Unha cociña tan acolledora como práctica
Esta estancia, de 11 metros cadrados, foi reformada co obxectivo de sacar o máximo partido ao espazo dispoñible. Para os propietarios, unha parella cun fillo de 8 anos, era fundamental contar cunha cociña cómoda e funcional, que ofrecera capacidade de almacenaxe e estivera plenamente equipada. Co noso proxecto logramos ese obxectivo evitando recargar o ambiente, e dotando, ademais, ao espazo de calidez e personalidade.
A COCIÑA | |
---|---|
Ano do proxecto | |
Deseño | |
Distribución | |
Dimensións | |
Mobiliario | |
Acabado | |
Tirador | |
Mesado |
A VIVENDA | |
---|---|
Tipoloxía | |
Dimensións | |
Localización | |
Estilismo | |
Fotografía | |
Todo a un paso á hora de cociñar
Dispuxemos o mobiliario desta cociña en forma de L ao longo de dous tabiques. Iso permitiunos agrupar mobles e electrodomésticos en dúas paredes contiguas, reducindo os desprazamentos entre as distintas áreas de traballo e deixando espazo libre para circular e para incluír unha zona office na propia estancia.
O primeiro tramo da L está conformado por unha composición de mobles baixos e altos que aglutina as áreas de preparación, lavado e cocción. Na súa parte baixa, o lineal inclúe un módulo portavertedoiro con gabeta superior con cubos de reciclaxe e gabeta inferior para utensilios de gran tamaño como potas e sarténs. A continuación, atópase o lavalouza integrado e un módulo portaplaca.
Na parte superior, atopamos unha campá decorativa e dous armarios altos de apertura pregable con iluminación LED integrada no piso inferior, que proporciona unha luz continua, homoxénea e sen cegamentos sobre a superficie de traballo.
Esta zona ademais compleméntase cun perfil de iluminación LED con tomas de corrente e canle para accesorios, que permite equipar a zona intermedia da cociña con elementos como un soporte con bote multiusos e un estante.
O segundo tramo da L ocúpano tres armarios columna que reúnen electrodomésticos e opcións de almacenaxe nun espazo compacto e organizado. Aquí dispuxéronse un forno e un microondas vistos e un frigorífico integrado que se funde co resto do mobiliario.
Destaca a presenza dun moble persiana sobre mesado que permite aproveitar un espazo de difícil acceso e funciona como armario para almorzos. Incorpora tomas de corrente e iluminación propia, o que permite gardar e utilizar a diario pequenos electrodomésticos como a cafeteira ou a torradora, sen necesidade de cambialos de lugar, e liberando a superficie do mesado.
Un estilo atemporal que nunca pasa de moda
A pesar da súa gran funcionalidade, nesta cociña tampouco descoidamos o aspecto estético. Así, para o mobiliario optamos por un modelo ÉPOCA de inspiración clásica, con deseño con marco e tiradores con forma de cazoleta, que aportan un estilo atemporal harmónico, singular e con moito encanto.
O acabado Branco Perla Seda dos mobles contribúe a potenciar a luminosidade da estancia sen restar calidez. Combínase cun mesado de granito natural en tons claros, e un panel parede en Roble Rústico Sincro. Este xogo cromático dá como resultado un ambiente equilibrado, acolledor e confortable, que invita a desfrutar das tarefas cotiás.
Outros datos de interese
ELECTRODOMÉSTICOS | |
---|---|
Bosch | Lavalouza, forno, microondas, campá |
Liebherr | Frigorífico |
Siemens | Placa de indución |
PUBLICACIÓNS |
---|
Reportaxe Cocinas y Baños nº 384 |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.