Espacios diáfanos para disfrutar en familia. Cocinas Santiago Interiores

Espazos diáfanos para gozar en familia

A escasos metros do mar eríxese esta vivenda unifamiliar, unha segunda residencia, cómoda e luminosa, na que poder relaxarse durante as fins de semana e as vacacións con familia e amigos. A cociña planificouse con isto en mente, concedéndolle un amplo espazo aberto, que permitise dotala de todo o necesario para cociñar e almacenar, pero tamén para reunirse e gozar dos momentos de lecer.

Cocina con isla negra. Diseño Santiago Interiores
A COCIÑA
Ano do proxecto
2020
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
Con illa
Dimensións
40 m2
Mobiliario
Santos, modelo FINE
Acabado
Negro Seda LAH
Tirador
Sen tirador
Mesado
Illa: Naturamia Amarula Vintage
Zona de cocción: Laminado Carballo Rústico Sincro
Zona auxiliar: Laminado Negro Seda LAH
A VIVENDA
Tipoloxía
Unifamiliar
Dimensións
700 m2
Localización
Palmeira (A Coruña)
Arquitectura
Jorge Álvarez Sánchez
Decoración
---
Estilismo
Sonsoles Cabana e Antonio González
Fotografía

Os propietarios, María e Pablo, partiron dunha casa dos pais del, situada fronte á costa, para transformala nunha segunda residencia diáfana, confortable e contemporánea, que se adaptase ás súas necesidades e preferencias. Para logralo, tiveron que afrontar unha reforma integral, desenvolvida polo irmán de María, o arquitecto Jorge Álvarez Sánchez. Bo coñecedor dos desexos da parella, formulou unha ampliación que contemplou de xeito especial a súa adaptación á privilexiada contorna, ademais de incluír novos servizos para facela máis cómoda e funcional.

Cocina con isla negra y vistas al mar Santiago Interiores

Trala intervención, a vivenda divídese en dúas zonas ben equipadas e organizadas: unha pública con cociña, comedor e salón, definida polos espazos diáfanos, abertos e conectados, e outra privada con dúas suites, dous dormitorios e un aseo. A maiores, conta con xardín, terraza cuberta, grellada e piscina.

Cocina, comedor y salón conectados y abiertos. Santiago Interiores

Cómoda, práctica e acolledora

A cociña, situada nunha espazosa estancia de 40 metros cadrados, conéctase co resto da zona de día, pero tamén co exterior grazas ás amplas fiestras, que proporcionan abundante luz natural e permiten cociñar, comer ou leriar con vistas ao mar ou á terraza. Unha porta corrediza acristalada separa a cociña dun comedor exterior, posibilitando crear un único ambiente cando se desexa comer ao aire libre.

Cocina de 40m2 vista desde la terraza exterior. Santos
Cocina Santos con amplios ventanales que dan luz natural

Para amoblala, optamos por un deseño de liñas puras e sinxelas, en consonancia co estilo funcional e contemporáneo da vivenda. A equilibrada combinación de negro e madeira, enmarcada por cristaleiras e tabiques brancos que a realzan, confírelle unha elegancia que resulta, ao mesmo tempo, cálida e acolledora, xerando unha atmosfera serena e moi agradable.

Cocina Santos con muebles de líneas puras y sencillas

Barra e illa conforman o binomio central

Pensada como un núcleo de convivencia, organizamos a cociña derredor da illa e a barra. A primeira acolle a zona de lavado e tamén incorpora múltiples opcións de organización e traballo en ámbalas dúas caras: moble de caixóns, lavalouza integrado e moble portavertedoiro con caldeiros de reciclaxe na interior, máis tres módulos baixos con estantes e sistema de apertura asistida na exterior.

Cocina con barra e isla que conforman el binomio central. Santiago Interiores

Anexo á illa dispuxemos unha impresionante barra en acabado Carballo Rústico Sincro que, complementada con catro tallos, funciona como comedor de cotío.

Comedor con mesado de roble rústico sincro. Santiago Interiores

Detrás da illa proxectamos un lineal de mobiliario que acolle as áreas de cocción e frío, incluíndo dous módulos portaplaca, un armario columna portafornos, outro portafrigorífico, e un terceiro armario destinado a gardar útiles de limpeza.

Cocina Santos zona de cocción, grifos y muebles
Cocina Santos Armario portahornos y portafrigoríficos

Na zona de cocción optamos por un conxunto de mesado e panel parede de Santos, co mesmo acabado que a barra: Carballo Rústico.

conjunto de encimera y panel pared de Santos con acabado Roble Rústico.

Para completar o amoblamento, equipamos a parede situada fronte á illa cunha composición auxiliar en forma de L, dotándoa de dous mobles de caixóns, unha viñoteca e catro módulos de servizo, un deles aberto e con interior personalizado, igualmente, en acabado Carballo Rústico Sincro.

Mueble auxiliar con cajoneras, vinoteca y módulos de servicio. Santiago Interiores

Como detalle final, nesta zona instalouse unha barra móbil, que ofrece un espazo adicional confortable e versátil para almorzos, petiscos e comidas rápidas.

Barra móvil Santiago Interiores
Barra móvil desplegada Cocina santos

En conxunto, a cociña destaca polo seu carácter práctico e funcional, facilitando que todo se atope ao alcance da man á hora de elaborar un prato, así como no momento de servilo ou retiralo da mesa.

Cocina Santos con isla práctica y funcional

Todo isto sen esquecer o aspecto estético, xa que os propietarios prestaron especial atención á elección de cada pormenor. Non só no referente ao mobiliario, senón tamén en detalles como os accesorios ou a vaixela, parte dela adquirida na nosa tenda, e que contribúe a dotar de encanto e carácter o día a día na cociña.

Accesorios y vajilla en cocina con isla Santiago Interiores 1
Accesorios y vajilla en cocina con isla Santiago Interiores 2
Accesorios y vajilla en cocina con isla Santiago Interiores 3

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
Siemens Lavalouza, forno, microondas, placa de cocción e frigorífico
Pando Campá e viñoteca

¿Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Pídenos un proxecto directamente a través da web ou concertar unha cita para que poidamos axudarche sen esperar no noso showroom. Axudarémosche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita un proxecto