Una cocina para vivir. Proyecto Santiago Interiores

Unha cociña para vivir

Para os propietarios desta vivenda, a cociña é o centro do seu fogar e buscaban facer dela un lugar amplo e práctico no que reunir a familiares e amigos. Para iso elimináronse tabiques e incorporouse á cociña unha estancia anexa onde había unha cheminea. Agora, cociña e comedor conviven de forma harmónica e crean un ambiente confortable e acolledor, algo ao que contribúe de xeito notable a cheminea incorporada á estancia trala reforma.

Proyecto Santiago Interiores - Una cocina para vivir - Cocinas Santos
A COCIÑA
Ano do proxecto
2015
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
En U
Dimensións
---
Mobiliario
Santos, modelo LINE-E
Acabado
Branco Seff
Tirador
Sen tirador
Mesado
Laminado Olmo Claro
A VIVENDA
Tipoloxía
Piso
Dimensións
120 m2
Localización
O Pindo (A Coruña)
Arquitectura
---
Decoración
---
Estilismo
---
Fotografía
Render 3D
Proyecto Santiago Interiores - Una cocina para vivir - Cocinas Santos
Proyecto Santiago Interiores - Una cocina para vivir - Cocinas Santos

Unha vez estudadas as posibilidades do espazo e as necesidades e preferencias dos clientes, decidiuse unha distribución en forma de U. A cociña equípase con mobles do modelo LINE-E, que ao carecer de tirador facilita as tarefas de limpeza. A zona de mobles baixos, provista de caixóns de extracción total, prolóngase trala zona de cocción para ofrecer unha barra auxiliar na que realizar comidas rápidas ou almorzos. Esta zona auxiliar está orientada cara a gran ventá que ilumina a cociña con luz natural. A elección dun modelo de campá integrada no teito supón un grande acerto para evitar calquera obstáculo á iluminación natural.

Os electrodomésticos de maiores dimensións, imprescindibles en calquera cociña actual, intégranse na zona de columnas. Pola súa banda, un funcional moble persiana instalado sobre o mesado resulta moi útil para gardar pequenos electrodomésticos como: torradora, espremedor ou cafeteira. O seu sistema de apertura con persiana fai posible abrilo fácil e silenciosamente cando é preciso usar os aparellos e pechalo cando queremos ter a cociña totalmente recollida.

Os mobles altos, situados sobre a zona de fregado, están provistos dun sistema de apertura articulado que facilita o acceso ao seu interior.

Proyecto Santiago Interiores - Una cocina para vivir - Cocinas Santos
Proyecto Santiago Interiores - Una cocina para vivir - Cocinas Santos

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
Bosch Placa vitrocerámica, placa de gas, forno, microondas, frigorífico-conxelador e lavalouza
Pando Campá de teito

¿Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Pídenos un proxecto directamente a través da web ou concertar unha cita para que poidamos axudarche sen esperar no noso showroom. Axudarémosche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita un proxecto