris Visón Seda e Olmo Claro |
| LAVANDARÍA | |
|---|---|
| Ano do proxecto | 2023 |
| Deseño | Santiago Interiores |
| Dimensións | 4 m2 |
| Mobiliario | Santos, modelo ELEA acabado Branco Innsbruck |
| Tirador | Tirador lacado branco |
| Mesado | Ariel de Silestone |
| A VIVENDA | |
|---|---|
| Tipoloxía | Piso |
| Dimensións | 90 m2 |
| Localización | Oroso (A Coruña) |
| Construtora | |
| Estilismo | Nuria Castiñeiras |
| Fotografía | |
Tendo en conta que os espazos eran reducidos, a premisa que nos indicaron os nosos clientes foi a de optimizar cada centímetro dispoñible. Ademais, querían equipar as tres estancias de maneira funcional e cunha estética de elegancia cálida.
Distribución en paralelo para unha cociña estreita e alongada
A cociña foi distribuida en dous lineais paralelos con dúas funcións claramente diferenciadas. Mentres que un dos lineais se concibiu como a zona de traballo na que se desenvolverán as principais tarefas, o outro deseñouse como zona de almorzos e comidas rápidas.
O lineal de traballo inclúe na súa parte central a zona de augas e a zona de cocción. A un lado encontramos o vertedoiro baixo mesado con billa en aceiro inox e dosificador de xabón. Do outro lado sitúanse a placa de indución e un grupo filtrante que resolve a extracción de fumes e que se integra discretamente no moble superior. O espazo libre de mesado entre o vertedoiro e a placa fai posible contar, ademais, cunha superficie chave para a preparación de alimentos.
En canto aos módulos baixos, este lineal da cociña, está equipado cun portavertedoiro de 2 caixóns, un lavalouza totalmente integrado e un moble portaplaca que ofrece 3 niveis de almacenamento.
Un elemento que xoga un papel fundamental na busca de funcionalidade neste proxecto é o perfil de iluminación LED con tomas de corrente e canle para accesorios.
Este perfil permite iluminar de maneira indirecta a superficie de mesado e vertedoiro, facilitando as tarefas diarias. Ademais, os nosos clientes decidiron equipalo co soporte con bote multiusos e a barra con ganchos. Ambos accesorios permiten ter a man elementos de uso cotián.
Por outra parte, esta zona central está enmarcada a ambos lados por módulos columna.
No lado máis próximo á ventá, o columna foi concibido como zona de despensa, con estantes na parte superior e gabetas de extracción total na parte inferior.
Do outro lado, sitúanse os electrodomésticos, sutilmente integrados nun conxunto de columnas que inclúe o forno, o microondas e o frigorífico. Para aproveitar ao máximo o espazo, engadíronse módulos de almacenamento tanto na parte superior como na inferior, creando unha composición funcional e equilibrada.
Unha zona de almorzos onde impera a calidez
En paralelo aos electrodomésticos, o moble para almorzos convértese nun punto chave da cociña. Cun aberto acabado en Olmo Claro, este espazo irradia calidez e harmonía.
Ademais, este aberto tamén se equipou co perfil de iluminación LED, incluíndo as tomas de corrente indispensables nunha zona como esta.
Malia que esta zona ten un importante peso estético, a súa funcionalidade non se queda atrás.
A nivel práctico, este recuncho está pensado para maximizar o almacenamento grazas aos módulos columna e aos compartimentos que o enmarcan, tanto na parte inferior como superior. Un espazo deseñado para desfrutar, desde o primeiro café da mañá ata un té ao final do día.
Zona office: un espazo para compartir
Aínda que os nosos clientes dispoñen dunha zona de comedor integrada no living, outra das súas peticións foi incluír unha zona office dentro da propia cociña.
Este espazo deseñouse pensando na comodidade e a practicidade do día a día, cunha mesa e cadeiras que se adaptan ao estilo moderno da cociña, sen sacrificar amplitude nin luminosidade.
Grazas á súa localización xunto a ventá, a zona office desfruta de abundante luz natural, converténdoa no lugar ideal para almorzos rápidos ou ceas informais en familia.
Así mesmo, a elección de materiais e cores mantén a coherencia estética co resto da cociña, creando un ambiente cálido e acolledor.
Unha zona living que inspira sofisticación
No salón seguiuse confiando no acabado Olmo Claro para aportar calidez, tanto a través do moble aberto como coa mesa de centro.
Nesta ocasión, optouse por combinalo co acabado Gris Visón Seda, logrando así a sofisticación desexada para este ambiente.
O living configurouse con dous mobles columna suspendidos, un con porta cega e outro aberto, ademais dunha zona inferior con tres módulos baixos caixoneiros.
Desta maneira, equilíbranse de maneira moi harmónica a funcionalidade e capacidade de almacenamento, coa parte estética do amoblamento.
O moble aberto, co seu acabado en Olmo Claro, convértese nun elemento chave para destacar a decoración do espazo. Más alá do seu propio valor estético, ofrece a posibilidade de incorporar pezas persoais e decorativas que aportan carácter e autenticidade ao ambiente, facendo do living un reflexo único da personalidade dos seus habitantes.
Por outra parte, os demais módulos aportan unha xenerosa capacidade de almacenamento para manter organizados aqueles elementos que preferimos manter fóra da vista.
Unha lavandaría totalmente equipada en 4m2
Na zona da lavandaría, como na cociña, elixiuse un acabado branco, neste caso o Branco Innsbruck.
A través deste acabado e o seu tirador encastrado tamén lacado en branco, conséguese unha estética moderna e moita luminosidade.
En canto á distribución, optouse por configurar a lavandaría en forma de L. Desta maneira, unha das paredes foi equipada con mobles columna e de integración de electrodomésticos.
A disposición en columna da lavadora e secadora, xunto cos módulos de almacenamento superiores e inferiores, permite manter o espazo organizado e despexado.
Ademais, decidiuse situar nesta área tamén o conxelador.
Por outra parte, o outro lineal foi concibido como zona de traballo. Está composto por mobles baixos e altos, cunha área de fregado.
Cada elemento nesta lavandaría foi seleccionado para aportar tanto funcionalidade como calidez. Os accesorios naturais, como a madeira e as fibras textís, contrastan delicadamente co branco dos mobles, creando un espazo práctico e acolledor.
Outros datos de interese
| ELECTRODOMÉSTICOS COCIÑA | |
|---|---|
| Blanco | Billa e vertedoiro |
| Bosch | Lavalouza, placa de cocción, forno e microondas |
| Siemens | Frigorífico |
| Pando | Grupo filtrante |
| ELECTRODOMÉSTICOS LAVANDARÍA | |
|---|---|
| Teka | Billa |
| Roca | Lavadoiro |
| Balay | Conxelador |
| Miele | Lavadora e secadora |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.


























