Fachada Vivienda Unifamiliar - Diseño Santiago Interiores

Unha segunda vivenda para gozar da natureza

No corazón da aldea de Viro, aos pés da Serra de Outes (A Coruña), sitúase esta peculiar vivenda. Os propietarios desta casa, unha parella con dous fillos, desexaban contar cun lugar sinxelo no que desconectar e gozar da natureza en familia durante os seus días libres e vacacións.

Así, optaron por construír da man de 2 es + arquitectos o que para eles se converteu nun refuxio. Situado na mesma parcela rural na que se sitúa a vivenda dos avós, este pavillón dunha planta con cuberta plana axardinada consegue integrarse harmonicamente entre os hórreos e as edificacións tradicionais.

Cubierta Ajardinada - Vivienda Unifamiliar - Diseño Santiago Interiores
A COCIÑA
Ano do proxecto 2023
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
En paralelo con illa
Dimensións 34,5 m2
Mobiliario
Santos, modelo FINE
Acabado
Negro Seda
Tirador
Sen tirador
Mesado Levantina Granito Negro Zimbabwe
A VIVENDA
Tipoloxía
Vivenda unifamiliar
Dimensións
100,80 m2 útiles, 125,50 m2 construídos
Localización
Serra de Outes (A Coruña)
Arquitectura
Construción
Estilismo
Paula Ferreira e Patricia Crego
Fotografía

A pesar da súa arquitectura moderna, para os arquitectos resultaba vital que a vivenda estivese en consonancia coa contorna. Por iso, elixíronse materiais naturais como a envolvente de madeira de cedro xaponés, madeira carbonizada segundo a técnica tradicional nipoa do Shou Sugi Ban. Ademais, ao combinar ese material natural con amplos panos con vidro, favoreceuse a conexión do interior coa súa contorna e potenciouse a luminosidade.

Cubierta Ajardinada - Vivienda Unifamiliar - Diseño Santiago Interiores

O acceso á vivenda realízase a través dun pequeno volume anexo que, aínda que non invade o espazo central, conéctase con el mediante unha celosía de madeira carbonizada.

Fachada Vivienda Unifamiliar - Diseño Santiago Interiores
Fachada Vivienda Unifamiliar - Diseño Santiago Interiores
Fachada Vivienda Unifamiliar - Diseño Santiago Interiores

A planta da casa foi deseñada de forma simétrica, partindo de dous volumes interiores revestidos con paneis de madeira de carballo. A súa iluminación interior resolveuse con senllas bufardas incrustadas no teito.

Estes bloques ocultan no seu interior as zonas de servizo máis privadas da casa: o aseo, o baño, a lavandería, a despensa e a zona de frío.

Fachada Vivienda Unifamiliar - Diseño Santiago Interiores

O resto do espazo organizouse en tres grandes bloques, cun dormitorio en cada extremo e, no centro, a zona de día con cociña, comedor e salón. O pavimento de microcemento que reviste todo o chan dota de continuidade aos distintos ambientes, contribuíndo a lograr un conxunto máis harmónico e uniforme.

Fachada Vivienda Unifamiliar - Diseño Santiago Interiores

Unha cociña con moita personalidade

Para equipar a cociña, optouse por un deseño en total sintonía coa liña do proxecto: unha cociña negra con illa enmarcada nun panelado de madeira. Sen dúbida, o modelo FINE de Santos e o acabado Negro Seda combinan xenuinamente coa paleta cromática e o espírito minimalista do interiorismo.

Cocina Negra con Isla Abierta - Diseño Santos - Diseño Santiago Interiores

O mobiliario foi organizado a partir dunha gran illa central que reúne as zonas de preparación, cocción e office. Ademais, a extracción de fumes foi resolta cunha campá de teito que pasa totalmente desapercibida, favorecendo a creación dun ambiente máis diáfano e libre de obstáculos que impidan gozar das marabillosas vistas ao xardín.

Cocina Negra con Isla Abierta - Diseño Santos - Diseño Santiago Interiores
Cocina Negra con Isla Abierta - Diseño Santos - Diseño Santiago Interiores

Así mesmo, a illa inclúe múltiples opcións de organización nas súas dúas caras: dous módulos portaplaca con caixóns de extracción total e gran capacidade na cara interior, máis catro módulos de servizo con estantes na cara exterior.

Cocina Negra con Isla Abierta - Diseño Santos - Diseño Santiago Interiores

A superficie de traballo, prolongada nun dos laterais da illa, complementouse con taburetes de deseño industrial, converténdoa así nunha mesa de comedor. Unha lámpada do mesmo estilo ilumina este recuncho, dotándoo de entidade propia.

Cocina Negra con Isla Abierta - Diseño Santos - Diseño Santiago Interiores
Cocina Negra con Isla Abierta - Diseño Santos - Diseño Santiago Interiores
Cocina Negra con Isla Abierta - Diseño Santos - Diseño Santiago Interiores

O resto dos mobles da cociña conforman un lineal que transcorre en paralelo á illa, enmarcado nun dos volumes centrais revestidos con madeira de carballo. A composición acolle a zona de fregado, con vertedoiro e grifo en cor negra, un moble con gabetas interiores, un módulo con estantes e un portavertedoiro con cubos de reciclaxe na gabeta inferior.

Cocina Negra con Isla Abierta - Diseño Santos - Diseño Santiago Interiores
Cocina Negra con Isla Abierta - Diseño Santos - Diseño Santiago Interiores
Cocina Negra con Isla Abierta - Diseño Santos - Diseño Santiago Interiores

O amoblamento completouse con dous armarios altos de apertura abatible e un módulo columna que integra forno e microondas, ademais de opcións adicionais de almacenaxe.

Cocina Negra con Isla Abierta - Diseño Santos - Diseño Santiago Interiores

Espazos conectados

Zona de Día Diáfana - Diseño Santiago Interiores

A cociña comparte espazo tamén co salón, que se sitúa enfronte dela. O salón foi equipado cun sofá a medida e un moble de televisión de fabricación artesanal a xogo co interiorismo xeral.

Zona de Día Diáfana - Diseño Santiago Interiores

Pero, ademais de estar conectados entre si, cociña e salón ábrense a unha bonita terraza, situada no lateral oposto ao recibidor.

Cubierta Ajardinada - Vivienda Unifamiliar - Diseño Santiago Interiores

Cunha área de 12 m2 de microcemento e equipada cunha pequena mesa auxiliar, convértese no lugar ideal no que gozar dos raios de sol durante o almorzo.

Fachada Vivienda Unifamiliar - Diseño Santiago Interiores

Zonas privadas: dormitorios, baño e aseo

Nos dous extremos da planta da vivenda sitúanse, de maneira simétrica, as zonas privadas. O acceso realízase a través de senllos distribuidores a ambos os dous lados da casa, atravesando as correspondentes portas corredizas integradas nos bloques centrais.

Zona de Día Diáfana - Diseño Santiago Interiores
Zona de Día Diáfana - Diseño Santiago Interiores

Nun deses extremos sitúase a habitación principal, con cama e armario de fabricación artesanal e un escritorio con moito carácter que a propietaria emprega eventualmente para teletraballar.

Dormitorio Principal con Cristalera - Diseño Santiago Interiores

Ademais, ambos dormitorios contan co mesmo modelo de lámpada situada no salón, propiciando, máis se cabe, a uniformidade de materiais, pezas decorativas e estilo en xeral.

Dormitorio Principal con Cristalera - Diseño Santiago Interiores

Tamén neste extremo, sitúase o baño principal, cunha selección de materiais que, novamente, dá continuidade ao estilo da vivenda.

Baño con Tragaluz - Diseño Santiago Interiores

Ao lado oposto, atópase a habitación dos nenos, dotada do mesmo tipo de portas. Ademais, no centro do bloque de madeira intégrase un armario con portas escamoteables que esconde a televisión coa que os mozos se entreteñen e xogan a videoxogos.

Dormitorio Infantil - Diseño Santiago Interiores
Dormitorio Infantil - Diseño Santiago Interiores

O dormitorio dos máis novos da casa foi equipado tamén con camas de produción artesanal e o mesmo modelo de lámpada elixido para as demais estancias.

Dormitorio Infantil - Diseño Santiago Interiores

Por último, nesta á inclúese un pequeno aseo que repite a mesma paleta cromática de toda a vivenda: madeira clara, negro metálico e branco.

Aseo con Madera - Diseño Santiago Interiores

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
Blanco Grifo e vertedoiro
Balay Placa de indución, forno, microondas e frigorífico
Frecan Campá extractora

Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita unha cita previa