Arquitectura moderna con cocina Santiago Interiores

Vivir entre mareas: Unha cociña aberta á Ría de Noia

A Summer_House, deseñada polo estudo 2es+, nace da procura dun fogar baseado na sinxeleza, a comodidade e a conexión co mar. Pensada como un refuxio de xubilación para os avós e unha casa de verán para fillos e netos, esta vivenda foi deseñada para compartir a vida en familia mantendo a independencia.

Así, a edificación de formigón armado organízase en dous niveis autónomos: unha planta baixa destinada aos maiores e unha planta alta para as novas xeracións. A súa arquitectura minimalista, baseada nun xogo de volumes e transparencias, fomenta a independencia de cada espazo sen perder a conexión visual coa contorna mariña.

Casa moderna con jardín y piscina
A COCIÑA
Ano do proxecto
2025
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
Lineal
Dimensións 42 m2 (cociña-salón)
Mobiliario
Santos, modelo ELEA
Acabado
Cashmere
Tirador
Sen tirador
Mesado
Coverlam Taj Mahal
A VIVENDA
Tipoloxía Vivenda unifamiliar
Dimensións
138 m2 (por planta)
Localización
Noia
Arquitectura 2es+ arquitectos
Fotografía

O que fai única a esta vivenda é a súa envolvente de formigón e chapa branca, unha estrutura que se sitúa a medio camiño entre a escala tradicional e a xeometría industrial. Toda a casa está rodeada de grandes ventás que teñen a capacidade de ocultarse completamente nas paredes, transformando, segundo a súa configuración, o aspecto externo da edificación.

Casa moderna en galicia con ventanas ocultas
Casa moderna con ventanales abiertos

O exterior complétase cunha coidada zona de céspede e unha piscina conectada directamente co interior, permitindo que o xardín se funda coa vivenda a tan só uns pasos do mar.

Piscina y jardín en una casa de verano
Terraza conectada al salón
Terraza con piscina y vistas a la ría
Arquitectura contemporánea de la Summer_House en Noia con vistas a la ría.

Zonas comúns: un deseño pensado para a vida social

Salón comedor planta baixa

Salón moderno con vistas

O salón da planta baixa destaca pola súa amplitude e a súa conexión total coa paisaxe. As vidreiras facilitan que o interior e o xardín se fusionen nun só espazo, favorecendo o acceso directo ao exterior e permitindo contemplar a ría dende a comodidade do fogar.

Salón conectado a la piscina con vistas a la ría

No interior, o deseño busca a harmonía visual mediante unha paleta de tons neutros. O pavimento de gres porcelánico unifica toda a estancia e contribúe á creación dunha atmosfera de calma que invita ao descanso.

Esta mesma liña de deseño e materiais esténdese á planta alta, onde a vida familiar continúa en espazos conectados.

Salón desde el exterior de la vivienda
Escaleras que conectan las plantas de la vivienda

Cociña lineal aberta ao salón comedor da planta alta

Subindo as escaleiras, o proxecto alcanza a súa máxima expresión funcional. A formulación da cociña, totalmente aberta ao salón comedor da planta alta, responde a unha das premisas da parella propietaria: dispoñer dunha estancia organizada e práctica onde todo se concentra nun único lineal.

Cocina lineal Cashmere abierta al salón

Para equipala, optouse polo modelo ELEA Cashmere de Santos, un deseño de liñas puras e frontes lisas que se integra con naturalidade no interiorísmo da vivenda.

Cocina lineal abierta al salón

Un detalle técnico fundamental en calquera proxecto de cociña é a ergonomía. Neste caso, para a altura dos mobles de cociña, optouse por unha medida de 92 cm, que se adapta especificamente á estatura dos propietarios e consegue mellorar o confort no uso diario. Esta superficie culmina co mesado Taj Mahal, que se prolonga como panel parede na fronte da zona de traballo, creando unha unión visual impecable.

Zona de trabajo central cocina lineal
Cocina moderna con horno, fregadero y placa de cocción
Lineal de cocina abierta al salón

A zona central do amoblamento de cociña reúne as áreas de preparación, cocción e lavado. Este espazo inclúe módulos con gabetas, mobles baixos con estantes interiores, un portaforno baixo e un lavalouza integrado baixo o sistema de apertura gola. A parte alta, pola súa banda, incorpora cinco mobles de apertura lateral, un deles destinado a integrar a campá extractora.

Lineal cocina abierta al salón

O lineal complétase con catro armarios columna nos extremos que integran a zona de frío, o almacenamento de provisións e os útiles de limpeza de maneira ordenada.

Cocina y salón conectados

Desde este eixe funcional, a cociña ábrese ao comedor, onde unha mesa de freixo macizo aporta a textura orgánica necesaria para equilibrar a pureza do conxunto.

Lineal de cocina conectado con el salón

Neste espazo, as grandes vidreiras inundan o interior de luz natural e conectan a estancia cunha terraza exterior.

Cocina moderna conectada al salón con terraza

Este lugar convértese nun miradoiro privilexiado. Ao caer o sol, o coidado proxecto de iluminación interior e exterior transforma o ambiente, creando unha atmosfera acolledora e moderna que resalta a silueta da arquitectura.

Zona de descanso

Dormitorio principal de la casa en madera

Os cuartos da Summer_House manteñen a estética minimalista que caracteriza toda a vivenda grazas á serenidade dos tons claros. Na planta baixa, o dormitorio, con mobiliario en madeira, destaca pola súa sinxeleza.

Pasillo habitaciones planta alta

Na planta alta, un distribuidor funcional separa a área social da zona propiamente de descanso. Nestes dormitorios, o deseño desposúese de ornamentos para que a paisaxe sexa a única protagonista e para que a luz natural circule libremente e transforme cada estancia segundo a hora do día.

Habitación minimalista con muebles en madera
Habitación minimalista con muebles en madera y vistas

A Summer_House é, en definitiva, un exercicio de arquitectura onde cada detalle, desde a altura dos mobles da cociña ata a orientación das ventás, está ao servizo do benestar. Un proxecto no que o deseño de Santiago Interiores e a arquitectura de 2es+ se funden para crear un fogar que abraza a paisaxe de Noia.

Casa y jardín con vistas a la ría de Noia
Casa de verano moderna de hormigón
Jardín de casa moderna de verano

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
Balay Lavalouza, placa de cocción, forno, frigorífico
Blanco Grifería e vertedoiro
Pando Campá

Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita unha cita previa