
Unha cociña azul chea de encanto e carácter
Nunha estancia de 11 metros cadrados situada nun ático tan moderno como este, decidimos deseñar unha cociña vintage repleta de personalidade. A elección do modelo MARCO de Santos, cunha estética de estilo tradicional, permitiunos dotar a esta cociña dun toque rústico. O Azul Cosmos Seda das frontes, pola súa parte, acabou acaparando todo o protagonismo do espazo. Cando a encargada do proxecto lles suxeriu esta cor aos propietarios da vivenda, non dubidaron en deixar atrás a súa idea inicial de cociña gris e aceptar esta proposta máis atrevida.

| A COCIÑA | |
|---|---|
| Ano do proxecto | 2022 |
| Deseño | Santiago Interiores |
| Distribución | Con península |
| Dimensións | 11 m2 |
| Mobiliario | Santos, modelo MARCO |
| Acabado | Azul Cosmos Seda Mate |
| Tirador | Asa metálica Níquel Mate |
| Mesado | Compac Unique Arabescato |
| A VIVENDA | |
|---|---|
| Tipoloxía | Piso |
| Dimensións | 96 m2 útiles |
| Localización | Santiago de Compostela |
| Promotora | Julio Rey |
| Estilismo | Emma López, Paula Ferreira e Patricia Crego |
| Fotografía | |
A chave do deseño deste proxecto de cociña está no contraste de cores: o azul das frontes, o acabado madeira da barra e da pequena librería da península, e o branco presente nos azulexos tipo metro da parede e no mesado de cuarzo.
Unha península que reúne funcionalidade e estética

Tratándose dunha cociña aberta ao salón e ao comedor, decidimos optar por unha distribución con península, de maneira que esta servise como elemento delimitador entre zonas.
Ademais de esa, a península cumpre outras moitas funcións. En primeiro lugar, o seu mesado concebiuse na súa totalidade como superficie de traballo, polo que pode ser destinado á preparación dos pratos sen obstáculos. Por outro lado, conta cunha gran capacidade de almacenamento, posto que foi equipada tanto na súa parte interior como exterior.

Pola parte externa, conta con dous mobles baixos de servizo con porta e estantes regulables en altura e,á súa esquerda, un pequeno módulo aberto en acabado madeira Olmo Claro, que funciona a modo de estantería decorativa. En canto á parte interna, está equipada con dous armarios baixos con caixóns e gabetas.


Barra anexa: comodidade para o día a día


Anexa á península, dispuxemos unha barra de madeira en chapa natural en acabado Carballo Rústico. Dita barra, de 1,2 metros, da servizo para catro comensais. Aos seus propietarios, unha parella cun bebé de apenas dous anos, resúltalles totalmente funcional á hora de almorzar ou realizar algunha comida rápida.


Pero, ademais de toda a comodidade que aporta, a barra resulta chave tamén a nivel estético, pois aporta unha enorme calidez a un deseño no que, sacando as notas de madeira, reinan os tons fríos do branco e o azul.
Toques vintage


Tamén no frontal de mobles se tomaron determinadas decisións que axudaron a conquistar esa buscada estética rústica ou vintage. Ademais das xa mencionadas frontes con marco de estética tradicional e do tirador, optouse por un azulexo metro e por deixar á vista a campá e o frigorífico. Todos estes factores contribúen a lograr unha cociña de estilo clásico e con moito carácter.
En canto ao equipamento, comezando pola parede, contamos con tres módulos altos de servizo con peche a teito. Na parte baixa, tamén de dereita a esquerda, temos un módulo portavertedoiro con cubos, un lavalouzas integrado e dous módulos portaplaca con accesorio para utensilios de cociña.
É neste lineal onde se sitúan a zona de augas, con billa e vertedoiro en acero inox, e a zona de cocción, cunha placa de indución.


A continuación desta composición dispúxose un moble columna de integración de forno e microondas e, a súa esquerda, o frigorífico de libre instalación, sobre o que colocamos un módulo alto superpoñible, aportando un espazo extra de almacenamento.

Outros datos de interese
| ELECTRODOMÉSTICOS | |
|---|---|
| Franke | Billa |
| Stala | Vertedoiro |
| AEG | Forno e microondas |
| Bosch | Frigorífico |
| Pando | Campá extractora |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

