Refrescante, fácil e creativa. A receita do calendario Santos para o mes de agosto somérxese por completo na tradición mediterránea, pero aportando un punto diferente: trátase do gazpacho de sandía.
Está claro que as sopas frías son un xeito san de combater os días máis calorosos, e é fácil entender por que son o prato estrela do verán. É rápido e sinxelo de preparar, é nutritivo e hidratante, e abre o apetito cando a canícula parecía telo eliminado (de feito é un aperitivo recorrente durante os meses máis cálidos). Pero non hai por que limitarse ao clásico gazpacho ou salmorejo, senón que é posible innovar con novos ingredientes e combinacións para non aburrirse xamais de estas sopas de hortalizas. Incluíndo froitas como a sandía, por exemplo, conséguese un sabor algo máis doce e rico en matices.
Queres saber como preparar o gazpacho de sandía?
Ingredientes (para 4 racións)
- 1 sandía
- 600 gr de tomates maduros
- 45 gr de cebola tenra
- 35 gr de pemento verde
- 1 dente de allo
- 1 cullerada de aceite de oliva virxe extra
- 3 culleradas de vinagre de mazá
- Un chisco de sal Maldon
- Tomiño e alfábega
- 4 cubos de xeo
- Xamón ibérico
Preparación
Esta receita carece de complicación e non leva máis de cinco minutos preparala. O primeiro que faremos será lavar ben todas as hortalizas, para a continuación cortar os tomates, a cebola tenra, o pemento verde e o dente de allo. De igual modo, pelamos e partimos a sandía.
Unha vez feito isto, simplemente hai que introducir os ingredientes xa enumerados no vaso da batedeira, xunto co sal, o aceite, o vinagre e os cubos de xeo. Trituramos a máxima potencia, asegurándonos de comezar a pouca velocidade, para despois ir incrementando pouco a pouco ata chegar á máxima potencia.
Vertemos a mestura nun recipiente de cristal e a deixamos repousar na neveira.
Á hora de comer, podemos montar unhas espetadas alternando dados de sandía e láminas finas de xamón ibérico. Así, servimos o gazpacho en cuncas ou vasos bonitos, botamos un chorriño de aceite, espolvoreamos as herbas aromáticas, e colocamos unha espetada de xamón e sandía por enriba, dando á sopa un punto máis sofisticado e elegante.
Este prato é para ti se…
-
- Es fan das cremas frías.
- Gustaríache comer o cear san, pero non tes tempo nin enerxía para cociñar receitas moi elaboradas.
- Adoitas chegar a casa acalorado e necesitas tomar algo que te refresque.
- Buscas un xeito sinxelo de introducir máis froitas e hortalizas na túa dieta.
- Tendes a beber pouco e precisas un menú que ademais de nutrirte te hidrate.
- Queres ofrecer aos teus invitados un aperitivo lixeiro pero con moito sabor.
- Gústache coidar a presentación dos pratos, pondo sobre a mesa distintas texturas e cores.
- Desexas innovar e probar novas mesturas de sabores.
Esperamos que esta propuesta te ayude a combatir el calor de los últimos días de verano. Te animamos a que la elabores tú mismo, e incluso a que pruebes con otras hortalizas y frutas si te sientes creativo. En el blog Sweet & Sour podrás encontrar más imágenes del proceso de elaboración y muchas otras recetas deliciosas.