De piso antiguo a hogar confortable y moderno - Santiago Interiores

De piso antigo a fogar confortable e moderno

En pleno centro histórico de Santiago de Compostela, atópase esta cómoda, práctica e elegante vivenda. Véndoa agora, parece difícil imaxinala como era antes da reforma: un piso excesivamente compartimentado, cheo de estancias angostas, incómodas e escuras. Un bo exemplo do cambio atopámolo na zona de día, na que cociña, comedor e salón comparten agora unha amplísima estancia aberta, luminosa e versátil.

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-02
A COCIÑA
Ano do proxecto
2021
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
Con illa
Dimensións
15 m2
Mobiliario
Santos, modelo FINE
Acabado
Negro Seda (cociña) e Cashmere (anexo)
Tirador
Sen tirador
Mesado
Naturamia Amarula acabado Vintage
(cociña) e Silestone Gris Expo acabado
Suede (anexo)
A VIVENDA
Tipoloxía
Piso
Dimensións
200 m2
Localización
Santiago de Compostela
Interiorismo
Myka Deco
Estilismo
Myka Deco
Fotografía

Trátase dun piso antigo de 200 metros cadrados ó que a familia, un matrimonio maltés con tres fillos, soubo ver o potencial desde o primeiro momento. Antes da reforma, a vivenda amosaba evidentes signos de desgaste e contaba cun número excesivo de estancias nas que múltiples materiais e acabados chocaban entre sí. Porén, tiveron claro que, cos cambios pertinentes, poderían convertilo nun fogar cómodo e acolledor no que desfrutar das súas frecuentes visitas á cidade.

diseno-salon-moderno-abierto-01

Para logralo, confiaron no estudio Myka Deco, quen lles axudou a eliminar os tabiques innecesarios, creando espazos máis amplos e confortables. Ademais, redistribuíuse por completo o interior da vivenda: dun lado, situouse a zona pública, compartida por recibidor, cociña con anexo, comedor, salón e aseo. Do outro, dispuxéronse os espazos privados: dúas suites, dous dormitorios, un baño e un despacho.

Espazos conectados con moito carácter

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-03

Cociña, comedor e salón comparten unha enorme estancia na que as numerosas fiestras non só ofrecen abundante luz natural, senón tamén unhas privilexiadas vistas cara á Cidade da Cultura.

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-04

Nun dos extremos da estancia dispúxose o salón, separado visualmente do comedor, que está situado no centro da zona de día, por un sofá. Do mesmo xeito, a zona de traballo delimitouse con unhas portas corredías acristaladas con perfís finos de ferro negro; deste xeito, é posible aillala sen perder en ningún momento luminosidade nin conexión visual.

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-05
diseno-salon-moderno-abierto-02

Os tres ambientes comparten a mesma gama cromática, con gran protagonismo da cor negra e da madeira de nogueira, o que dá como resultado unha atmosfera moi sofisticada.

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-06

Ademais, a estancia conserva certos elementos distintivos da edificación orixinal, como as paredes de pedra, as contras de madeira ou os teitos altos. Iso confírelle unha grande singularidade, mentres que o equipamento actual permitiu adaptala ás necesidades dunha familia de hoxe en día.

Unha zona de traballo organizada arredor da illa

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-07

No centro da cociña sitúase a illa, destinada únicamente á área de preparación dos alimentos. Conta ademais cunha barra e dous tallos que permiten almorzar ou tomar un petisco rápido sen necesidade de desprazarse ao comedor. Na súa parte interior, incorpora tres módulos baixos de servizo que amplían a capacidade de almacenaxe, mentres que na externa, un panel en acabado madeira Nogueira aporta calidez, ademais de conectar co interiorismo do resto da zona de día.

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-08

En paralelo á illa dispuxemos un lineal que combina armarios baixos, altos e columnas, no que se reuniron as áreas de lavado, cocción e electrodomésticos, ademais de múltiples opcións de almacenamento.

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-09

O amoblamento comeza cunha columna portaprovisións seguida da zona de lavado, deseñada estratexicamente baixo a fiestra para poder aproveitar a entrada de luz natural. Neste segmento incluímos o lavalouza integrado e un módulo portavertedoiro con baldes de reciclaxe, que facilita a separación e clasificación de residuos.

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-10

A continuación, atopamos a zona de cocción na que incorporamos, na parte baixa, dous mobles de caixóns e un portaplaca; e na superior, tres mobles altos de servizo. A parte intermedia cubrímola cun elegante panel en acabado madeira Nogueira que combina coa traseira da illa e inclúe tomas de corrente.

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-11

O lineal pechámolo cunha columna portafornos e outra que integra o frigorífico combi. Tanto os armarios altos como os columnas teñen unha altura que fai posible aproveitar ao máximo a capacidade de almacenaxe. As zona mais elevadas deste amoblamento convértense así no espazo idóneo para gardar elementos de uso pouco frecuente.

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-12

Para completar o equipamiento colocamos, en perpendicular á illa, un moble para almorzos. Está formado por un moble con caixóns con mesado, perfil de iluminación LED e tomas de corrente, que conforman unha zona de traballo adicional moi adecuada para usar pequenos electrodomésticos sen necesidade de cambialos de sitio.

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-13
cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-14

No espazo superior, un panel con baldas, novamente en acabado Nogueira Terra, permite organizar pezas de vaixela ou outros utensilios da cociña. Ademais, esta composición complétase, no lateral, cunha discreta columna portaprovisións na que gardar todo o necesario para a primeira comida do día.

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-15
cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-16

O predominio da cor negra no mobiliario, así como o uso de mobles de liñas puras e frontes lisas, permitiunos integrar de forma totalmente natural a cociña na arquitectura e interiorismo da vivenda. Isto vese reforzado polo uso do mesmo chan en toda a zona de día.

Unha práctica zona anexa con lavandería e despensa

cocina-negra-con-isla-semiabierta-diseno-santos-santiago-interiores-17

Desde a cociña, a porta dá acceso a unha pequena estancia que decidimos aproveitar para lavandería e despensa, ofrecendo así ós nosos clientes un extra de funcionalidade. Neste caso, ao tratarse dun espazo sen fiestras, para o mobiliario optouse por un acabado nun tono máis claro, pero tamén moi sofisticado, o Cashmere.

Distribuimos os mobles en L ó longo de dous tabiques contiguos. Dun lado, situouse a zona de coada, cunha columna de lavado e secado, e un módulo portavertedoiro con lavadoiro. Sobre el dispuxemos dous armarios altos, con andeis interiores e perfil de iluminación LED.

lavanderia-despensa-diseno-santos-santiago-interiores-01
lavanderia-despensa-diseno-santos-santiago-interiores-02

Do outro, unha columna portautensilios de limpeza e tres portaprovisións con caixóns interiores axudan a gardar a compra de forma organizada.

¿Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Pídenos un proxecto directamente a través da web ou concertar unha cita para que poidamos axudarche sen esperar no noso showroom. Axudarémosche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita un proxecto