Recentemente, decidimos renovar 3 das exposicións de Santiago Interiores para incluír as máis recentes novidades do catálogo de produtos de Cociñas Santos. Contamos agora cunha cociña con península e zona de vitrinas, un living con aparador e baldas e unha lavandería totalmente oculta.
Cociña branca e madeira con mesado escuro: equilibrio e calidez
Na zona máis cerca do escaparate instalamos unha cociña da serie FINE en acabado Cashmere, cuxos módulos baixos contan cun tirador lineal integrado no canto da fronte superior. Pola súa parte, os módulos columna inclúen o mesmo formato de tirador pero instalado no canto vertical das portas.
Este tirador, de deseño estilizado e práctico, facilita a apertura e o acceso aos contidos tanto en mobles baixos como en armarios columna, ademais de conseguir unha estética máis lixeira e minimalista.
Para a súa distribución optouse por unha L con península. De dereita a esquerda, o tramo de columnas confórmano un frigorífico combi integrado, un armario portaforno e micro e un moble de servizo con moita capacidade de almacenamento.
Continuando coa composición de mobles altos e baixos, na zona baixa inclúese un módulo de integración de lavalouza, un módulo portavertedoiro e un módulo de almacenamento. Dispúxose tamén aquí a zona de lavado, cun vertedoiro de aceiro inox sobre mesado.
Na zona alta, colocamos un panel con baldas iluminadas dun grosor de 3,5cm e dous módulos de apertura pregable. Ademais, debaixo das baldas e os módulos instalamos un perfil de iluminación LED con tomas de corrente e carril para accesorios.
Neste caso, o carril está equipado cun bote multifunción, un soporte de coitelos, un portarrolos e unha barra con ganchos. Todos estes accesorios facilitan as tarefas diarias, facendo que teñamos os utensilios sempre a man, mentres que a luz se proxecta de maneira indirecta, funcional, continua e homoxénea sobre o mesado.
Na zona da península sitúase a zona de cocción. A placa desta cociña conta cun sistema de extracción de superficie. No moble onde vai instalada a placa encontramos outra das novidades da marca Santos: o módulo portaplaca adaptado a este tipo de sistemas de extracción e deseñado para favorecer a circulación de gases no seu interior.
Xusto a continuación do moble que alberga a placa contamos con outro módulo de almacenamento con caixón interior, gabetas, e accesorios pensados para manter en orde potas e tixolas.
También en la encimera se optó por introducir uno de los últimos lanzamientos: el laminado Santos en acabado Mármore Emperador. Co seu deseño elegante e sofisticado, logra un interesante contraste de cores e un resultado refinado.
Por outro lado, na estancia inclúese unha zona de comedor, presidida por unha ampla mesa rectangular con dameiro en madeira de fresno con capacidade para 6 comensais. En paralelo á mesa sitúase unha composición de armarios vitrina composta por unha zona central con vitrinas corredías sobre mesado e un moble para almacenaxe na zona baixa e dúas columnas de chan a teito a cada lado. Neste caso optouse por un cristal afumado negro, que consegue unha estética moi elegante e deixa entrever as baldas con iluminación do seu interior. Tanto as baldas, como a traseira e o mesado son en acabado Carballo Natural.
Ademais, tamén aquí encontramos o perfil de iluminación LED, con tomas de corrente e accesorios.
Zona Living: elegancia e sofisticación
Ao lado da cociña encontramos esta zona living, distribuída cunha zona de sofás enfronte ao moble de tv. O aparador da zona baixa foi deseñado en acabado Nogueira e está composto por catro módulos de almacenamento, tres deles gabetas de extracción total e caixón interior e un con apertura abatible ao chan.
Na parede dispúxose unha composición de baldas en acabado Gris Antracita con iluminación. O aparato de TV que se encontra suspendido, vai suxeito ao panel traseiro que axuda a manter oculto todo o cableado. Reinan as liñas puras que, sumadas aos materiais de grosor reducido, minimizan o impacto do conxunto e favorecen a súa integración na arquitectura.
Unha lavandería que se oculta totalmente
No noso showroom, podemos acceder á lavandería a través dunha porta corredía, porén, pola súa composición con mobles columna e un moble escamoteable, é unha opción estupenda para un espazo aberto ou de paso.
Mantendo todas as portas e a persiana cerradas, conseguen ocultar totalmente os electrodomésticos, útiles e grifería, converténdose nunha área de armarios minimalista que pasa practicamente desapercibida.
Para as súas frontes optouse polo modelo FINE en acabado Branco Perla. O escamoteable, pola súa parte, ten o acabado interior en Nogueira Terra e acolle a zona de lavado con grifería e vertedoiro en tons marróns, integrándose plenamente co mobiliario
A lavandería dispón ademais dun moble persiana, tamén en Branco Perla, e á súa dereita un columna de servizo, moi práctico para gardar, por exemplo, a táboa de pasar o ferro.
No outro extremo, sitúase a columna de lavado e secado na que se integran lavadora e secadora. Entre o moble escamoteable e o moble persiana encóntrase un armario columna portaútiles en esquina, que ofrece un gran aproveitamento deste recuncho e ten accesorios para vasoira e recolector.
Se che gustaron as nosas propostas, animámoste a visitarnos na nosa tenda, onde ademais poderás experimentar, tocar e sentir as texturas e acabados dos nosos mobles, así como descubrir as solucións innovadoras para o teu fogar.
No dubides en reservar a túa cita co noso equipo de interioristas, quen estarán encantados de mostrarche este catálogo vivo, e de crear para ti un proxecto personalizado adaptado aos teus gustos e necesidades, tanto se a túa vivenda está en Santiago, como en calquera outro punto de Galicia.
E recorda que tamén podes consultar no noso outlet as nosas cociñas Santos en liquidación por cambio de exposición.