Image

Tendencias en cociñas 2020: 10 ideas para inspirarte

Tendencias en cocinas Santiago Interiores

A cociña está a converterse no centro do fogar, un espazo práctico e funcional onde traballar acotío, pero no que tamén reunirse e gozar dos momentos de ocio. É unha transformación importante e, por iso, non é sorprendente que as tendencias máis actuais para esta parte da casa reflictan a devandita evolución.

Así, no 2020 lévanse os mobles de cociña elegantes e sofisticados, que case se poderían confundir cos do salón. As cores escuras, os materiais naturais ou as liñas sinxelas son algúns dos puntos en común que comparten as cociñas contemporáneas. Ademais, búscanse vivendas con carácter, acordes coas necesidades, gustos e inquietudes dos seus propietarios. Nese senso, salienta o predominio das cociñas realizadas a medida, que aproveitan mellor o espazo e nas que tanto o interior como o exterior se deseñan de xeito personalizado.

Descubre o último en cociñas e inspírate para reformar a túa.

Cociñas abertas: unha tendencia que non pasa de moda

Tendencias cocinas abiertas Santiago Interiores

Aínda que ao principio moitos usuarios tiñan reservas sobre as cocinas abertas ao salón e ao comedor, o certo é que esta tendencia non fixo máis que popularizarse durante os últimos anos. Ao fin e ao cabo se a cociña é agora un espazo multifuncional, onde convivir coa familia, ten sentido unila ao resto da casa para gozar dunha gran zona de día: diáfana, cómoda, luminosa, versátil e acolledora.

Está claro que esta tendencia garda relación con moitas outras das que veremos a continuación, xa que os espazos abertos esixen un tipo de mobiliario máis discreto, con electrodomésticos integrados, tiradores ocultos, e formas sinxelas e elegantes. É dicir, un tipo de mobiliario que se mimetice coa arquitectura da vivenda.

Para aqueles que seguen sen velo claro, outra opción en auxe é a de incorporar portas corredoiras de cristal, que permiten manter a conexión visual e o acceso da luz, pero facilitan o illamento da zona de traballo cando se considera preciso.

Cociñas a medida. Máis opcións de personalización

Tendencias cocinas a medida Santos

Máis alá das cores de moda, ou das tendencias que aquí estamos a ver, o que busca o usuario é que a súa cociña sexa unha extensión da súa personalidade. En definitiva, o que se leva agora son cociñas personalizadas con mobles de cociña a medida que se adecúen ás necesidades e preferencias de cada familia.

A este respecto, destaca a Colección 2019 de Santos, na que é posible combinar múltiples acabados para corpos, costados, estantes, traseiras, mesados e frontes dos mobles e caixóns. Deste xeito, as posibilidades de combinación vólvense case infinitas, conformando cociñas únicas e singulares.

O mesmo ocorre cos interiores, nos que é posible integrar diversos accesorios en función do uso que cada usuario vaia dar a súa cociña.

Cociñas en madeira, modernas e sofisticadas

Tendencias cocinas en madera Santiago Interiores

Tras uns anos nos que a madeira semellaba estar perdendo terreo no mundo da cociña, volveu con forza. Valóranse, así, o confort e a solidez deste material sostible, que sen embargo, non queda circunscrito a ambientes de estilo rústico, nin moito menos. E iso, a pesar de que a tendencia é decantarse polos tons máis escuros, como o carballo o a nogueira, que aportan moita presenza a calquera estancia.

A beleza das vetas e a calidez do acabado natural contribúen a aportar un toque moderno e acolledor á cociña, fuxindo da frialdade impersoal coa que as veces se asociaba esta parte da casa.

Cociñas con pedra natural: textura e beleza

Cocinas con piedra natural. Tendencias Santos

A madeira non é o único material natural que volve estar de actualidade, as pedras naturais como o granito, o cuarzo ou o mármore recuperan protagonismo na cociña. Así, contribúen a crear pezas escultóricas, delicadas e repletas de carácter, nas que a beleza do veado das pedras naturais súmase a unha textura chea de encanto.

Aínda que é quizais nos mesados onde estamos máis afeitos a recorrer a estes materiais, xa que aí o factor estético conxúgase cunhas altas prestacións técnicas, non é a única opción. Este ano verémolos tamén en chans, paneis parede e mesmo nos propios mobles de cociña, xa sexa ao natural ou en reproducións sintéticas que imitan non so o aspecto visual, senón tamén o tacto apomazado das pedras.

Cociñas escuras: unha tendencia ao alza con numerosas vantaxes

Tendencias cocinas negro y gris Santiago Interiores

As cociñas negras e as cociñas gris escuro seducen por innumerables razóns: aportan un ambiente distinguido, combinan con calquera cor e, fronte a o que poda semellar, poden resultar moi luminosas por contraposición, en ambientes diáfanos e con abundante luz natural.

Por suposto, non é unha tendencia apta para calquera estancia (é mellor non pensalo cando a cociña é pequena ou ten pouca luz), pero en espazos amplos os mobles escuros contribúen a crear contrastes moi interesantes, outorgando forza visual e carácter ao fogar.

Os mobles en negro, ou gris escuro, adóitanse combinar con cores máis luminosas como o branco, ou as madeiras claras, pero tamén poden quedar moi ben mesturados entre eles, nunha estética minimalista e ao mesmo tempo, atemporal.

As cociñas sen tiradores adáptanse a calquera ambiente

Cocinas sin tiradores. Tendencias en cocinas Santos

Os espazos modernos simplifícanse, dando prioridade a mobles lixeiros, harmónicos, que formen bloques cohesionados, onde ningún detalle chame a atención por enriba dos demais. Nesa busca das formas puras e sinxelas, prescindir dos tiradores permite decantarse por frontes totalmente lisos, moi sobrios, que se integran de forma natural no interiorismo da vivenda.

É por iso que nas cociñas máis actuais a apertura dos caixóns adoita ser automatizada, unha opción funcional que ademais resulta moi estética.

Aproveitar o espazo na cociña vólvese indispensable

Aprovechar espacio en cocinas. Gavetas y cajones Santos

Considerando que a superficie media das vivendas foise reducindo progresivamente, aproveitar ben o espazo na cociña máis que unha tendencia é case unha obriga. Sobre todo se temos en conta que as necesidades de espazo non se limitaron, senón máis ben ao contrario.

Neste contexto, marcas de mobiliario como Santos reaccionaron con novas solucións para obter o máximo volume neto utilizable por espazo total dispoñible. Así, ampliaron tanto a altura como a profundidade aproveitable nos distintos armarios e gabetas, gañando un 9% máis de capacidade en relación ás medidas estándar da maioría de fabricantes. Ademais, propoñen múltiples accesorios para organizar os armarios e caixóns de cociña de forma máis funcional, e non desperdiciar nin un centímetro cadrado.

Outra innovación moi interesante é a introdución do caixón-zócolo, que prolonga a capacidade dos mobles practicamente ata o chan (simplemente déixase unha marxe de 2,5 cm, fronte aos 12 cm habituais). Con el, pódese aproveitar toda a altura e profundidade dispoñible baixo o mesado, logrando ata catro niveles de almacenamento facilmente accesibles.

Poñer máis atención nos interiores é tendencia

Equipamiento interior muebles de cocina Santos

Xa non é abondo co que o interior dos mobles sexa cómodo ou funcional. Por suposto, iso é o mínimo esixible, pero ademais, agora, espérase que sexa atractivo. Así, os acabados e a estética dos mobles e caixóns cóidanse tanto por fóra, como por dentro, ofrecendo a mesma variedade de cores e acabados para aquelo que habitualmente queda oculto.

Isto débese, entre outras cousas, a que cada vez se mostra máis o interior dos mobles, xa sexa a través de vitrinas ou armarios escamoteables, que permanecen moito tempo co interior á vista. En calquera caso, os usuarios desexan poder personalizalos ao seu gusto, polo que se ofrecen máis opcións para o equipamento interior, utilizando por exemplo madeiras nobres, que antes se adoitaban reservar para os frontes.

Regresan as cociñas con vitrina

Cocinas con vitrinas. Tendencias Santiago Interiores

E como os interiores son agora tan belos como o exterior, a tendencia é mostralos, e por iso están en auxe os mobles con portas de cristal. A esencias das vitrinas para cociña consiste en non agochar os utensilios e accesorios senón, todo o contrario, exhibilos con orgullo como se foran pezas de colección.

Ademais, pódese xogar con diferentes opcións de iluminación para o interior das vitrinas, facendo que estas cobren gran protagonismo na ambientación dos espazos e converténdose practicamente en elementos de iluminación indirecta.

As cociñas con campá oculta son tendencia

Cocinas con campana de techo. Tendencias cocinas Santos

A integración dos electrodomésticos leva moitos anos sendo popular, e neveiras e lavalouzas tenden a mimetizarse co resto dos mobles da cociña para crear ambientes homoxéneos e elegantes. Arestora, esa tendencia chega tamén ata a campá extractora, conseguindo espazos máis limpos, e evitando a mestura de cores e materiais.

As campás intégranse así baixo os armarios altos, ou mesmo no propio mesado, onde desaparecen mentres non se están a usar. Tamén é habitual elixir campás de teito, que aportan o máximo rendemento sen interferencias visuais.

Estas son só algunhas das últimas tendencias en cociñas que triunfarán durante este 2020. Se queres coñecelas mellor, e descubrir cales se adaptan a túa cociña, non dubides en solicitar cita co noso equipo de interiorismo. Estaremos encantados de deseñar un proxecto a medida para ti.