Image

Usos da cociña: aproveita ao máximo o teu espazo

Usos de la cocina Santiago Interiores

Estas últimas semanas todos sentimos a necesidade de reinventar o noso fogar. Coa pandemia do Covid-19 e a permanencia obrigada na casa, moitos tiveron que buscar algún recuncho no que poñerse a traballar, outros crearon un oco para un ximnasio improvisado, e outros achegaron algunha mesiña á fiestra máis iluminada da casa para soñar que tomaban un vermú nunha terraza.

Está claro que non todas as experiencias son iguais, e que é diferente contar con un pequeno terreo que cun exiguo piso sen apenas entrada de luz natural, pero, en calquera caso, sacar máis partido á vivenda converteuse en algo fundamental. Desde un punto de vista práctico, pero tamén en beneficio do noso propio benestar, o fogar debe actuar como un cálido refuxio. Como un lugar onde poder desconectar e evadirse da realidade nun momento tan delicado como o que estamos a vivir actualmente.

Cocinas versátiles para otros usos

A cociña non é allea a esta situación e, se nos últimos anos xa era tendencia buscar espazos versátiles, conectados e que foran moito máis alá da clásica estancia para almacenar e preparar a comida, agora moito máis. Sen dúbida, o principal uso da cociña é ese, que ademais, estes días estamos a explotar ao máximo. Ata os menos amantes da cociña se están a ver tentados a probar novas receitas, crear coas súas propias mans pan caseiro, facer algún prato en familia ou preparar unha deliciosa torta (ante a imposibilidade de celebrar o aniversario fóra da casa).

Pero, que outras ideas ou usos podemos descubrir e experimentar na cociña?

A cociña como zona de traballo

Trabajar en la cocina Santiago Interiores

Moitos dos que estas semanas están teletraballando desde casa non estaban afeitos a facelo, e polo tanto, carecían dese despacho no que poder illarse da familia e concentrarse nas tarefas laborais. A recomendación xeral é intentar evitar traballar desde o dormitorio, e buscar un lugar tranquilo e non moi frecuentado.

Sen dúbida, traballar na cociña a horas puntas non parece responder a esa definición, pero se o resto da familia adoita facer vida no salón, é posible que a cociña, unha vez rematouse de comer e recoller, estea tranquila. En caso de que sexa posible, é mellor evitar usar a mesa principal, e decantarse por poñer outra mesiña, con unha cadeira ergonómica, nalgunha zona luminosa da habitación.

Cocina como zona de trabajo Santos

En caso de que o obxectivo sexa manter o despacho permanentemente, é posible buscar algún xeito de separar a zona de oficina do resto da cociña, como por exemplo, cun biombo ou mesmo unha porta corredeira.

A cociña como zona de estudo

Estudar na cociña, especialmente cando é ampla, pode proporcionar un espazo tranquilo, afastado do bulicio natural dunha casa onde conviven varias persoas.

Cocina como zona de estudios Santiago Interiores

No caso dos nenos máis pequenos, facilitarlles unha superficie sobre a que facer os deberes na mesa ou na barra da cociña permitirá botarlles un ollo mentres se cociña, ou se toma algo, podendo así axudarlles de forma sinxela cando sexa necesario (ou mesmo vixiar que efectivamente estean a facer os deberes e non mirando ao infinito).

A cociña como zona de xogos

Cocina como zona de juegos

Incorporar unha zona de xogos na cociña é outra moi boa idea, máis alá desta situación temporal. Así, pódese estar cos peques mentres se prepara a comida, se recolle, o se petisca algo. Deixar uns cantos xoguetes nun recuncho da cociña, axudará a que os nenos se manteñan ocupados e deixen traballar aos maiores con máis tranquilidade. Convén elixir unha zona afastada da de cocción e fornos, e colocar un baúl con algún dos seus xogos favoritos e unha alfombra que os ille do frío do pavimento.

Outra vantaxe de xogar na cociña é que resulta menos doloroso manchala : plastilinas, pinturas de mans e demais materiais infantís acostuman deixar moitos restos… e o chan da cociña adoita ser fácil de limpar, ademais de contar co vertedoiro sempre á man para poder ir lavando sobre a marcha.

A cociña como espazo horto

Cocina con espacio huerto Santiago Interiores

Dispoñer dun horto propio, no que poder recoller os tomates xusto antes de cortalos para unha ensalada, é un soño bucólico que moitos temos. A falta de xardín, un balcón ou terraza asollado pode funcionar moi ben como sucedáneo, pero mesmo a cociña pode converterse nun espazo perfecto para un mini-horto de interior. Iso si, é preciso contar cunha estancia ben iluminada e ben orientada (que reciba mínimo 4 horas de sol diarias). Ademais, hai que colocar as plantas na cociña lonxe de todas as fontes de calor extra (como radiadores ou electrodomésticos) e dar prioridade a produtos que se adapten ao cultivo en interior.

Unha parede asollada pode converterse nun perfecto xardín vertical no que cultivar leituga, eiruga, perexil ou alfábega, unha opción especialmente pertinente para as cociñas máis pequenas. No caso contrario, pódese habilitar algún curruncho xunto a unha fiestra para colocar as distintas plantas nas súas macetas. Recoméndase cultivar variedades que permitan a colleita continuada e que sexan de pequeno tamaño (como os tomate cherry ou as variedades ananas de xudías e chícharos).

Ademais da súa funcionalidade evidente, o horto permitirache dar un aire máis natural e acolledor á túa cociña, o que contribuirá a baixar os teus niveles de estrés e aumentar a túa sensación de benestar.

A cociña como zona para reunirse en familia

Cocina como zona de reuniones en familia

Trátase doutra das funcións básicas de toda cociña, e así, o habitual, sempre que se conta con espazo suficiente, é incorporar unha mesa de comedor con cadeiras. Comer na cociña resulta práctico por innumerables razóns, desde a proximidade de todos os utensilios que se podan precisar, ata a facilidade de limpeza. Ademais, a cociña funciona deste xeito como corazón do fogar, un lugar no que se preparan as comidas, onde se degustan, e onde se alargan as sobremesas.

Cocina con barra para reunirse en familia Santos

Nas estancias máis reducidas, unha barra pode facer o mesmo servizo, proporcionando unha zona cómoda sobre a que almorzar ou petiscar algo. As cociñas con illa tamén adoitan incluír unha barra, que permite que outros membros da familia acompañen a aqueles que están a cociñar, pudendo, ao mesmo tempo, traballar, estudar ou tomar un café comodamente sentados.

A cociña como zona de entretemento e relax

Cocina abierta para entretenimiento y relax

As barreiras que tradicionalmente separaban as zonas de traballo das de ocio estanse borrando, e a cociña contemporánea, como xa dixemos moitas veces, concíbese como un lugar multifuncional, que compartir e gozar. Isto faise especialmente evidente nos espazos abertos, nos que a cociña se comunica co salón, o comedor e incluso outros ambientes.

cocina-como-zona-de-entretenimiento-y-relax-santiago-interiores

Pero tamén nas cociñas pechadas pode haber lugar para o entretemento. Hai que ter en conta que, para moita xente, cociñar é máis unha afección que unha necesidade. Gozar dun bo disco mentres se prepara a comida, ver un capítulo da serie favorita na tablet mentres unha receita está a enfornar ou escoitar as noticias á vez que se frega, axuda a facer das tarefas cotiás un momento de desconexión.

Cocina como zona de entretenimiento con pantalla o proyector

Mesmo se pode ir máis lonxe, e poñer na cociña unha pantalla e un proxector para ver películas a gran tamaño, incorporar algún sofá, crear unha zona chill-out ou instalar unha grellada de exterior, tal e como vimos nestas fotos. Todo depende das características da cociña e, sobre todo, dos intereses e hábitos daqueles que van usala.

Por iso en Santiago Interiores gústanos coñecer ao detalle os gustos, preferencias e maneiras de vivir de cada cliente antes de realizar un proxecto. Non dubides en solicitar cita co noso equipo de interiorismo, estarán encantados de deseñar unha cociña a medida para ti.