Cocinas Santos | Santiago Interiores

Cociñas Santos: personalizables, prácticas, duradeiras e atemporais

Somos un distribuidor exclusivo de cociñas Santos en Santiago, especializado no deseño a medida de cociñas funcionais. Partindo dunha análise minuciosa do espazo, as preferencias e o estilo de vida do usuario, creamos proxectos únicos e personalizados, pensados para satisfacer necesidades concretas.

Inspírate coa colección de cociñas Santos

Multitude de acabados e cores á túa disposición

A colección de cociñas Santos inclúe máis de 70 acabados para frontes en estratificado, laminado, rechapado, vidro, aceiro e laca.

Infinidade de opcións de personalización interior

Ademais das múltiples alternativas para as frontes, Santos ofrece un amplo abano de opcións para personalizar os interiores das cociñas.

As combinacións son practicamente ilimitadas. Consúltanos na nosa tenda de Santiago de Compostela e axudarémosche a elixir as máis axeitadas para crear unha cociña á túa medida.

Por que elixir unha cociña Santos?

Deseños adaptables a cada proxecto

A extensa variedade de modelos e accesorios da colección Santos permítenos deseñar na nosa tenda de Santiago de Compostela cociñas a medida, que se adaptan ao espazo dispoñible ou á estatura do usuario.

Amplas posibilidades de personalización

Santos dispón dunha ampla gala de acabados para personalizar as frontes, corpos e interiores dos mobles, polo que cada persoa pode configurar a súa cociña Santos ao seu gusto.

Funcionalidade, ergonomía e capacidade

Os deseños depurados, ergonómicos e funcionais das cociñas Santos facilitan as tarefas, favorecen a organización e ofrecen a máxima capacidade de almacenaxe no mínimo espazo.

Resistencia ao uso e ao paso do tempo

As cociñas Santos empregan exclusivamente materiais e sistemas construtivos de calidade contrastada, que garanten unha resposta óptima ás esixencias máis elevadas.

Descarga os catálogos de cociñas Santos e inspírate coas súas posibilidades:

Catálogos Santos

Accesorios para cociñas Santos: complementos para personalizar e organizar a túa nova cociña

Descúbreos

Queres coñecer todos os acabados e posibilidades das cociñas Santos?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Ademais, poderás comprobar de primeira man a calidade dos acabados.

Solicita unha cita previa