Image

Como organizar os produtos e utensilios de limpeza na cociña

Organización bajo fregadero

«O desorde prodúcese por non pór as cousas non lugar que lles corresponde». Esta é unha das máximas do método Konmari, desenvolvido pola gurú da orde Marie Kondo. Para conseguir unha cociña cómoda e funcional é imprescindible que cada obxecto teña o seu espazo. Noutros artigos contámosche como conseguilo cos accesorios de Santos e achegamos ideas e exemplos de organización. Hoxe centrámonos nunha cuestión relacionada coa orde, pero tamén coa hixiene: como organizar os produtos de limpeza e os cubos do lixo e a reciclaxe.

A marca Santos, da que somos distribuidores exclusivos en Santiago de Compostela, ofrécenos múltiples opcións, como a columna porta útiles de limpeza e un organizador baixo vertedoiro.

Presentámoschos!

Solucións baixo vertedoiro: orde e comodidade

Almacenaje bajo fregadero con cajón

Para o estropallo, as baetas, as pastillas do lava vaixelas… resulta moi cómodo dispoñer dunha zona de almacenaxe baixo vertedoiro, na que poidamos ter os utensilios e produtos accesibles e ordenados, pero fóra da vista.

Cajón extraible bajo fregadero Santos

Santos ofrece unha ampla gama de porta vertedoiros versátiles e resistentes, con anchos que van desde 45 a 120 cm, en formatos verticais ou horizontais con multitude de combinacións de distribución, clasificación de residuos e aproveitamento interior.

O caixón extraíble baixo vertedoiro permite acceder de forma rápida aos produtos de limpeza. O cubo do lixo, rodeado doutros cubos de reciclaxe, está deste modo oculto, pero sempre a man.

Cajón con cubos bajo fregadero Santos

No caixón baixo vertedoiro cada detalle conta. O recorte presente na traseira fai posible que, unha vez pechado, supere o obstáculo que representa o desaugadoiro do vertedoiro. Deste xeito, aprovéitase o espazo ao máximo, conseguindo capacidade de almacenaxe para organizar os produtos de limpeza e cubos de residuos.

Organizador Bajo Fregadero Santos

Os mobles de cociña Santos están deseñados para que poidas gozar deles durante moitos anos. Por iso, as partes do módulo porta vertedoiro máis susceptibles de entrar en contacto coa auga fabrícanse de xeito estándar en taboleiro mariño laminado, moi resistente á humidade, os deterxentes ou o desgaste.

Porta útiles de limpeza: un armario para gardar os teus produtos e utensilios

Portaútiles y Ganchos para Armario de Limpieza

E onde gardamos o aspirador? E a fregona? E os panos de cociña? A columna porta útiles de limpeza de Santos adáptase ás nosas necesidades mediante múltiples utilidades: estantes de distintas profundidades, colgadoiros de vasoiras, ganchos, accesorios para tubos de aspiradoras…

Lavandería: espazo para deterxentes e suavizantes

Armario de Lavandería Santos

Se temos a zona de lavandería integrada na cociña tamén podemos dispoñer dun espazo extra de almacenaxe. As columnas de lavado e secado de Santos aloxan a lavadora e a secadora e permiten gardar deterxentes e suavizantes.

En Santiago Interiores deseñamos cociñas a medida, adaptadas ás necesidades, hábitos e gustos dos nosos clientes. Se queres que te asesoremos para conseguir unha estancia funcional, organizada e estética, no dubides en visitarnos. Podes reservar a túa cita co noso equipo de interioristas aquí.