Cocina verde clásica con zona de desayunos y office en Santiago Interiores

Unha cociña verde con zona de almorzos e office

Nunha céntrica rúa de Santiago de Compostela atópase este piso, no que recentemente se levou a cabo unha reforma integral. Os seus donos, unha parella con dúas nenas pequenas, viron nel grandes posibilidades de remodelación e decidiron poñer en marcha o proceso.

Así, despedíronse das existentes estancias escuras e angostas para dar paso a unha vivenda diáfana, luminosa e acolledora na que a cociña gaña un gran protagonismo.

Vivienda remodelada por Santos en Santiago Interiores
A COCIÑA
Ano do proxecto
2022
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
En paralelo
Dimensións
12 m2
Mobiliario
Santos, modelo MARCO (cociña), modelo ELEA (lavandería)
Acabado
Verde Salvia Seda Mate (cociña), Blanco Innsbruck (lavandería)
Tirador
Asa metálica efecto inox (cociña), cromo mate (lavandería)
Mesado
Silestone Iconic White (cocina), Blanco Zeus (lavandería)
A VIVENDA
Tipoloxía
Piso
Dimensións
160 m2
Localización
Santiago de Compostela (A Coruña)
Arquitectura
José Sanchidrián
Interiorismo
Estilismo
Emma López, Patricia Crego e Paula Ferreira
Fotografía

Un dos principais obxectivos da reforma era lograr a unión entre os distintos espazos, tanto pola conexión visual como polo seu estilo. Por un lado, destacan elementos como a porta corrediza, que favorece a convivencia das estancias, e, por outro, o estilo clásico e atemporal que pervive en toda a vivenda. 

En canto á paleta cromática, sobre a base dun lenzo en cor branca, resaltan as coidadas notas en tons crus, grises, negros e madeira aportadas polos pavimentos, o mobiliario e os elementos decorativos.

Interior de vivienda diseñado por Santos en Santiago Interiores

Estilo clásico chic: sempre á moda

Cocina verde clásica diseñada por Santos en Santiago Interiores
Detalle de la cocina verde clásica con diseño de Santos en Santiago Interiores

A cociña, considerada pola familia como un dos seus principais espazos de reunión e convivencia, recibiron un tratamento estético especial, con mobles en cor verde que lle confiren un particular protagonismo e a dotan de personalidade.

Concretamente, elixiuse o acabado Verde Salvia Seda Mate, que xunto ás frontes vintage da serie MARCO, lograron conseguir un estilo clásico que evoca as tradicionais cociñas provenzais, fonte de inspiración para o seu deseño.

Obtén gran relevancia tamén o chan dameiro, mentres que outros elementos como os tiradores e as cornixas dan o toque final.

Distribución en paralelo: cociñar sen obstáculos

Distribución en paralelo en la cocina verde clásica diseñada por Santos en Santiago Interiores

En canto á distribución, optouse por un amoblamento en paralelo, que permite aproveitar ao máximo a planta estreita e alongada da estancia e que fai que a cociña se integre coa naturalidade no interiorismo da vivenda.

O primeiro lineal acolle as zonas de preparación, cocción e fregado nunha composición de mobles baixos e altos. No mesado de cuarzo branco sitúase a placa de indución e, sobre ela, o módulo alto que integra o grupo filtrante. En canto aos demais mobles altos, son en total catro armarios de apertura lateral con estantes interiores destinados a almacenamento.

Módulos altos con iluminación LED y visión panorámica en la cocina verde clásica diseñada por Santos en Santiago Interiores
Encimera de cuarzo blanco y muebles altos en la cocina verde clásica diseñada por Santos en Santiago Interiores

No piso destes módulos altos inclúese un perfil de iluminación LED, que proporciona luz indirecta, funcional, continua e homoxénea sobre o mesado, facilitando as tarefas do día a día.

No que respecta á zona baixa, inclúe un lavalouza integrado e un moble portavertedoiro con cubos de reciclaxe na gaveta inferior e dous módulos portaplaca con gaveta de extracción total e gran capacidade, que proporcionan unha visión panorámica dos contidos.

Armarios de apertura lateral en la cocina verde clásica diseñada por Santos en Santiago Interiores

O segundo lineal de mobiliario da cociña reúne dous mobles columna, con estantes e gavetas interiores, un módulo superpoñible sobre o frigorífico e unha columna portafornos. Ademais, na parte central desta liña de equipamento sitúase o moble persiana sobre mesado, reservado como zona de almorzos.

Mueble persiana sobre encimera en la cocina verde clásica diseñada por Santos en Santiago Interiores

Este moble, que aporta unha superficie de mesado extra, inclúe tamén tomas de corrente e iluminación propia, polo que permite a almacenaxe e uso de pequenos electrodomésticos. Ademais, a posibilidade de abrir ou pechar a persiana como se desexe en cada momento facilita manter todo ordenado de maneira fácil e rápida.

Mueble persiana con encimera extra y tomas de corriente en la cocina verde clásica de Santiago Interiores
Persiana de la zona de desayunos en la cocina verde clásica de Santiago Interiores

Zona office: comodidade total

Pequeña zona de office en la cocina con mesa redonda y banco en la esquina
Zona de office en la cocina con mesa redonda y banco en la esquina

Unha das peticións dos clientes ao chegar ao noso estudo foi incluír unha pequena zona office para poder comer na propia cociña. Debido ás dimensións reducidas da estancia, nun primeiro momento parecía un reto. 

Porén, ao optar por unha mesa redonda e deseñar un banco para a esquina, púidose aproveitar todo o espazo dispoñible para as comidas diarias e para pasar momentos distendidos en familia.

Unha zona de lavandería totalmente equipada

Zona de lavandería equipada con mobiliario moderno y elegante

Para incluír esta zona office na cociña, desprazouse a lavandería a unha estancia anexa. Neste caso, para amoblala optouse por un estilo máis moderno, con frontes lisas do modelo ELEA.

Espacio de lavandería con mobiliario blanco y organizado
Lavandería blanca con muebles modernos y estilo minimalista

En canto á distribución, optouse por unha disposición en forma de L. Ao fondo da estancia sitúase un moble portavertedoiro e cubeta e sobre el un armario alto de apertura abatible, cunha barra para perchas no piso inferior, de maneira que lavar a roupa se fai máis sinxelo.

No outro tramo da L dispuxéronse unha columna portaútiles de limpeza en esquina, un armario portaprovisións e un espazo para integrar a lavadora e a secadora. Todo este equipamento consegue lograr un espazo harmónico, con todo recollido e organizado para facilitar as tarefas domésticas.

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
Blanco Billa
Stala Vertedoiro
Miele Lavalouza, lavadora, secadora
Siemens Placa de indución, forno, microondas e frigorífico
Pando Campá extractora
Franke Cubeta

Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita unha cita previa