O equilibro entre unha cociña clásica e un living moderno
Nas proximidades de Santiago de Compostela, realizamos o proxecto de equipamento da cociña e o salón desta vivenda para adaptalos ao estilo de vida da parella propietaria e os seus fillos.
| A COCIÑA | |
|---|---|
| Ano do proxecto | 2025 |
| Deseño | Santiago Interiores |
| Distribución | En U |
| Dimensións | 10 m2 |
| Mobiliario | Santos, modelo MARCO |
| Acabado | Branco Perla SM |
| Tirador | Ferro Gris |
| Mesado | Terra Paraná |
| O LIVING | |
|---|---|
| Ano do proxecto | 2025 |
| Deseño | Santiago Interiores |
| Mobiliario | Santos, modelo LISSE acabado Gris Area SM |
| A VIVENDA | |
|---|---|
| Tipoloxía | Vivenda unifamiliar |
| Dimensións | 50 m2 (por planta) |
| Localización | Teo (A Coruña) |
| Estilismo | Alejandra Pumar e Edith Calvo |
| Fotografía | |
O reto deste proxecto consistía en converter unha superficie de 10 m² no eixe central da casa, funcionando como zona de cociña, convivencia e área de traballo. Para logralo, optamos por unha distribución en U que optimiza cada ángulo.
Distribución en U para aproveitar ao máximo todo o espazo
A cociña modelo MARCO de Santos, en Branco Perla SM, combinada con tiradores de ferro en acabado gris, achega o toque acolledor e clásico que buscaban os clientes. O panel parede en Olmo Claro reforza a sensación de calidez, mentres que o mesado de pedra natural Terra Paraná engade personalidade ao conxunto.
Proxectamos as zonas de cocción e augas nunha disposición en L para garantir unha transición fluída e ergonómica entre tarefas. O moble baixo o vertedoiro inclúe cubos de reciclaxe integrados na gabeta inferior, unha solución que permite xestionar os residuos de forma inmediata mentres se limpa ou prepara a comida. Ao ocultar os cubos, conséguese manter a orde visual sen renunciar a unha clasificación de residuos cómoda e ao alcance da man.
Xusto ao lado deste moble situamos o lavalouza para facilitar o paso directo da vaixela desde o vertedoiro ao electrodoméstico, evitando pingas no chan e facendo que a tarefa de recoller sexa moito máis áxil e limpa.
Pola súa banda, a placa de cocción sitúase nunha zona que conta cunha ampla superficie de preparación a ambos lados desta. Isto permite dispoñer dun espazo de traballo desafogado onde a manipulación de alimentos ou de louza, e o cociñado conviven en harmonía e sen saturar o mesado. Para maximizar a almacenaxe, os módulos baixos equipáronse con gabetas que facilitan o acceso e a organización de cubertos, vaixelas e potas.
Na parte superior, os altos de servizo pregables, incluíndo o módulo para a campá sobre a placa de cocción, maximizan a capacidade sen recargar o espazo e manteñen a estética clásica de todo o conxunto. Neste caso, os clientes preferiron prescindir de tiradores á vista para os mobles altos desta área.
Baixo os mobles altos, tanto da zona de cocción como da zona de lavado, instalamos un sistema de iluminación integrado no piso inferior dos mobles co que conseguimos dotar o mesado de luz directa e homoxénea. A zona de lavado conta, ademais, cun perfil de iluminación exclusivo de Santos que inclúe tomas eléctricas para conectar pequenos electrodomésticos e unha canle de equipamento para accesorios.
O mesado de madeira como zona de comida e traballo
Para completar o equipamento desta cociña, baixo a ventá, proxectamos unha serie de mobles baixos e módulos abertos que fan posible dispoñer de espazos extra de almacenaxe, sen recargar visualmente o espazo nin entorpecer a liberdade de movementos.
Sobre este lineal de módulos apóiase, ademais, unha mesa en madeira de Olmo Claro con tallos, que crea unha zona office para comer, traballar ou simplemente desfrutar de momentos en familia.
A porta corrediza de cristal da cociña permite que esta poida abrirse ao resto da casa ou independizarse por completo segundo a ocasión, adaptando o espazo sen perder nin un chisco de luminosidade.
Zona Living: Contraste en Gris Area SM
A poucos metros da calidez clásica da cociña, o salón defínese pola modernidade do modelo LISSE de Santos. Aínda que para esta estancia se escolleu a cor Gris Area SM para as frontes, mantívose o mesmo acabado Olmo Claro presente no mobiliario da cociña para o interior das vitrinas, co obxectivo de dar coherencia a todo o proxecto.
Cara á esquerda sitúanse as vitrinas, compostas por tres módulos columna con vidro afumado. O sistema push de apertura escollido para estes mobles permite prescindir de tiradores, mantendo a pureza de liñas e cedendo todo o protagonismo ás pezas que se exhiben no seu interior.
Estas vitrinas incorporan, ademais, un sistema de iluminación regulable que fai posible crear distintas atmosferas e axustar a intensidade ambiental segundo o momento do día.
Á dereita, sitúase o moble de TV, onde tres baixos con gabetas, con sistema de apertura push, ofrecen un almacenaxe limpo e funcional. A TV suspendida sobre eles reforza a estética lixeira e contemporánea do salón.
Outros datos de interese
| ELECTRODOMÉSTICOS COCIÑA | |
|---|---|
| Franke | Grifería e vertedoiro |
| Bosch | Lavalouza, placa de cocción, forno, microondas e frigorífico |
| Pando | Grupo filtrante |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.
















