Calidez e comodidade para o día a día
Unha zona de día luminosa, cómoda e acolledora, na que gozar decote en familia. Esta cociña de 20 metros cadrados comparte un espazo semiaberto con comedor e salón, por iso os propietarios, unha parella con dous fillos, desexaban un estilo coherente e equilibrado, no que a área de traballo fora moi funcional, pero tamén versátil, confortable e amable.
A COCIÑA | |
---|---|
Ano do proxecto | 2020 |
Deseño | Santiago Interiores |
Distribución | Con illa |
Dimensións | 20 m2 |
Mobiliario | Santos, modelo FINE |
Acabado | Branco Innsbruck |
Tirador | Sen tirador |
Mesado | Krion Branco |
A VIVENDA | |
---|---|
Tipoloxía | Unifamiliar |
Dimensións | 237 m2 |
Localización | Santiago de Compostela |
Arquitectura | RVR Arquitectos |
Decoración | --- |
Estilismo | Sonsoles Cabana e Antonio González |
Fotografía |
Esta vivenda forma parte dun bloque de dúas casas acaroadas, deseñadas polo estudio de arquitectura RVR Arquitectura. Situada nunha tranquila zona residencial, conta con dúas plantas e soto de estilo racionalista, que sorprende pola súa arquitectura interior. Ademais, desde parte da casa gózase de vistas sobre o xardín e piscina, o que lle aporta un extra de serenidade.
Para este novo fogar, a familia buscaba un interiorismo acorde: espazos sosegados, confortables e equilibrados, nos que descansar das ocupacións cotiás e gozar tanto das tarefas domésticas como dos momentos de ocio. No caso da cociña, tiñan moi claras as súas prioridades: calidade, capacidade de almacenamento, deseño, e funcionalidade. Como xa tiveran confiado en nós para o seu anterior piso, sabían que a filosofía de Santos respondía precisamente a eses requirimentos.
Aberta ou pechada en función das necesidades
A cociña sepárase do resto da zona de día a través dunha porta corrediza, o que permite illar a área de traballo cando se desexa, pero mantendo sempre a luminosidade e conexión visual. Así favorécese a comunicación e interacción para poder compartir momentos especiais con familia e visitantes.
Para potenciar a luz natural recórrese á cor branca en paredes e portas, mentres que os detalles de madeira contribúen a xerar unha atmosfera moi acolledora. Un bo exemplo atopámolo no chan de parquet, que non só aporta calidez, senón que, ao estenderse por toda a planta, crea sensación de continuidade entre os distintos ambientes.
Para reforzar esa sensación eliximos para o mobiliario de cociña un deseño de liñas estilizadas e frontes lisas en acabado Branco Innsbruck, que se integra con naturalidade no interiorismo da vivenda. O estilo da mesma caracterízase por ser sinxelo e moderno, pero tamén con carácter, no que cada accesorio e peza de mobiliario elixiuse con suma atención.
O comedor situase xusto a continuación da cociña, minimizando os desprazamentos e facilitando as tarefas de servizo e retirada de pratos. Esta zona equipouse con varios complementos dispoñibles na nosa tenda, como a mesa de carballo, cadeiras, lámpadas e floreiros, que contribuíron a crear interiores coherentes e harmónicos.
Espazo para traballar, almacenar e gozar
Para a distribución desta cociña optamos por unha organización en forma de L arredor dunha illa central. Esta acolle a zona de cocción, ademais de múltiples solucións de organización e almacenamento. Na súa cara interior, a illa dispón de dous módulos portaplaca estruturados en tres niveis de caixóns de extracción total e gran capacidade, mentres que a exterior ofrece dous baixos de servizo con apertura lateral e estantes interiores. As tomas de electricidade localízanse no lateral da illa para manterse afastadas das superficies con risco de derramamentos, o que resulta cómodo, seguro e limpo.
Á illa anéxase, ademais, unha mesa alta de carballo con tallos, o que permite que toda a familia poida reunirse para almorzar ou tomar un petisco sen necesidade de cambiar de estancia.
En paralelo á illa sitúase un lineal de mobles altos e baixos destinado a tarefas de frega e preparación. Reúne na parte baixa un moble de caixóns, un módulo portavertedoiro e un lavalouza integrado e, na parte alta, tres módulos se servizo con apertura pregable. Xunto a eles dispúxose o frigorífico integrado.
En perpendicular puxemos unha composición de tres armarios columna que aglutinan, nun lineal compacto e organizado, electrodomésticos como o forno e o microondas, zonas de traballo auxiliar e amplo espazo de almacenamento. O primeiro deles, escamoteable, conta con frontes que se poden ocultar totalmente nos laterais, facilitando a visibilidade e o acceso. O seu interior, personalizado no acabado Carballo Rústico Sincro, resulta moi elegante e ademais traza un vínculo visual con outros elementos de madeira da estancia, como a mesa ou o chan.
Con esta planificación axudamos a minimizar os desprazamentos á hora de cociñar e, ademais, o corredor libre arredor da illa permite que varias persoas compartan tarefas sen estorbarse. O encerado na parede lémbranos que esta estancia non só é funcional para os adultos, senón que os pequenos da casa tamén teñen un recanto de creatividade e diversión na propia cociña, disolvéndose as fronteiras entre os distintos ambientes e convertendo esta zona da casa nun importante núcleo de convivencia.
Outros datos de interese
ELECTRODOMÉSTICOS | |
---|---|
Bosch | Lavalouza, forno, microondas e placa de cocción |
Liebherr | Frigorífico e conxelador |
Pando | Campá |
Inspírate con mais proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.