Cocina Comedor Gris con Isla Diseño Santos - Santiago Interiores

Cociñar mirando á catedral

Esta ampla cociña con comedor goza dunha situación privilexiada. Forma parte dunha vivenda unifamiliar, con terraza e xardín, localizada no casco histórico de Santiago de Compostela. Iso permite aos seus propietarios, unha parella cunha filla, desfrutar dun ambiente luminoso, sereno e recollido, que invita a pasar longas horas charlando na mesa ou cociñando, mentres gozan das agradables vistas cara á catedral.

Cocina Comedor con vistas a catedral Diseño Santos - Santiago Interiores
A COCIÑA
Ano do proxecto
2021
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
Con illa
Dimensións
30 m2
Mobiliario
Santos, modelo KARMEL e MARCO (cociña) e FINE (lavandaría)
Acabado
Gris Visón (cociña) e Branco Perla (lavandaría)
Tirador
Sen tirador e pomo metálico (cociña) e tirador de alumino negro (lavandaría)
Mesado
Naturamia Amarula
A VIVENDA
Tipoloxía
Vivenda unifamiliar
Dimensións
330 m2
Localización
Santiago de Compostela
Arquitectura
---
Constructora
Decoración
---
Estilismo
Sonsoles Cabana e Paula Ferreira
Fotografía

Os clientes chegaron coas ideas moi claras respecto a que buscaban para a súa cociña. Como fan moita vida nesta estancia, xa que lles gusta cociñar e reunirse arredor da mesa, era fundamental para eles contar con suficiente espazo de almacenaxe e abundante superficie de traballo. Ademais da zona de comedor, necesitaban unha barra para comidas rápidas e almorzos. Por outro lado, querían moita vitrina para expor as súas numerosas pezas de vaixela e cristalaría.

Cocina-comedor Gris con Isla Diseño Santos - Santiago Interiores

Cociña e comedor comparten un único espazo

Ao tratarse dunha cociña grande e moi luminosa, duns 30 metros cadrados, puido disporse unha zona de traballo cómoda e totalmente equipada, así como un comedor amplo e confortable. Ambos ambientes comparten unha única estancia, se ben están sutilmente delimitados grazas aos acabados elixidos para o chan: dun lado unhas elegantes baldosas de deseño hexagonal e do outro un cálido pavimento en madeira de carballo. Ademais, unha barra anexa á illa, en acabado Olmo Claro, serve de transición entre os dous espazos.

Cocina Gris con Isla y Comedor Diseño Santos -Santiago Interiores
Cocina-Comedor Diseño Santos - Santiago Interiores

Nesta estancia tamén conviven dous estilos de mobiliario diferente. Na zona de traballo decantámonos por un modelo KARMEL, de liñas puras, frontes lisas sen tirador e acabado Gris Visón. Para o aparador do comedor e o moble TV, porén, optamos por un modelo MARCO, de estética máis clásica, na mesma cor. Deste xeito créase un contraste que contribúe a dotar de encanto e personalidade á cociña.

Elegancia, organización e capacidade para o día a día

Organizamos a cociña arredor dunha illa central, utilizada unicamente como área de preparación. A parte interior da mesma equípase con dous mobles de caixóns, mentres que a parte exterior integra unha decorativa libraría en madeira. A ela anéxase un mesado, tamén en acabado madeira Olmo Claro, que permite improvisar comidas rápidas, sen necesidade de utilizar a mesa do comedor.

Cocina Gris con Isla y Comedor Santos - Santiago Interiores

As zonas de lavado, cocción e electrodomésticos organízanse en L. Tres armarios columna integran frigorífico, forno e microondas, ademais de incluír un módulo de servizo. A continuación, nunha composición de mobles baixos sucédense dous módulos portaplaca, un lavalouza, un módulo portavertedoiro, un baixo de servizo e unha viñoteca. Nesta área, situada baixo unha ventá, prescindiuse de armarios altos, o que aporta maior sensación de lixeireza e luminosidade. Esta estética limpa e sinxela vén reforzada polo uso dunha campá de teito, que evita calquera obstáculo visual sobre o mesado.

Na outra parede, perpendicular á illa, dispuxemos un moble de televisión conformado por dous mobles de caixóns e un panel parede en acabado Olmo Claro, que conecta coa barra e a libraría da illa. No alto, dous armarios abatibles permiten exhibir unha pequena parte da vaixela da familia. Esta zona tamén ofrece unha superficie de traballo adicional, axeitada, por exemplo, para o uso de pequenos electrodomésticos. Sobre o panel parede sitúase o televisor, que mostra que esta estancia non se pensou só como un lugar para cociñar, senón tamén para divertirse e convivir.

Cocina Santos Gris con Isla - Santiago Interiores
Cocina Comedor Diseño Santos - Santiago Interiores

No comedor, unha mesa artesanal de carballo dá servizo a ata seis comensais. Xunto co aparador, unha peza de estilo tradicional con moito carácter, contribúe a crear unha atmosfera equilibrada e acolledora. O contraste entre o moble oscuro e a parede de pedra vista fai aínda más atractivo o espazo.

Cocina-Comedor Santos con vistas a la catedral - Santiago Interiores

O aparador conta, na parte superior, con seis vitrinas sobre mesado dotadas de iluminación interior para estantes, que transforman ao moble nunha fonte de luz ambiental indirecta. Os mobles baixos, pola súa parte, conteñen tres caixóns interiores, preparados para recibir utilidades propias da zona comedor: divisións para os cubertos, localización para bandexas de servir, manteis e panos de mesa, etc.

Unha lavandaría cómoda e práctica

Lavandería Blanca Diseño L Santos - Santiago Interiores

Ademais da cociña, neste proxecto tamén equipamos un pequeno cuarto próximo, que serve como lavandaría. Neste caso eliximos o modelo FINE, de liñas sinxelas, cun funcional tirador de aluminio negro, que contrasta co branco dos mobles. O ton claro destes resultaba fundamental, ao tratarse dunha estancia sen ventás, aínda que aberta a unha galería.

O mobiliario organízase en L, con varias solucións moi prácticas para a zona da colada. Unha composición de armarios columna integra lavadora e secadora, un módulo de servizo para lavandería con saco para a roupa sucia e unha columna portaútiles en esquina. O lineal de mobles altos e baixos ofrece unha pequena superficie de traballo con vertedoiro, moi útil para as prendas que requiren lavado a man, ademais de espazo de almacenaxe.

Lavandería Santos blanca y diseño en L - Santiago Interiores
Lavandería Blanca con diseño en L

O resultado é un cuarto ordenado e equilibrado, no que tarefas cotiás como o lavado, secado e recollida da roupa se volven máis fáciles e agradables.

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
NEFF Forno, microondas, frigorífico, placas de cocción, lavalouza, lavadora e secadora
Pando Campá

Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita unha cita previa