Image

En Santiago Interiores pechamos por reformas

Image imagenpararedes

Santiago Interiores pechará por reformas desde o 25 de xullo ao 11 de setembro (ambos incluídos). Imos renovar por completo a tenda para ofrecer, a partir do 12 de setembro, novas exposicións onde poderás experimentar en primeira persoa os novos acabados, solucións e sistemas de organización da colección Santos 2019.

Mentres tanto, as cociñas que tiñamos expostas ata agora continúan en liquidación, e animámoste a velas na categoría Outlet do noso web. Durante este mes e medio, tamén seguiremos compartindo ideas sobre cociñas e interiorismo nas nosas redes sociais, para acompañarte nas túas vacacións (ou no teu día a día) coas nosas actualizacións de Facebook, Instagram, Twitter ou LinkedIn. Así, poderás recibir información sobre tendencias de cociñas, gozar dos nosos últimos proxectos ou inspirarte con imaxes que te axuden a sacar aínda máis partido da túa cociña.

Se tes algunha consulta ou queres solicitar unha cita podes deixarnos os teus datos neste formulario, e poñeremosnos en contacto contigo o antes posible.

Todo o equipo de Santiago Interiores desexámosche un feliz verán… e agardamos a túa visita en setembro!