En Nadal, máis que nunca, a mesa convértese nun centro de reunións e festexos. É momento de recibir a familiares e amigos e, por suposto, darlle un toque especial e máxico á nosa decoración.
As ceas e comidas de Nadal son unha oportunidade para lucir esa vaixela, cubertos e manteis que pasan o resto do ano gardados. Se ese é o teu caso, pero necesitas ideas e consellos para vestir a mesa e decorar a casa en Nadal, a continuación, deixámosche algunhas imaxes do noso showroom a modo de inspiración de decoración de Nadal.
Na sinxeleza está a elegancia
En Santiago Interiores gústanos decantarnos por unhavaixela branca clásica, do mesmo estilo que a cristalería e cubertos. Partindo desta base elegante e sobria, o protagonismo recaerá na comida e no centro de mesa vexetal. A mestura de tons neutros e o vermello é un acerto en toda mesa de Nadal.
A importancia dos centros de mesa
Se algo diferencia unha mesa vestida para as celebracións de Nadal de calquera outra, son eses detalles como os centros de mesa de Nadal.
Nesta ocasión, optamos por un camiño de ramas verdes, ao que lle aportamos eses toques vermellos tan característicos do Nadal con bagas e pequenas mazás. Ademais, démoslle un plus de calidez ao entrelazar entre a vexetación unha grilanda con pequenas luces.
Mantén o mesmo estilo máis alá da mesa
Aínda que sabemos que o centro de reunións vai ser a gran mesa de comedor, non deixes de adornar outros espazos da túa casa na mesma liña.
Un acerto seguro son os floreiros coa mesma vexetación que o centro de mesa. Só a través de toques verdes e vermellos lograrás un ambiente moito máis de Nadal en calquera recuncho do teu fogar, dende o recibidor ata o propio salón.
Non te esquezas da mesa doce
A pesar das grandes comidas ás que estamos acostumados nestas festas, quen non ten un oco para os doces de Nadal?
E a súa presentación alcanza a mesma relevancia que a cea ou a comida. Non importa se eres de Roscón de Reis ou de panettone, de café ou de té… este Nadal dálle un toque especial á sobremesa.
Esperamos que estes simples consellos sobre decoración e estilismo de Nadal che axudaran e desexámosche que pases unhas moi Felices Festas xunto aos teus seres queridos.
Bo Nadal e próspero Ano Novo!