Unha cociña minimalista aberta
Nun terreo elevado, rodeada de xardíns e árbores froiteiras, atópase esta vivenda unifamiliar proxectada polo estudio de arquitectura CREUSeCARRASCO. Os seus dous volumes, a distintos niveis e con diferentes acabados, marcan o carácter da construción. A súa cociña minimalista branca, deseñada por Santiago Interiores, é un dos corazóns da casa.
A COCIÑA | |
---|---|
Ano do proxecto | 2017 |
Deseño | Santiago Interiores |
Distribución | En paralelo, con península |
Dimensións | 19 m2 |
Mobiliario | Santos, modelo LINE-E y ARIANE |
Acabado | Branco Seff |
Tirador | Sen tirador |
Mesado | Krion Snow White |
A VIVENDA | |
---|---|
Tipoloxía | Vivenda unifamiliar |
Dimensións | 429 m2 |
Localización | A Coruña |
Arquitectura | |
Decoración | --- |
Estilismo | --- |
Fotografía |
Separados por unha fiestra resgada e unha escaleira que permite a entrada de luz, os dous bloques, independentes e superpostos, albergan funcións moi diferentes. O inferior, orientado a unha estrada, inclúe as portas de acceso, o garaxe e as zonas de almacenamento e instalacións. O superior, asomado á agradable paisaxe da finca, acolle as principais estancias da casa.
A planta principal é ampla e versátil, un espazo pensado para gozar en familia. O seu carácter aberto minimiza a presenza de obstáculos visuais, facilitando a circulación e a interacción entre usuarios. A cor branca do interiorismo axuda a potenciar a luz natural que accede a través das grandes ventás e tabiques acristalados. A decoración, que combina esta cor coa madeira e con tonalidades neutras como o gris dos sofás e pequenos puntos de cor nalgunhas pezas do mobiliario, axuda a consolidar o ambiente sereno e agradable de toda a vivenda.
Cociña minimalista: harmonía e integración na arquitectura
Seguindo estes mesmos criterios, a cociña concíbese de maneira completamente aberta, comunicándose directamente co comedor e o salón, pero tamén co exterior da vivenda. Como se pode apreciar nas fotos, unhas portas corredeiras de cristal dan acceso ao soportal polo que, con elas abertas, a familia pode gozar da sensación de estar comendo fóra.
O noso equipo de interiorismo de Santiago Interiores combinou os modelos LINE-E e ARIANE de Santos en acabado Branco Seff para crear un deseño de cociña minimalista. Os seus mobles de liñas puras reúnen todo o necesario para almacenar, traballar e reunirse.
Distribución en paralelo con península: funcionalidade e capacidade
As zonas de preparación e cocción sitúanse nunha península. Ademais dunha ampla superficie de traballo, ofrece múltiples solucións de almacenamento, un dos principais requisitos dos propietarios. Xunto a ela, unha mesa Bob de Ondarreta funciona como un office no que toda a familia pode reunirse para comer, sen necesidade de desprazarse ao comedor. Pola súa banda, a extracción de fumes resólvese mediante unha discreta campá a teito.
Os mobles de cociña minimalistas presentan un aspecto limpo e impecable, ademais de ofrecer espazo para almacenar e traballar con comodidade. Nesta cociña, as zonas de fregado e electrodomésticos dispóñense en paralelo á península, cubrindo un dos tabiques da estancia. No bloque da esquerda, o amoblamento inclúe caixón, un lavavaixelas integrado e un portavertedoiro con cubos de reciclaxe e espazo para gardar produtos de limpeza. Sobre estes módulos sitúanse tres armarios altos de apertura pregable, equipados con iluminación LED na súa parte inferior.
Armarios columna e moble persiana: todo en orde
Na zona da dereita sitúanse tres armarios columna, que integran forno, microondas, frigorífico, conxelador e varios módulos adicionais de almacenaxe. O lineal complétase cun moble persiana que incorpora tomas de corrente e iluminación propia, permitindo gardar e utilizar pequenos electrodomésticos sen necesidade de cambialos de lugar.
Desde Santiago Interiores tamén nos encargamos de proxectar unha zona de lavandería anexa á cociña. Os mobles desta estancia, dispostos en paralelo, inclúen unha lavadora, un módulo de servizo e outro con saco para gardar a roupa sucia, dúas columnas e dous armarios portaútiles de limpeza.
Outros datos de interese
ELECTRODOMÉSTICOS | |
---|---|
Bosch | Lavalouzas, placa de cocción, forno e microondas |
Liebherr | Frigorífico e conxelador |
Pando | Campá |
PUBLICACIÓNS |
---|
Reportaxe Diseño Interior nº 303 |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.