
Estreita e funcional: unha cociña branca con barra de madeira
Este piso, recentemente renovado e situado ao norte de Santiago, é o novo fogar no que os nosos clientes decidiron desfrutar da súa xubilación.
A parella vivía nas aforas da cidade, nunha ampla vivenda unifamiliar. Porén, optaron por adquirir un piso nunha zona máis céntrica e no mesmo bloque que os seus familiares, para así estar máis preto deles e poder pasar máis tempo xuntos.
Tras a compra do que se convertería no seu novo fogar, decidiron emprender unha reforma integral do apartamento para adaptalo totalmente ás súas necesidades. Para o equipamento e deseño da cociña, confiaron no noso equipo de Santiago Interiores.

A COCIÑA | |
---|---|
Ano do proxecto | 2023 |
Deseño | Santiago Interiores |
Distribución | En paralelo |
Dimensións | 10,80 m2 |
Mobiliario | Santos, modelo FINE |
Acabado | Branco Perla |
Tirador | Sen tirador |
Mesado | Persia Bianca (Terra) |
A VIVENDA | |
---|---|
Tipoloxía | Piso |
Localización | Santiago de Compostela |
Estilismo | Victoria Rega e Jordán Hernández |
Fotografía |
O espazo do que dispoñíamos para o deseño da cociña era alongado e estreito. Ademais, necesitabamos potenciar a luz natural que brindaba a xanela do fondo. Con estas ideas en mente, decidimos propoñer unha cociña en paralelo no acabado Branco Perla.

Un deseño conectado co resto da vivenda
A cociña conéctase co resto da vivenda por dúas partes: dun lado, o máis próximo ao dormitorio, a cociña conta cunha porta corrediza branca. Polo outro lado, co obxectivo de maximizar a luz dispoñible, elixíronse unhas portas de cristal que axudan a manter a conexión visual co comedor e, á sua vez, favorecen a unión de ambos espazos.

Se realizamos a entrada á cociña desde o comedor, o primeiro que nos recibe é a zona de almorzos, deseñada no acabado Carballo Natural.
Esta zona componse dunha barra e un panel parede con baldas que acollen todo o necesario para eses primeiros momentos do día, ademais de aportar un notable valor decorativo.
A pesar de que a mesa de comedor se atopa a solo un paso, os nosos clientes contáronnos que esta práctica barra se converteu no seu sitio favorito da casa. Nela desfrutan de almorzos, comidas e ceas, así como de momentos distendidos cando reciben a visita dos seus familiares.


Distribución en paralelo: sacando partido a unha planta alongada
Máis alá desta barra, os dous lineais de cociña foron dispostos en paralelo, deixando unha zona de paso de máis de 1,10 metros entre ambos.
Por un lado, un dos lineais acolle a zona de augas, cocción e traballo nunha composición de mobles altos e baixos, mentres que o lineal oposto cumpre a función de integración de electrodomésticos e almacenaxe grazas aos distintos mobles columna cos que se equipou.

Comezando a composición de mobles altos e baixos, temos a área de augas. Esta zona la cociña está conformada por un vertedoiro baixo o mesado, un módulo portavertedoiro de 1,05 metros e un lavalouza integrado na parte baixa, acompañados de módulos altos de 90 cm na parte superior.

A continuación da zona de augas, temos unha superficie de mesado destinado á preparación de alimentos e, á súa esquerda, a placa de cocción. A extracción resolveuse a través dun grupo filtrante integrado nos módulos altos.

En canto aos módulos baixos, á esquerda do lavalouza incluímos dous mobles caixoneiros de 1,05 m de anchura. Grazas aos seus tres niveis de almacenamento e aos distintos accesorios cos que se equiparon (cuberteiro,plateiro,etc.) a funcionalidade deste amoblamento elévase ao máximo.

En definitiva, a distribución e o equipamento elexido para esta cociña, fan dela un espazo práctico, acolledor e refinado.
Outros datos de interese
ELECTRODOMÉSTICOS | |
---|---|
Blanco | Billa |
Franke | Vertedoiro |
Balay | Lavalouza, placa de cocción, frigorífico |
Bosch | Forno, microondas |
Pando | Campá extractora |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.