Cocina blanca con isla Santos Santiago Interiores. Nido House

Nido_House: Un fogar con interiores conectados

No centro de Santiago de Compostela sitúase Nido_House, un piso de 150 metros cadrados organizado arredor de amplos espazos comúns. A vivenda orixinal, dos anos 60, estaba excesivamente compartimentada, o que a facía incómoda e angosta. Unha profunda rehabilitación interior, ideada polo estudo de arquitectura 2es+ permitiu convertela nun fogar aberto e confortable. A cociña, cun deseño minimalista, intégrase de xeito natural nese interiorismo diáfano e interconectado.

Cocina Nido_House vista desde salón. Santiago Interiores
Cocina blanca con isla Santiago Interiores. Mesa
A COCIÑA
Ano do proxecto
2020
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
En paralelo con illa
Dimensións
13 m2
Mobiliario
Santos, modelo KARMEL
Acabado
Branco Seda Mate
Tirador
Sen tirador
Mesado
Krion K-Life Snow White
A VIVENDA
Tipoloxía
Piso
Dimensións
150 m2
Localización
Santiago de Compostela (A Coruña)
Arquitectura
Decoración
María Teresa Ropero García e Covadonga Marín Durán
Estilismo
---
Fotografía

Antes da reforma, a distribución da vivenda resultaba moi pouco práctica: unha zona de día separada por un escuro corredor, cinco dormitorios pequenos e mal comunicados, e unha cociña totalmente illada nun extremo da casa. Por iso a familia propietaria, unha parella con tres fillos e varias mascotas, decidiu acometer unha transformación total que lles permitise adaptar o seu piso ao seu estilo de vida. Creouse entón unha gran estancia aberta, en forma de T, contornada e realzada por panelados en branco. Un espazo amplo e luminoso compartido por cociña, comedor, salón e sala de estar. A ámbolos lados deste eixe central situáronse tres dormitorios, dous baños e unha zona de lavandería.

Cocina Nido_House: Un hogar con interiores conectados. Santiago Interiores

Ademais, os arquitectos formularon un orixinal xogo de fiestras interiores, coa finalidade de trazar distintos graos de relación e intimidade entre os espazos. A través dunha serie de ocos nos paramentos, dotados de paneis corredíos, pódense conectar as zonas privadas coas públicas cando os usuarios así o desexan.

Cociña blanca con isla. Cocina y Comedor. Santiago Interiores
Cocina blanca con isla. Espacios conectados con la casa. Santiago Interiores

A arquitectura de liñas minimalistas compleméntase cun gran protagonismo da cor branca, presente en mobiliario, teitos, portas e panelados. Dous trazos distintivos que se trasladaron tamén á cociña, onde buscamos un deseño sinxelo e funcional.

Cocina blanca con isla. Mesa y Bancos. Santiago Interiores

Unha cociña totalmente aberta para gozar en compañía

A cociña instálase nunha das partes máis luminosas da casa, nun extremo da estancia en forma de T onde se sitúa a zona de día. Noutro extremo atópase a sala de televisión, o que permite compaxinar momentos familiares de lecer e tarefas domésticas. Entre eles está o comedor, xusto a carón da cociña, algo moi cómodo no día a día, xa que facilita o traslado dos pratos e a recollida dos mesmos.

Cocina blanca con isla. Grifo y armarios. Santiago Interiores

O deseño da cociña, de liñas puras, frontes lisas sen tirador e acabado en cor branca fusiónase de xeito natural no interiorismo do piso. Ademais, o mobiliario incorpora múltiples opcións de integración e almacenamento, polo que todo está sempre recollido e apartado da vista. O resultado é un espazo discreto e elegante, como vemos, por exemplo, na composición de armarios columna, que se mimetiza co resto de tabiques panelados da casa. O uso do mesmo pavimento en toda a vivenda, tamén contribúe a dar continuidade entre as estancias, aportando dimensión e harmonía aos distintos ambientes.

Distribución en paralelo con illa: funcionalidade e discreción

Cocina con isla. Funcional y discreta. Santiago Interiores

Para dotar da máxima funcionalidade á cociña optamos por unha planificación en paralelo, combinando illa e columnas. Así minimízanse os percorridos necesarios á hora de cociñar, e tamén favorecese que varias persoas poidan compartir tarefas sen estorbarse. Ademais, ao concentrar todas as áreas de traballo en dúas frontes, lógrase unha estética moi limpa, en consonancia co estilo contemporáneo e minimalista do resto da vivenda.

Cocina blanca con isla. Visión lateral. Santiago Interiores
Cocina blanca con isla. Santiago Interiores. Nido_house

A illa, verdadeiro centro da cociña, reúne as zonas de preparación, cocción e frega. O mesado branco esténdese polos costados da illa, axudando a xerar un bloque visualmente compacto e uniforme. Ademais prolóngase na súa cara exterior, conformando unha barra moi práctica para almorzos, petiscos ou comidas improvisadas. Na súa cara interior, a illa conta cun portavertedoiro con baldes de reciclaxe, un lavalouza, un portaforno e un módulo portaplaca con caixóns de extracción total e gran capacidade.

Cocina con isla y armarios blancos. Santiago
Cocina blanca con isla, lámpara y vitrocerámica. Santiago
Cocina blanca con isla, grifo y vitrocerámica. Santiago

En paralelo á illa disponse unha composición de armarios columna que integra frigorífico e conxelador e ofrece gran capacidade de almacenamento. Inclúe ademais un moble escamotable, que conta con frontes que se ocultan temporalmente nos laterais, o que facilita a visualización do interior e o acceso aos contidos.

Cocina blanca con isla, armarios sin tirador. Santiago Interiores

O armario escamoteable contén, na súa parte central, unha zona de traballo auxiliar con iluminación e tomas de corrente; un lugar axeitado para preparar o almorzo e para poder utilizar os electrodomésticos sen necesidade de sacalos, e sen que ocupen un espazo visible en outra parte da cociña.

Cocina blanca con isla, armario s

Esta distribución en paralelo aporta equilibrio e funcionalidade, e axuda a crear unha atmosfera serena, pero ao mesmo tempo acolledora. Trátase dunha cociña na que quixemos esvaecer as fronteiras co resto dos ambientes, contribuíndo así a un fogar harmónico, cálido e cohesionado.

Cocina blanca con isla en paralelo. Santiago Interiores

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
Bosch Lavalouza, placa de cocción, forno, conxelador, frigorífico
Pando Campá

Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita unha cita previa