Cocinas grises con Isla y jardín

Pensando nas necesidades dos usuarios

Imaxina almorzar cada mañá con estas vistas, contemplando o verde xardín iluminado polos raios do sol. A cociña é un espazo clave nesta vivenda, propiedade dunha parella con nenos que decidiron cambiar o seu piso do casco urbano por un lugar máis tranquilo e pensado para eles. Optaron por unha casa de construción nova ás aforas da Pobra do Caramiñal, buscando un espazo que respondese aos seus gustos, necesidades e estilo de vida.

Cocinas Santos | Diseños de cocinas con isla | Santiago Interiores
Cocinas Santos | Diseños de cocinas con isla | Santiago Interiores
A COCIÑA
Ano do proxecto
2017
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
En paralelo con illa
Dimensións
25 m2
Mobiliario
Santos, modelo INTRA-E (illa) e ARIANE 2 (zona de columnas)
Acabado
Gris Antracita
Tirador
Sen tirador
Mesado
Silestone White Storm 2 cm
A VIVENDA
Tipoloxía
Vivenda unifamiliar
Dimensións
---
Localización
A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Arquitectura
José Antonio Gómez Domínguez
Decoración
Kornelia Osicka
Estilismo
Kornelia Osicka
Fotografía
Esther Taboada

Unha casa á súa medida tamén requiría unha cociña á súa medida. Varios dos seus familiares xa gozan de cociñas equipadas con mobles Santos, polo que coñecían a marca de primeira man e sabían que podía ofrecerlles xusto o que estaban buscando. Cociñas pensadas para axudar, que se adaptan ás necesidades das persoas que as utilizan, e non ao revés. Solucións para facilitar o traballo diario, con criterios de calidade, funcionalidade e beleza.

Neste proceso de configuración do seu novo fogar recibiron o asesoramento especializado do noso equipo de Santiago Interiores que, tras coñecer as súas necesidades, creou un deseño personalizado adaptado ao seu espazo e xeito de vivir. A familia adoita xantar fóra de casa e sempre cea no salón, polo que só se reúnen para almorzar. Tampouco necesitan contar con amplos espazos de almacenaxe, xa que acostuman facer a compra para o día a día ou, como moito, para unha semana.

Cocinas Santos | Diseños de cocinas con isla | Santiago Interiores
Cocinas Santos | Diseños de cocinas con isla | Santiago Interiores

Seguindo estas premisas, o proxecto deseñado organiza a estancia ao redor dunha gran illa central e unha zona de mobles en paralelo. A cociña sitúase nunha habitación que recibe a luz do sol practicamente durante todo o día, a través dunha gran ventá e unha ampla porta de cristal, polo que esta distribución tamén contribúe a conservar as vistas do xardín e favorece a conexión co exterior. A tonalidade clara de paredes, teito, portas, vitrinas e mesado potencia esta luminosidade natural, contrastando cos mobles grises que aportan volume e carácter ao conxunto.

A illa aglutina as principais funcións da cociña: ampla superficie de traballo, zona de coccións con módulo portaplaca e caixóns, e zona de lavado con moble portavertedoiros e lavavaixelas integrado. Ademais, na súa cara exterior, o mesado funciona como unha práctica barra para almorzos e xantares rápidos. O modelo elixido para este espazo é o INTRA-E, que conta cun exclusivo sistema de apertura sen tirador. A proxección de Santos evita as portas na zona baixa da cociña, estruturándoa en tres niveis de caixóns equipados con accesorios que optimizan a súa capacidade, visión panorámica dos contidos e accesibilidade.

Cocinas Santos | Diseños de cocinas con isla | Santiago Interiores
Cocinas Santos | Diseños de cocinas con isla | Santiago Interiores
Cocinas Santos | Diseños de cocinas con isla | Santiago Interiores

O amoblamento da estancia complétase cun lineal que combina armarios columna, mobles baixos e vitrinas. Os armarios columna, do modelo ARIANE 2, están situados nos extremos e incorporan electrodomésticos e espazos de almacenaxe de forma compacta e organizada: frigorífico, forno, microondas, despensa e portaútiles de limpeza.

Na zona central, dous mobles baixos con mesado ofrecen unha superficie adicional de traballo, ideal para pequenos electrodomésticos. Sobre estes módulos dispóñense dous armarios vitrina con iluminación LED na súa parte inferior. O sistema de apertura permite que as portas se preguen completamente ata a parte máis alta, polo que é posible traballar sen molestias cos mobles abertos.

O resultado é un espazo cómodo e funcional, que permite fluidez e liberdade de movementos. Un deseño moi coidado que se abre a un espectacular xardín, perfecto para organizar un picoteo ou merenda cando acompaña o bo tempo.

Unha cociña luminosa e cálida que invita a arrincar cada día cunha carga extra de vitalidade e optimismo.

Cocinas Santos | Diseños de cocinas con isla | Santiago Interiores
Cocinas Santos | Diseños de cocinas con isla | Santiago Interiores

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
Bosch Lavalouzas, placa de cocción, forno, microondas, frigorífico e campá

Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita unha cita previa