
Unha vivenda clásica cun toque renovado e actual
En pleno corazón do casco vello compostelán atópase este edificio de finais do século XIX. Trátase dunha casa señorial con salientables elementos arquitectónicos que a dotan dun carácter único, como cornixas, rosetóns, balcóns ou unha lareira de pedra. O propietario tivo claro desde o principio que quería manter e recuperar a esencia clásica do inmoble, pero adaptándoo ás necesidades actuais.


| A COCIÑA | |
|---|---|
| Ano do proxecto | 2018 |
| Deseño | Santiago Interiores |
| Distribución | En paralelo |
| Dimensións | 17 m2 |
| Mobiliario | Santos, modelo LINE LAH |
| Acabado | Negro Seda |
| Tirador | Sen tirador |
| Mesado | Granito Negro Zimbawe Anticato |
| A VIVENDA | |
|---|---|
| Tipoloxía | Vivenda unifamiliar |
| Dimensións | 124 m2 |
| Localización | Santiago de Compostela (A Coruña) |
| Arquitectura | Sandra Mata Cervera (Ideinterior) |
| Decoración | |
| Estilismo | |
| Fotografía | Sandra Mata Cervera (Ideinterior) |
O estudo de interiorismo Ideinterior foi o encargado de levar a cabo esta tarefa, realizando a reforma interior do inmoble de 124m2 en dúas alturas e mantendo o deseño da planta orixinal. Buscouse potenciar a sensación de amplitude xerada polos teitos a 3,20 m de altura, evitando elementos de decoración verticais e dando protagonismo ao color branco en todas as paredes e teitos de cada estancia.
Para aportar o toque contemporáneo, e crear un elegante contraste cos numerosos detalles clásicos, elixiuse un mobiliario sobrio e funcional, definido por pezas de deseño rústico e industrial. Os espazos simples, así como o equilibrio das tonalidades, cunha base neutra e acabados naturais en contraposición coa elegancia do negro, foron algúns dos sinais de identidade desta reforma.



Unha cociña funcional con moita personalidade
A cociña, que dispón de luz natural e acceso a unha despensa de 4,2 m2, foi a estancia que máis cambios experimentou coa reforma e ilustra á perfección a dualidade entre clasicismo e modernidade. A recuperación da lareira de pedra, así como da parte interior da fachada, deixou ao descuberto un impoñente acabado rústico, que se neutralizou con paredes brancas e chan vinílico cor area para crear sensación de continuidade.
A lareira restaurada e o vertedoiro de pedra xunto á fiestra comparten protagonismo unicamente co mobiliario de cociña, deixando o resto do espazo libre. O modelo LINE LAH de Santos, de liñas minimalistas e cun acabado negro mate, logra integrarse no espazo sen pasar desapercibido e entra en equilibrio coa textura rústica da parede. O ambiente resultante é cálido e distinguido.
O grosor reducido dos frontes e costados, que dota a estes mobles de cociña de lixeireza e elegancia, contribuíu a minimizar o seu impacto na arquitectura da vivenda sen perder capacidade nin resistencia.


Distribución en paralelo: unha zona de traballo cómoda e plenamente equipada
Para a distribución do mobiliario da cociña optamos por unha disposición en paralelo que favorece a entrada da luz natural. Organizouse cunha composición de módulos baixos e altos a un lado, e un lineal de tres armarios columna ao outro.
A primeira zona acolle as áreas de preparación, cocción e fregado, e equipouse con mobles baixos con caixóns de extracción total, lavalouza integrado e moble portavertedoiro. Para completar este amoblamento instalamos oito armarios altos horizontais, que ofrecen capacidade adicional e integran a campá extractora.
O lineal de armarios columna, pola súa parte, incorpora forno, microondas, frigorífico e unha práctica zona de almacenamento nun espazo compacto e ordenado. Os recursos para integrar electrodomésticos e solucións de almacenamento aportan discreción, un factor esencial nunha cociña tan sofisticada como esta.



Outros datos de interese
| ELECTRODOMÉSTICOS | |
|---|---|
| Balay | Lavalouzas, placa de cocción, forno, microondas e frigorífico |
| Pando | Campá |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

