
Unha cociña branca aberta ao resto da casa
A reforma integral executada neste apartamento logra abrir a cociña a outras estancias, integrándoa nun espazo único, amplo e diáfano. A antiga terraza, agora illada por un cerramento móbil que pode recollerse facilmente, convértese nun lugar idóneo para reunirse en familia.

| A COCIÑA | |
|---|---|
| Ano do proxecto | 2014 |
| Deseño | Santiago Interiores |
| Distribución | Con illa |
| Dimensións | 5 m2 |
| Mobiliario | Santos, modelo LINE-E e ARIANE 2 |
| Acabado | Branco Seff |
| Tirador | Sen tirador |
| Mesado | Silestone Rougui |
| A VIVENDA | |
|---|---|
| Tipoloxía | Apartamento |
| Dimensións | 55 m2 |
| Localización | Santiago de Compostela (A Coruña) |
| Arquitectura | Alba Castelo |
| Decoración | Alba Castelo |
| Estilismo | Alba Castelo E Kornelia Osicka |
| Fotografía | Esther Taboada |
A parella integrada pola arquitecta Alba Castelo e o futbolista profesional Gonzalo García decidiu afrontar unha intervención integral neste piso de 55 m2 con terraza situado no Ensanche de Santiago. O seu obxectivo era convertelo nun fogar dotado de espazos amplos, diáfanos e luminosos, que resultase moito máis cómodo e agradable para gozar coa súa filla pequena. Alba Castelo, quen demostra a través da súa tenda online, CheerUp, a súa gran paixón pola decoración e o interiorismo, confiou a Santiago Interiores o deseño da súa nova cociña.
Tras estudar a distribución e necesidades dos usuarios, decídese situar a cociña nunha esquina da planta, ocupando unha superficie de só 5 m2. Para equipala óptase por unha combinación dos modelos LINE-E e ARIANE 2 Branco Seff de Santos, dous deseños minimalistas que se integran discretamente na arquitectura da casa. Desta forma, reforzase a idea dun ambiente destinado tanto a cociñar como a gozar en familia.


O mobiliario de cociña organízase en U, con tres armarios columna nun dos extremos e unha península no outro. Esta distribución consegue que todo se atope a un paso á hora de traballar, xerando un espazo central despexado que favorece a liberdade de movementos.
A península concentra as principais funcións da cociña, incluíndo a zona de cocción e unha ampla superficie de traballo que, ao prolongarse nun dos seus laterais, tamén pode funcionar como barra para almorzos ou xantares rápidos.
Pola súa banda, a composición de armarios columna acolle, nun espazo compacto e organizado, varios electrodomésticos e módulos de almacenaxe. As solucións de integración incorporadas polos mobles deseñados por Santos axudan a que todo se atope sempre recolleito e apartado da vista, un factor crave en cociñas abertas.
Entre a península e as columnas sitúase a área de fregado, preto dunha xanela para aproveitar a entrada de luz natural. Sobre ela instálanse dous mobles altos abatibles que, ademais de dispoñer de iluminación inferior, ofrecen interiores adaptables ás necesidades dos usuarios.
O amoblamento da cociña complétase cun andel sobre mesado, ideal para recoller obxectos decorativos, receitarios e pequenos electrodomésticos.


A vivenda recibe abundante luz natural a través do teito acristalado e as ventás da terraza, un aspecto que se potencia cun interiorismo marcado polo predominio do branco en paredes, teitos e mobiliario. A terraza interior tamén se equipa con varios mobles con deseño LINE-E Branco Seff de Santos, que demostran así a súa facilidade para adaptarse a todo tipo de ambientes.
Ao carón da cheminea con grellada, dous armarios columna achegan solucións de almacenaxe e lavandería. Estes mobles incorporan estantes interiores na sua parte superior e, na inferior, acollen módulos para integrar lavadora, secadora e portautensilios de limpeza.
Dous caixoneiros máis, situados na parte inferior e lateral da cheminea, proporcionan capacidade extra de almacenamento a esta zona da vivenda.




Outros datos de interese
| PUBLICACIÓNS |
|---|
| Resumo de aparicións en medios |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

