Volumes que buscan o sol
Os arquitectos encargados da construción da vivenda articularon a súa estrutura en diferentes volumes. Todos eles confluían nun patio interior arroupado por unha gran pérgola de madeira. A vivenda para a que se nos encargou o proxecto desta cociña tiña, a nivel construtivo, unha dominante de materiais duros como o formigón ou a pedra, que, xa na súa fachada, dulcificaban o seu protagonismo con certos toques de madeira natural.
A COCIÑA | |
---|---|
Ano do proxecto | 2012 |
Deseño | Santiago Interiores |
Distribución | Con illa |
Dimensións | --- |
Mobiliario | Santos, modelo ARIANE 2 |
Acabado | Branco Seff |
Tirador | Tirador de pestana Aluminio Mate |
Mesado | Silestone Mont Blanc |
A VIVENDA | |
---|---|
Tipoloxía | Vivenda unifamiliar |
Dimensións | 322,25 m2 |
Localización | Corexo (A Coruña) |
Arquitectura | |
Decoración | --- |
Estilismo | --- |
Fotografía |
As zonas de día da vivenda estaban orientadas cara ao sur, buscando garantir un óptimo aproveitamento da luz. A coidada distribución do proxecto desta cociña buscaba satisfacer as necesidades dos seus propietarios en canto a funcionalidade e practicidade, pero tamén debía seguir a premisa de manter despexadas as grandes ventás que a flanqueaban. A elección dun acabado branco para os frontais da cociña contribuíu, máis se cabe, a reforzar a luminosidade do ambiente.
A cociña equipouse cunha grande illa de aproximadamente 3 metros de longo, na que se situaron as zonas de cocción e fregado, directamente orientadas ao patio central da vivenda. Cociñar con vistas convertíase, así, nun verdadeiro pracer. O mesado da illa prolongouse na sua parte posterior e fixo posible crear unha zona de almorzos con dous taburetes.
En paralelo á illa situáronse os mobles columna, destinados tanto á integración do frigorífico e os fornos, como á almacenaxe de alimentos e utensilios de cociña. Nesta zona de columnas adquiriron gran protagonismo os dous mobles persiana situados nos flancos. Este tipo de módulos, ademais de pola súa gran beleza, destacan pola súa robusta construción, silenciosa apertura e prácticos equipamentos interiores. O seu aporte estético é indiscutible posto que permiten recoller no seu interior diversos elementos que, doutra forma, quedarían expostos á vista. A súa funcionalidade evidénciase no feito de reunir nun único moble unha zona de almacenamento e preparación equipada con enchufes e ilumninación propia.
A planta rectangular desta cociña fixo posible instalar nela unha zona de office, onde a madeira natural aportou unha nota de calidez e as cadeiras e lámpada, dun vermello intenso, introduciron un toque de cor e sofisticación.
Outros datos de interese
ELECTRODOMÉSTICOS | |
---|---|
Bosch | Placa de inducción |
Gutmann | Campá decorativa |
Liebherr | Frigorífico Side By Side |
Miele | Lavalouzas |
Neff | Forno |
PUBLICACIÓNS |
---|
Reportaxe Diseño Interior nº 251 |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.