Image

A web de Santiago Interiores, premiada nos Luxury Advertising Awards

La web de Santiago Interiores, premiada en los Luxury Advertising Awards | Cocinas Santos

Estamos de celebración! A nosa web foi galardoada co premio ao Mellor Deseño Web de Marca Premium, concedido á axencia Desoños no marco do Festival de Luxo e Marcas Premium, Luxury Advertising Awards 2017.

O 15 de decembro a cidade de Marbella acolleu, por quinto ano consecutivo, esta festa do luxo responsable e das marcas Premium, que organiza a Fundación Mundo Cidade. Trátase dun festival consolidado no calendario publicitario, que cada ano reúne a axencias nacionais e internacionais e premia as mellores campañas e estratexias de comunicación.

A gala congregou a máis de 600 persoas e contou con 50 medios acreditados e invitados de excepción como Victorio & Lucchino, S.A.R. Béatrice d’Orléans ou Patricia Betancort. Ata 20 axencias de publicidade, entidades anunciantes e novos talentos do sector repartíronse os 60 premios do palmarés, ademais de varias mencións especiais. A web de Santiago Interiores compartiu pódium con anunciantes como o grupo Mahou – San Miguel, Loewe, Gucci, Royal Canin ou Bombay Sapphire.

La web de Santiago Interiores, premiada en los Luxury Advertising Awards | Cocinas Santos

No ano 2016, coincidindo co noso 20 aniversario, lanzamos un novo sitio web. Sempre nos esforzamos en ofrecer aos nosos clientes productos e servizos de alta calidade. Por iso, buscabamos que esta alta esixencia e vocación de servizo se reflexase tamén neste espazo online.

O resultado foi esta web pola que estás navegando agora, máis funcional e dinámica, deseñada para facilitar aos usuarios o acceso a contidos que lles axuden a planificar a cociña dos seus soños. Sentímonos, por tanto, moi satisfeitos e orgullosos deste premio, que avala a calidade do seu deseño.

Desde aquí queremos felicitar a Desoños por axudarnos a conseguilo. Parabéns!