Arquitectura moderna con cocina Santiago Interiores

Unha cociña de cidade conectada coa natureza

En pleno corazón de Santiago de Compostela, esta cociña aberta convértese no eixe central dunha vivenda con vistas á emblemática Cidade da Cultura.

O proxecto naceu para responder ás necesidades dos seus propietarios: unha parella con dúas fillas que buscaba un lugar onde gozar do tempo en familia, reunindo todo o equipamento necesario para o día a día nun único espazo.

Cocina abierta al salón Santiago Interiores
A COCIÑA
Ano do proxecto
2025
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
En paralelo con península
Dimensións
13,3 m2
Mobiliario
Santos, modelo FINE
Acabado
Beixe e Carballo Natural
Tirador
Sen tirador
Mesado
Venatino Gold de Ceratop
A VIVENDA
Tipoloxía
Piso
Dimensións
150 m2
Localización
Santiago de Compostela
Arquitectura Susana Rodríguez Carballido
Fotografía

Un deseño que respira calidez fronte ao monte Gaiás

A combinación de materiais é un dos grandes acertos deste deseño. Na súa planificación fusiónanse o acabado en madeira de Carballo Natural e a cor Beixe de Santos. Ambos os materiais alíanse para crear un espazo acolledor, un efecto que se multiplica grazas á xenerosa entrada de luz natural.

Ademais, a localización privilexiada deste piso familiar permite contemplar a paisaxe do monte Gaiás dende a comodidade do fogar, creando un nexo visual único coa contorna.

Cocina conectada al salón Santiago Interiores

A cociña conecta de forma directa co salón-comedor. Grazas a un elegante peche de cristal é posible comunicar ou illar totalmente a cociña e o salón, segundo as necesidades de cada momento. Cando as portas están abertas, aseguran unha transición cómoda e fluída; cando se pechan, as estancias manteñen a súa independencia e privacidade.

Cocina abierta con cerramiento de cristal Santiago Interiores

Distribución en paralelo: a península como protagonista

Cocina con península moderna Santiago Interiores

Xa no interior da cociña, esta configúrase cunha distribución paralela. O amoblamento organízase en torno a un lineal principal e unha ampla península que actúa como punto de encontro, á vez que aporta unha superficie adicional de traballo.

Cocina moderna en paralelo Santiago Interiores

A península de cociña conta nun dos seus extremos con dous mobles baixos de servizo con portas, que aumentan a capacidade de almacenaxe.

No outro extremo unha pata metálica serve de apoio ao mesado de Carballo Natural de máis de dous metros que percorre toda a península. Esta composición, completada con catro cómodos tallos, fai posible contar cun espazo funcional e moi práctico para os almorzos e comidas do día a día.

Cocina en acabados Beige y madera Santiago Interiores

Entre a península e o lineal principal de mobiliario deixamos unha zona de paso de 90 cm. A distancia entre este mobiliario e a península asegura un paso fluído, facilitando o movemento libre de obstáculos durante as tarefas diarias na cociña.

Cocina con península en madera Santiago Interiores

Equilibrio de materiais no lineal principal

O lineal principal mantén a coherencia coa estética do proxecto. O mobiliario inferior, deseñado nunha tonalidade de cociña beixe, combina co mesado de porcelánico Venatino Gold de Ceratop na mesma gama cromática.

O mesado, que percorre os case tres metros de longo da cociña, compleméntase co panel parede frontal no mesmo acabado. O fondo branco e as sutís vetas douradas deste porcelánico potencian a luminosidade en toda a superficie de preparación e cociñado.

Cocina alargada con península Santiago Interiores

Os mobles altos de servizo de apertura pregable, en acabado madeira de Carballo Natural, achegan a nota cálida ao conxunto, equilibrando as cores da estancia.

Para a apertura dos mobles baixos optouse polo sistema de gola, mantendo esa estética de cociñas modernas e liñas limpas que buscaba a parella propietaria.

Cocina de piso en paralelo con vistas Santiago Interiores

Nesta zona de traballo, o lavalouzas atópase totalmente integrado xunto ao vertedoiro para facilitar as tarefas diarias. Ao seu lado, a zona de cocción esconde o equipo de extracción dentro dos propios mobles altos, mantendo unha continuidade visual na parte superior.

Para completar o amoblamento desta área, incorporáronse dous mobles columna, un para o forno e o microondas, e outro con gran espazo de almacenaxe para o uso diario.

Cocina moderna Beige Santiago Interiores

Funcionalidade oculta en só 13 metros cadrados

Cocina de piso totalmente equipada Santiago Interiores

Esta composición de península e amoblamento lineal xa resultaba ergonómica por si soa, pero o verdadeiro reto era espremer cada recuncho.

Por iso decidimos aproveitar incluso o lateral da estancia optimizando ao máximo o seu potencial: tres módulos columna que, a simple vista, parecen convencionais, esconden solucións clave para o día a día.

  • Columna esquerda: Espazo portaútiles para despensa e limpeza.
  • Columna central: Unha zona de lavado que se oculta integrando a lavadora e a secadora en vertical.
  • Columna dereita: Integración do frigorífico.

Para aproveitar o espazo ata o teito, o mobiliario planificouse cunha altura de cociña de 2,2 metros, logrando un efecto visual limpo e ordenado.

Cocina con zona de lavado Santiago Interiores
Cocina con lavadora y secadora Santiago Interiores

Este proxecto demostra como unha planificación coidada permite sacar o máximo partido a unha superficie reducida. En só 13 m², logramos reunir:

  • Península con mesado de madeira e tallos.
  • Lineal completo con zona de augas, cocción e columnas con forno e microondas.
  • Zona oculta de lavandería e frigorífico integrado.

Cando se aproveita de verdade o espazo, o tamaño pasa a un segundo plano, e se se complementa cunhas vistas así de espectaculares, o resultado fala por si só.

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
Balay Lavalouza, placa de cocción, forno, microondas e frigorífico
TRES Grifería
Andemen Vertedoiro
Pando Campá

Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita unha cita previa