
Rehabilitación a Fondo
Casa Chao é unha vivenda situada na localidade costeira de Corcubión. Proxectada polos arquitectos galegos Juan Creus e Covadonga Carrasco mereceu unha mención especial aos premios FAD 2014, un dos galardóns de deseño e arquitectura máis importantes de cantos se conceden no ámbito español.
| A COCIÑA | |
|---|---|
| Ano do proxecto | 2013 |
| Deseño | Santiago Interiores |
| Distribución | Lineal |
| Dimensións | --- |
| Mobiliario | Santos, modelo MINOS Lacado |
| Acabado | Branco SM |
| Tirador | Sen tirador |
| Mesado | Aceiro Inoxidable |
| A VIVENDA | |
|---|---|
| Tipoloxía | Vivenda unifamiliar |
| Dimensións | 222 m2 |
| Localización | Corcubión (A Coruña) |
| Arquitectura | |
| Decoración | --- |
| Estilismo | --- |
| Fotografía | José M. Casal (La Voz de Galicia) |
O xurado recoñeceu, por entón, a habilidade de dar forma a un inmoble de só tres metros de ancho baixo a premisa da reciclaxe arquitectónica, que combina estruturas antigas con elementos contemporáneos. Recupérase así un edificio case esquecido que se adapta a novos usos e intégrase nunha contorna arquitectónica de gran valor, como é o casco urbano de Corcubión.
Os propietarios desexaban para esta vivenda singular unha cociña de liñas puras, sen tirador e que aproveitase ao máximo o espazo dispoñible. Dadas as dimensións da estancia e para garantir a entrada de luz natural, optouse por unha distribución lineal que reunise na única parede cega todo o mobiliario de cociña. Ademais, ao tratarse dunha cociña aberta, era importante tratar de concentrar todos os mobles nun mesmo lugar para evitar obstáculos nos desprazamentos. O modelo elixido para os frontais foi o MINOS-L lacado en cor branca. A brancura do mobiliario axudaba a suavizar o ambiente e combinaba á perfección coas tonalidades grises presentes no teito e no chan.



A zona de fregado e cocción equipouse con mobles baixos con caixóns de extracción total e mobles altos de apertura articulada. O mesado de aceiro inoxidable aportou un certo toque profesional e, combinado cun panel parede de Silestone gris, facilitaba a hixiene e limpeza nesta zona da cociña. Nos flancos instaláronse varios mobles columna destinados tanto á integración de electrodomésticos como á organización e almacenamento de alimentos. As solucións de integración ofrecidas polos mobles de cociña deseñados por Santos posibilitan que todos os aparellos se manteñan ocultos, contribuíndo a lograr maior harmonía e homoxeneidade estética.
A mesa de madeira natural que completou o amoblamento da cociña imprimiu unha gran personalidade ao ambiente e aportou calidez ao conxunto. A aparente sinxeleza desta cociña esconde multitude de solucións e respostas ás necesidades suscitadas polos propietarios á hora de confiar en Santiago Interiores para o deseño da súa nova cociña.
Outros datos de interese
| ELECTRODOMÉSTICOS | |
|---|---|
| Gaggenau | Campá telescópica |
| Liebherr | Frigorífico – conxelador |
| Miele | Microondas e lavalouzas |
| Smeg | Cociña libre instalación |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

