Cocina Gris con Península - Santiago Interiores

Unha cociña xunto ao xardín luminosa, práctica e organizada

Esta segunda cociña sitúase nun anexo da planta baixa da vivenda, totalmente aberta á zona de xardín e piscina a través dunha gran fiestra e unha porta de cristal. Iso convértea nun espazo idóneo para as reunións de verán, un lugar cómodo e de fácil acceso desde a terraza, no que preparar calquera aperitivo para compartir ao aire libre ou entrar a tomar algo cando refresca.

Cocina co
A COCIÑA
Ano do proxecto
2021
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
Con península
Dimensións
26 m2
Mobiliario
Santos, modelo FINE
Acabado
Gris Antracita Seda
Tirador
Sen tirador
Mesado
Acabado Plomo de Compac
A VIVENDA
Tipoloxía
Vivienda unifamiliar
Dimensións
236 m2
Localización
Porto do Son
Arquitectura
---
Constructora
---
Decoración
---
Estilismo
Sonsoles Cabana y Paula Ferreira
Fotografía

A cociña forma parte dunha casa antiga que os propietarios, Ángeles e Antonio, mercaron coa idea de ir reformándoa pouco a pouco. A vivenda estaba excesivamente compartimentada, polo que non se adaptaba ás necesidades da parella, quen acometeron numerosos cambios para lograr espazos máis amplos, luminosos e contemporáneos. Tratouse dun proceso lento, pero gozaron de cada paso, e agora conservan todos os recordos nun álbum coas fotos dos avances da reforma, que Ángeles lle enviaba a Antonio mentres el pasaba longas tempadas traballando no mar.

Práctica Cocina Gris con Península y Mesado Santos - Santiago Interiores

Unha cociña exterior para gozar en compañía

Localizada nun anexo externo da vivenda, xunto á piscina, esta segunda cociña permítelles gozar das áreas exteriores tendo a zona de traballo a un paso, tanto no día a día como cando reciben as frecuentes visitas de familiares. De feito, esta estancia é usada tamén a miúdo polos seus sobriños adolescentes, a quen lles encanta celebrar alí festas de aniversarios cos seus amigos.

Cocina Gris junto al Jardín - Santiago Interiores
Cocina Gris y Mesado Santos - Santiago Interiores

Os clientes tiñan moi claro que buscaban un estilo sinxelo, pero sofisticado. É por isto que querían fuxir das típicas cociñas brancas, así como dos ambientes recargados. Propuxémoslle un deseño con mobles da serie FINE, de liñas rectas, nunha elegante cor Gris Antracita, que se ve realzado polas paredes e teito de cor branca, e pola abundante luz natural que entra desde a gran fiestra. O protagonismo dos tons neutros matízase con notas de madeira, que aportan o equilibrio necesario para lograr unha atmosfera acolledora e familiar.

Luminosa y Práctica Cocina Gris - Santiago Interiores

A planificación en paralelo da península e os armarios columna tamén contribúe a crear un ambiente cómodo e confortable.

Cocina Gris con Península Central - Santiago Interiores

A estancia organízase arredor dunha península central

A península acolle as zonas de preparación, fregado e cocción (con placa de indución e plancha teppan yaki). Ademais, incorpora varias opcións de integración e almacenaxe en ambas caras: do lado interior, portavertedoiro, lavalouza integrado e dous portaplacas; do exterior, 3 armarios baixos de apertura lateral.

Sofisticada Cocina Gris Con Península y Mesado Santos - Santiago Interiores
Práctica Cocina Gris con Península Central - Santiago Interiores

Na parte externa, o mesado transfórmase nunha cómoda barra de almorzos, que, complementada con dous tallos altos, resulta idónea para desfrutar dun aperitivo ou para charlar cos cociñeiros. Á península tamén se xunta un mesado Santos con espazo para dous comensais, onde a parella pode comer comodamente os días de verán.

Cocina Gris con Península y Armarios en Columna - Santiago Interiores
Amplia Cocina Gris con Península - Santiago Interiores

Para a extracción de fumes eliximos unha campá de teito cun acabado de cor branca que pasa practicamente desapercibida, unha proposta discreta e funcional que contribúe a lograr un ambiente máis lixeiro e diáfano.

Os armarios columna integran diferentes solucións de maneira compacta

En paralelo á península transcorre unha espectacular composición de armarios columna que reúnen electrodomésticos e almacenaxe nun espazo compacto e organizado. Así, o lineal inclúe dúas columnas portaprovisións, dous portafornos e un frigorífico integrado.

Práctica Cocina Con Península y Mesado Santos - Santiago Interiores

Complétase cun armario aberto especial composto por paneis de parede, costados, mesado e un módulo baixo de caixóns. Este moble funciona como moble para almorzos, ao ofrecer un espazo de traballo auxiliar no que empregar pequenos electrodomésticos.

Práctica Cocina Gris con Mesado Santos - Santiago Interiores
Cocina Práctica y Organizada - Santiago Interiores

Inclúe un perfil de iluminación que proporciona luz ambiental e fai máis cómodo o uso do mesado. O acabado Roble Rústico Sincro aporta moita calidez á estancia e conecta tamén co mesado.

Cocina Práctica y Organizada con Amplios Armarios - Santiago Interiores
Cocina Gris Con Amplios y Organizados Armarios - Santiago Interiores

No lateral desta composición, dispuxemos dous armarios vitrina con estrutura de aluminio negro e portas de vidro afumado. Para o interior optamos, unha vez máis, polo acabado Roble Rústico Sincro. Estes módulos vitrina resultan moi prácticos para dispoñer a cristalería e a vaixela necesarias para calquera reunión con amigos e familiares.

Espaciosa Cocina Gris, Luminosa y Organizada - Santiago Interiores
Cocina Gris Antracita con Península y Mesado Santos - Santiago Interiores

A orixinal disposición dos mobles nunha “L” invertida trata de resolver a forma irregular da estancia, ocultando tras os armarios unhas paredes con ángulos oblicuos.

Cocina Gris Antracita con Península y Armarios en Columna - Santiago Interiores

A planificación do resto do mobiliario, baseada na combinación de península e columnas, permite que todo se atope ao alcance da man á hora de elaborar un plato. Pola súa parte, o corredor libre arredor da península facilita que varias persoas poidan compartir espazos ou tarefas sen molestarse.

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
NEFF Forno, microondas, placa de cocción, teppan yaki
Liebherr Frigorífico
Miele Lavalouza
Pando Campá

¿Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Pídenos un proxecto directamente a través da web ou concertar unha cita para que poidamos axudarche sen esperar no noso showroom. Axudarémosche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita un proxecto