No verán chega o momento de tomarse un pequeno descanso. En Santiago Interiores tamén nos imos de vacacións e a tenda estará pechada desde o 15 ao 30 de agosto (ambos os incluídos) por descanso do persoal.
Volveremos o luns 31 de agosto con máis enerxía e entusiasmo que nunca. Comezará unha nova etapa chea de proxectos apaixonantes e traballaremos coa mesma ilusión, a vocación de servizo e a máxima implicación que sempre nos definiu.
Se durante estes días tomaches a decisión de facer realidade a cociña dos teus soños, tes á túa disposición todas as nosas canles dixitais para inspirarte. Na nosa web poderás consultar ideas sobre cociñas e interiorismo, tamén nas nosas redes sociais, que che convidamos a seguir para estar ao día sobre as últimas tendencias en decoración, detalles inspiradores, os nosos últimos proxectos ou, simplemente, imaxes e artigos para informarte e e sacar aínda máis partido á túa cociña: Facebook, Twitter, Instagram e LinkedIn.
Lembra que tamén podes botar unha ollada a algúns dos nosos traballos en Houzz, ou aos nosos vídeos favoritos en YouTube.
En canto volvamos poñerémonos en contacto contigo se solicitaches cita para renovar a túa cociña. Podes deixarnos os teus comentarios ou suxestións en calquera momento a través deste formulario. E se aínda non pediches a túa cita, podes facelo aquí. Feliz verán de parte de todo o equipo de Santiago Interiores!