Unha cociña pequena totalmente equipada e con moita capacidade
Esta vivenda, situada no oitavo piso dun céntrico edificio de Santiago de Compostela, conta cunha pequena cociña de tan só 8,5 m2. Para a clienta, era fundamental lograr a máxima capacidade de almacenaxe, así como incluír unha barra para almorzos. O noso deseño cumpriu ambas premisas e contribuíu a crear unha zona de traballo cómoda, práctica e organizada.
A COCIÑA | |
---|---|
Ano do proxecto | 2022 |
Deseño | Santiago Interiores |
Distribución | En U |
Dimensións | 8,5 m2 |
Mobiliario | Santos, modelo FINE |
Acabado | Blanco Perla |
Tirador | Asa acabado Lacado Negro |
Mesado | Sensa Siberia |
A VIVENDA | |
---|---|
Tipoloxía | Piso |
Dimensións | 80 m2 + 40 m2 de terraza |
Localización | Santiago de Compostela |
Estilismo | Sonsoles Cabana y Paula Ferreira |
Fotografía | |
Sinxela, práctica e elegante
A cociña conéctase coa entrada da vivenda a través dunha porta corrediza de cristal, por iso resultaba esencial crear un espazo que non só fora funcional, senón tamén estético e elegante. Con isto en mente, eliximos para o mobiliario un modelo FINE de liñas rectas e sinxelas, que, ademais, contribuíu a alixeirar visualmente o ambiente, algo chave en estancias de dimensións reducidas.
Optouse por un acabado claro que aumentase a luminosidade, xa que a estancia se comunica unicamente co lavadoiro, polo que non ten acceso directo á luz natural. Os tiradores negros, pola súa parte, axudan a crear un sofisticado contraste, replicado noutros elementos como a billa, os zócalos ou as patas do mesado. Tamén atopamos ese xogo bicolor no pavimento porcelánico con estampado xeométrico, que contribúe a dotar de moito carácter á cocina.
A propietaria, que vive soa co seu can, quería ter na cociña un espazo para almorzar, comer ou cear, sen necesidade de desprazarse ao comedor. Dispuxemos unha barra cun taburete que, ademais, aporta calidez ao ambiente, grazas ao seu acabado Olmo Claro.
Distribución en forma de U: máximo aproveitamento do espazo
A planta cadrada da estancia permitiunos distribuír os mobles en forma de U, aproveitando así ao máximo os 8,5 m2 dispoñibles. Ao colocar armarios en tres das catro paredes puidemos proporcionar á usuaria abundante capacidade de almacenaxe, algo que era moi importante para ela.
No primeiro tramo, tres armarios columna integran forno, microondas e frigorífico, ademais de ofrecer espazo para almacenar utensilios e alimentos de chan a teito.
A continuación, unha composición de armarios baixos e altos concentra as áreas de fregado e cocción. A placa de indución dispuxémola sobre un módulo portaplacas, e o vertedoiro, sobre un práctico portavertedoiro con caldeiros de reciclaxe na gaveta inferior. No medio, sitúase o lavalouza integrado.
Baixo os armarios altos, un perfil LED proporciona luz continua, homoxénea e sen cegamentos sobre a superficie de traballo. Na esquina desta zona situáronse varias tomas de corrente que permiten utilizar comodamente os pequenos electrodomésticos de uso cotián na cociña.
No último tramo da U, dous armarios baixos permiten prolongar a superficie de mesado, conseguindo así unha área de preparación máis ampla e confortable. Aquí é onde colocamos, transversalmente, a barra co tallo. Desta forma, tras o mesado, logramos manter unha zona de paso que permite acceder comodamente ao lavadoiro.
Grazas a esta distribución puidemos ofrecer á propietaria unha cociña con capacidade, práctica e totalmente equipada, na que moverse con liberdade e gozar das tarefas cotiás.
Outros datos de interese
ELECTRODOMÉSTICOS | |
---|---|
Balay | Lavalouza, frigorífico |
Bosch | Forno, microondas, placa de indución |
Pando | Grupo filtrante |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.