Elegancia clásica: unha cociña funcional e atemporal
En pleno centro de Pontevedra, sitúase este amplo piso recentemente reformado. Os seus propietarios, unha familia moi fiel á marca Santos, confiaron en nós para levar a cabo o proxecto da súa nova cociña.
Como premisas, pedíronnos maximizar o aproveitamento do espazo e deseñar unha distribución en L con illa, que fixese posible, ademais, integrar unha zona office para comer a familia ao completo.
Ao noso favor xogaban a amplitude do espazo e a abundante luz natural que recibe a estancia, pois, ademais da propia ventá exterior, a cociña conéctase coa zona de salón e comedor a través dunha ventá interior e unha porta corrediza, un traballo de carpintería realizado por Carpintería LaRRossa.
LA COCINA | |
---|---|
Año del proyecto | 2023 |
Diseño | Santiago Interiores |
Distribución | En L con illa |
Dimensiones | 20 m2 |
Mobiliario | Santos, modelo ÉPOCA |
Acabado | Blanco Seda Mate |
Tirador | Asa lacada en negro |
Encimera | Modelo Vancouver de Sensa (Cosentino) |
LA VIVIENDA | |
---|---|
Tipología | Tríplex |
Localización | Pontevedra |
Interiorismo | Raúl Lamarca |
Estilismo | Victoria Rega e Jordán Hernández |
Fotografía |
Cando os nosos clientes nos comentaron que buscaban unha cociña atemporal, tivémolo claro: o noso modelo ÉPOCA no acabado Branco Seda Mate sería un bo aliado para logralo.
Ademais, engadimos determinados toques de madeira (como nas baldas, no moble escamoteable e no mesado anexo) a través da nosa chapa de madeira natural no acabado Carballo Rústico.
O resultado é unha cociña branca e madeira moi cálida e acolledora, que crea un ambiente totalmente sereno.
Unha zona central chea de funcionalidade
Na distribución desta cociña, a zona central ocúpana a illa e o mesado anexo, elementos que elevan a funcionalidade da estancia ao máximo.
A illa dispón de 1,79 metros de longo e 90 centímetros de profundidade nos que reúne diversas opcións de almacenamento e de integración de electrodomésticos. Empezando polo lado máis próximo á mesa, a illa foi equipada con dous módulos caixoneiros de 45 e 90 cm, respectivamente. No extremo oposto, integra unha práctica vinoteca, que permite almacenar a bebida preservando as súas calidades.
Toda a superficie do mesado da illa foi concibida como zona de traballo e preparación de alimentos, de maneira que as tarefas diarias poden ser realizadas sen obstáculos.
En canto á zona office, deseñouse un mesado Santos anexo á illa. O material elixido para este elemento foi a chapa de madeira natural en acabado Carballo Rústico, facendo xogo co mobiliario de cociña.
A mesa mantén a profundidade da illa, 90 centímetros, e conta cunha lonxitude de 1,30 metros, facilitando a disposición de catro servizos para que a familia poida compartir momentos xuntos de maneira cómoda.
Distribución en L: máximo aproveitamento do espazo
Ademais da illa, a distribución desta cociña organizouse en forma de L, ocupando dous dos tabiques da estancia.
No lado máis próximo á ventá, o amoblamento empeza cun moble columna de servicio de 60 centímetros de ancho, seguido dun moble escamoteable a modo de armario para almorzos.
Este práctico armario de 1,20 metros de ancho bríndanos multitude de posibilidades: en primeiro lugar, ocultar o seu interior ao pechar as portas ou, pola contra, mantelas abertas sen entorpecer o paso, posto que se ocultan nos seus laterais.
Ademais, grazas ao seu perfil de iluminación LED con tomas de corrente, podemos almacenar e facer uso de pequenos electrodomésticos como a cafeteira e a torradora.
En canto ao almacenamento, resólvese con dúas baldas na parte superior, para aqueles elementos máis decorativos, e tres gabetas na parte inferior, moi prácticas para gardar, por exemplo, a vaixela.
Á dereita do moble escamoteable sitúase a zona de cocción, composta por unha placa de indución e un placa dominó con queimador de gas.
En canto ao mobiliario, na parte alta, a extracción resólvese cun grupo filtrante integrado, mentres na parte baixa temos un caixoneiro e un módulo portaplaca.
Á dereita da zona de cocción temos a zona de augas, con grifo e vertedoiro en acabado gris rocha.
Neste caso, a zona alta foi equipada con dúas baldas tamén en acabado Carballo Rústico, ademais do perfil de iluminación LED con tomas de corrente e canle de equipamento para accesorios.
Esta opción, esteticamente, aporta lixeireza e calidez, pero tamén xoga un papel moi importante na funcionalidade e ergonomía da cociña, sobre todo, a través do perfil de iluminación LED. Dito elemento, de desenvolvemento propio e exclusivo de Santos, proxecta iluminación sobre o mesado, facilitando tarefas diarias como o fregado de pratos ou o lavado de alimentos, e, ademais, ambos accesorios nos permiten ter sempre a man utensilios como o cepillo e os panos de cociña.
Continuando cara ao outro tramo da L, dispoñemos dun moble persiana de 60 cm de ancho. De igual maneira que o escamoteable, este moble é unha opción moi práctica para manter fóra da vista aquelas cousas que prefiramos manter ocultas, así como para almacenar pequenos electrodomésticos.
Á dereita do módulo persiana, colocamos un armario columna de integración de forno e microondas, con opcións de almacenamento na parte superior e inferior de cada electrodoméstico. A continuación, contamos tamén con dous mobles columna de integración de electrodomésticos, neste caso de frigorífico e conxelador, respectivamente.
A composición remata cun armário columna portaútiles de 30 cm, óptimo para gardar elementos como a escoba e a fregona.
Outros datos de interese
ELECTRODOMÉSTICOS | |
---|---|
Blanco | Grifo e vertedoiro |
Siemens | Placa de cocción, microondas |
Bosch | Forno |
Pando | Vinoteca, campá extractora |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.