
Unha cociña cálida e funcional
A cociña é o primeiro que se ve nesta vivenda, xa que desde ela se accede ao resto da casa. Por iso a familia, unha parella con dous fillos, tivo claro desde o principio que buscaban, ademais de funcionalidade, unha estética moi coidada, discreta e coherente co interiorismo das outras estancias.


A COCIÑA | |
---|---|
Ano do proxecto | 2020 |
Deseño | Santiago Interiores |
Distribución | Con illa |
Dimensións | 17 m2 |
Mobiliario | Santos, modelos LISSE e FINE |
Acabado | FINE Branco Seda Mate (baixos |columnas) FINE Roble Rústico Hor. (altos) |
Tirador | Sen tirador |
Mesado | Silestone Branco Zeus |
A VIVENDA | |
---|---|
Tipoloxía | Piso |
Dimensións | 150 m2 |
Localización | Lugo |
Arquitectura | --- |
Decoración | --- |
Estilismo | --- |
Fotografía |
O proxecto desta cociña forma parte dunha reforma integral dun piso, localizado dentro da muralla de Lugo. Recuperáronse algúns elementos como os radiadores, aos que se sumaron outras pezas de mobiliario antigo como a mesa de comedor, ou os cadros herdados, que contribuíron a dotar de encanto e personalidade ao espazo. Isto combinouse con compoñentes novos de aspecto contemporáneo como os mobles de liñas rectas da cociña, as portas de metal negro e cristal ou as lámpadas de deseño moderno.
Organizada para resultar confortable e luminosa
O comedor sitúase xunto á cociña, facendo que o desprazamento entre ambas estancias resulte práctico e cómodo. Unha porta corredía vidrada separa ambas zonas, permitindo crear un ambiente aberto ou pechado en función das necesidades, sen perder, en ningún caso, luminosidade nin conexión visual.


Aínda que o comedor se utiliza para comer a diario, a familia quería incluír unha zona office na propia cociña, para poder improvisar un refrixerio ou almorzar de xeito máis rápido. É por iso que a península inclúe unha barra con tallos, que tamén serve para compartir momentos de ocio mentres algúns deles cociñan.


Unha distribución que facilita o traballo cotián
Verbo da disposición do mobiliario, optamos por unha distribución en paralelo dos mobles de cociña e a península. Deste modo conseguimos crear un triángulo de traballo moi funcional, coa zona de frega xusto enfronte da de cocción.
Os armarios columna integran a maior parte dos electrodomésticos. O frigorífico e conxelador side by side, que da resposta ás grandes necesidades de almacenamento en frío da familia, ocúltase discretamente tras as portas enteiras dos módulos columna. Para os usuarios era fundamental este aspecto porque, como xa comentamos, ao piso se accede desde esta parte da casa e buscaban unha aparencia na que nada rompese a harmonía.
A península non só supón un bo centro de reunións arredor do que pode congregarse a familia, senón que, sobre todo, ofrece unha ampla superficie de traballo para poder preparar as comidas comodamente. Inclúe un lavalouza integrado, pero tamén un gran vertedoiro (de 70 cm de ancho) que permite lavar a man e de forma sinxela fontes ou louza máis voluminosa.

O corredor que se forma entre os mobles e a península facilita o movemento e é o suficientemente ancho para que varias persoas compartan tarefas sen estorbarse.
Para o mobiliario da cociña o noso equipo de interiorismo combinou os modelos LISSE e FINE de Santos, que destacan polo seu deseño limpo de liñas rectas. No referente á cor, o branco é o gran protagonista para potenciar a luminosidade da estancia, algo no que tamén se incidiu a través dunha coidada iluminación artificial, con múltiples focos e fontes de luz que evitan a creación de zonas de sombras. O uso do perfil de iluminación LED por partida dobre contribúe igualmente a unha iluminación óptima das zonas de traballo, ademais de ofrecer tomas eléctricas e complementarse con prácticos accesorios como o estante multiusos ou o soporte con bote.


O acabado carballo dos mobles altos combina coa parede da cociña, panelada completamente con material deste mesmo acabado, e na que se ocultan as portas de acceso. O contraste co branco remarca a beleza natural da madeira, dando como resultado unha estancia lixeira e versátil, pero tamén cálida e acolledora.
Outros datos de interese
ELECTRODOMÉSTICOS | |
---|---|
Liebherr | Frigorífico e conxelador |
Miele | Lavalouza |
Neff | Forno e microondas |
Pando | Campá |
Siemens | Placa de cocción |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.