Cocina blanca semiabierta. Diseño Santos Santiago Interiores

Un profundo proceso de reforma: conectar espazos e estilos

Nun popular barrio do casco histórico de Santiago de Compostela, cheo de ambiente e actividade lúdica e comercial, encóntrase esta vivenda unifamiliar. Os propietarios, namorados da animada vida social do barrio, realizaron unha exhaustiva e difícil busca de inmobles na zona ata atopar unha opción que encaixase nas súas expectativas.

Finalmente lograron facerse co que na orixe eran dúas edificacións totalmente independentes.  Da man dos equipos de 2es+ arquitectura e Construcciones Alcalde García e tras unha ardua remodelación, conseguiron a acolledora vivenda con xardín e piscina que tanto soñaban.

Exterior casa, jardín, piscina. Diseño Santos Santiago Interiores
A COCIÑA
Ano do proxecto
2022
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
Lineal
Dimensións
11 m2
Mobiliario
Santos, modelo FINE
Acabado
Cashmere
Tirador
Sen tirador
Mesado
Silestone Cincel Grey
A VIVENDA
Tipoloxía
Vivenda unifamiliar
Dimensións
Aprox 280 m2 útiles e 400m2 de parcela
Localización
Santiago de Compostela (A Coruña)
Arquitectura
Construción
Interiorismo salón-comedor
Estilismo
Sonsoles Cabana, Paula Ferreira e Tresdes Interiorismo
Fotografía

Durante o proceso de reforma, recuperáronse os muros de pedra orixinais da construción, dun metro de espesor. A partir deles, planificouse a redistribución de toda a vivenda, dándolles unha gran presenza en todos os niveis da mesma. Trátase, sen dúbida, do elemento máis característico da casa, que, mesturado co formigón e as modernas escaleiras, crean un magnífico equilibrio entre o tradicional e o contemporáneo.

Reforma vivienda, arquitectura interior, escaleras. Diseño Santos Santiago Interiores
Reforma vivienda, arquitectura interior, escaleras. Diseño Santos Santiago Interiores

Con respecto á fachada, o equipo de 2es+ arquitectura tamén quixo conservar as liñas compositivas orixinais, unificando os ocos da planta baixa para crear a entrada do garaxe.

Para as portas e ventás optaron por unha carpintaría branca, logrando un resultado moi harmónico e conectado con toda a liña arquitectónica e interior da vivenda.

Reforma fachada blanca vivienda minimalista. Diseño Santos Santiago Interiores

A fachada posterior, coa súa terraza, xardín e piscina, resolveuse do mesmo modo que a dianteira. Ademais, realizouse unha galería na habitación principal, forrada co mesmo material presente na zona de acceso á vivenda, un entaboado vertical de madeira de iroko en acabado lasur branco.

Exterior casa, jardín, piscina. Diseño Santos Santiago Interiores
Salón con terraza exterior. Diseño Santos Santiago Interiores

Cociñar con vistas soñadas

A cociña dispúxose nun extremo da zona de día, aberta ao patio exterior e cunhas impresionantes vistas á Catedral da cidade. Cociña, comedor e salón dialogan nun espazo aberto no que un impoñente tabique de pedra vista delimita o espazo destinado a cociñar.

Cocina abierta, sala, comedor con terraza exterior. Santos Santiago Interiores

Para amoblar a cociña optouse por un modelo FINE Cashmere de Santos, con un deseño de liñas puras e sinxelas que se integra plenamente coa arquitectura minimalista da vivenda.

Aproveitar cada centímetro

Cocina blanca semiabierta. Diseño Santos Santiago Interiores

Se falamos de distribución, buscouse sacarlle o máximo partido á súa planta alongada, polo que o mobiliario se organizou en liña. Na súa parte central situouse a área de preparación, fregado e cocción, cunha placa de indución de Balay. O mesado Cincel Grey de Silestone e a billa de Blanco elixidas para esta parte da cociña conseguen crear un bloque monocromático coas frontes dos nosos mobles.

Cocina blanca semiabierta. Diseño Santos Santiago Interiores

En canto aos módulos baixos, inclúen lavalouzas integrado, dous módulos porta placa con accesorio prateiro, e un moble portavertedoiro con cubos de reciclaxe na gabeta inferior. 

Os módulos altos, pola súa parte, contan con apertura plegable e un interior personalizado en acabado madeira Carballo Natural. O que se sitúa sobre a placa de cocción integra un grupo filtrante, mentres que os outros dous inclúen estantes interiores destinados ao almacenamento.

Cocina blanca semiabierta. Diseño Santos Santiago Interiores
Cocina blanca semiabierta. Diseño Santos Santiago Interiores

Baixo estes mobles altos encontramos un perfil de iluminación LED con tomas de corrente, que proporciona iluminación indirecta sobre o mesado e facilita o uso de pequenos electrodomésticos. Este perfil incorpora tamén unha canle para equipar a zona intermedia da cociña con prácticos accesorios como o soporte para bote multiusos, o soporte para coitelos, a barra con ganchos, todos en acabado madeira Fresno Olivo. Desta maneira, podemos gardar e organizar todos os utensilios que queiramos ter sempre a man sen restar espazo no mesado.

Cocina blanca semiabierta. Diseño Santos Santiago Interiores

Para completar o lineal, dispuxéronse unha serie de armarios columna colocados en ambos extremos. A un lado, a columna porta útiles permite almacenar utensilios e produtos de limpeza, mentres o armario porta provisións con caixóns interiores resulta ideal para gardar a compra de maneira organizada. Ao outro lado, tres columnas integran o forno, o microondas, un frigorífico e un conxelador.

Cocina blanca semiabierta. Diseño Santos Santiago Interiores

Para finalizar o amoblamento e aportar un último plus de servizo, dispúxose, en paralelo ao lineal, unha barra realizada en laminado acabado madeira Carballo Natural de Santos. Esta barra ofrece unha superficie extra, pensada para desfrutar de almorzos e comidas rápidas sen necesidade de desprazarse ao comedor.

Máxima conexión, máximo desfrute

Cocina blanca semiabierta, comedor. Diseño Santos Santiago Interiores

Xusto fronte á cociña, coa única separación dos monumentais tabiques de pedra, sitúase o comedor. Esta distribución dá lugar a unha cociña practicamente aberta ao comedor e cunha conexión total entre as dúas zonas. Así, resulta moi sinxelo pasar dunha estancia a outra, trasladar a vaixela e o xogo de cubertos, ou manter á persoa que cociña integrada nas conversas que teñen lugar ao outro lado dos tabiques.

Cocina blanca semiabierta, sala, comedor. Diseño Santos Santiago Interiores

A continuación do comedor atópase o salón, comunicado co exterior a través de amplas portas plegables de vidro. Esta estancia, equipada por un amplo sofá no que cabe toda a familia e unha mesa de centro, invita a pasar tempo charlando ou tocando a guitarra, afección que comparten pais e fillos, mentres os raios de sol se coan a través das ventás.

Así pois, toda a planta baixa conforma unha zona de día diáfana e equilibrada, con total conexión entre as tres estancias e orientada á parcela que acolle a terraza, a piscina e o xardín.

Cocina blanca semiabierta, salón, comedor. Diseño Santos Santiago Interiores
Salón con terraza exterior. Diseño Santos Santiago Interiores
Salón con terraza exterior. Diseño Santos Santiago Interiores

Primeira planta: descanso e privacidade

Reforma vivienda, arquitectura interior, escaleras. Diseño Santos Santiago Interiores

Na primeira planta encóntranse as zonas privadas. Subindo as escaleiras, outro dos elementos con maior carácter da vivenda, temos acceso ao dormitorio principal, co seu correspondente baño e vestiario, así como aos dous dormitorios infantís, a lavandaría, un baño de uso xeral e unha zona de estudo.

Dormitorio principal con cristalera. Diseño Santos Santiago Interiores

O dormitorio principal, con cama matrimonial, cabeceiro e mesa de noite en madeira de carballo, dispón dunha gran ventá con espectaculares vistas ao casco histórico da cidade.

En estancias anexas sitúanse, por un lado, o vestiario, e, polo outro, o baño da suite. Ambas seguen a liña arquitectónica xeral da vivenda, caracterizada pola presenza de branco, microcemento e minimalismo. No baño, realizouse un nicho na propia parede, favorecendo a harmonía do espazo, e continuouse coa luz indirecta, presente en toda a vivenda.

Baño minimalista. Diseño Santos Santiago Interiores

Con estes mesmos acabados deseñouse o dormitorio infantil: madeira, microcemento e decoración austera. Ademais, ten gran presenza a carpintería branca, neste caso cunhas tradicionais contras, que manteñen ese interesante xogo de mesturar o contemporáneo con toques máis clásicos.

Dormitorio infantil. Diseño Santos Santiago Interiores

Recunchos de ocio

A só uns pasos deste cuarto, encóntrase a sala de xogos e estudo dos nenos. Separados unicamente polas características escaleiras, a sala de xogos encóntrase nun espazo diáfano no extremo desta planta, en perpendicular ás zonas privadas.

Reforma vivienda, arquitectura interior, escaleras. Diseño Santos Santiago Interiores

Composto por unha gran mesa de carballo feita a medida, neste cuarto os fillos da parella poden facer as tarefas do ‘cole’, así como pasar o seu tempo libre lendo ou xogando nunha zona que resulta facilmente accesible para os seus pais, podendo manter conversas incluso entre plantas.

Sala de juegos, estudio. Diseño Santos Santiago Interiores
Sala de juegos, estudio. Diseño Santos Santiago Interiores

Ademais, esta estancia, debido á ausencia de tabiques ou portas interiores, goza da gran luminosidade que baña a vivenda. Nun extremo da súa planta dispón dunha gran ventá, mentres no outro se sitúa unha porta con saída ao exterior, neste caso a unha pequena terraza exterior. 

Terraza exterior. Diseño Santos Santiago Interiores
Terraza exterior, jardín, piscina. Diseño Santos Santiago Interiores

Nesta terraza, orientada tamén ao xardín, goza das mesmas privilexiadas vistas á cidade que a zona de día da vivenda. Confórmase, así, coma un recuncho privado que invita á desconexión e ao desfrute ao aire libre.

Salón con terraza exterior. Diseño Santos Santiago Interiores

Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita unha cita previa