
Unha cociña contemporánea con vistas ao mar
En pleno paseo marítimo dunha pequena vila costeira, practicamente á beira do mar, atópase esta vivenda unifamiliar rehabilitada polo estudo de arquitectura 2é+. Unha proposta que trata de integrarse no espírito mariñeiro desta vila utilizando unha linguaxe actual, sinxela e austera, onde a cor branca é a gran protagonista. A súa cociña minimalista, deseñada por Santiago Interiores, comparte estas mesmas sinais de identidade.

A COCIÑA | |
---|---|
Ano do proxecto | 2020 |
Deseño | Santiago Interiores |
Distribución | Con illa |
Dimensións | 32 m2 |
Mobiliario | Santos, modelo FINE |
Acabado | Branco Innsbruck |
Tirador | Sen tirador |
Mesado | Compac Unique Calacatta |
A VIVENDA | |
---|---|
Tipoloxía | Vivenda unifamiliar |
Dimensións | 85 m2 |
Localización | Ría de Arousa (Pontevedra) |
Arquitectura | 2es+ |
Decoración | --- |
Estilismo | --- |
Fotografía |
Espazos abertos e diáfanos
Unha casa fronte ao mar esixe unha cociña aberta, luminosa e orientada cara á paisaxe. Neste caso, a planta baixa da vivenda, un espazo diáfano e, en parte, de dobre altura, alberga cociña, salón e comedor. Conta con múltiples entradas de luz natural grazas ás diversas fiestras, tanto a nivel de planta como cenitais e ás dúas portas corredizas acristaladas que permiten o acceso á terraza. Lógrase así unha atmosfera fresca e radiante, ideal para gozar dos días solleiros.


A presenza da cor branca nos mobles da cociña, pero tamén noutros elementos como o mesado, as paredes ou as portas, axuda a conformar un bloque harmónico e homoxéneo, que resalta a luminosidade do ambiente e o carácter organizado da cociña.
Para o mobiliario optamos por un modelo FINE (en acabado Branco Innsbruck) un deseño que une elegancia, sobriedade e discreción, algo fundamental nas cociñas abertas. Ademais, as súas frontes lisas e sen tirador favorecen a fusión natural dos mobles coa arquitectura e o interiorismo da casa. Algo ao que tamén contribúen as solucións de integración para electrodomésticos e almacenamento.
As únicas concesións son o uso dunha campá de teito decorativa e a elección dun mesado de cuarzo branco cun fermoso veado, que aporta un plus de sofisticación á cociña.
Distribución en paralelo con ampla capacidade de almacenamento


Unha gran illa central domina a cociña, e concentra as áreas de preparación, cocción e frega. Isto permite conversar con familia e amigos mentres se traballa, á vez que se goza das vistas do mar.
Ademais, a illa incorpora múltiples opcións de almacenamento e organización. Na súa cara interior, inclúe dous módulos portaplaca con tres caixóns, lavalouzas integrado e moble portavertedoiro con baldes de reciclaxe. Na exterior, conta con sete armarios baixos de servizo. Para facela máis práctica e autónoma, os seus dous costados equípanse con candansúas tomas de corrente, moi útiles para conectar pequenos electrodomésticos.
En paralelo á illa disponse unha composición de catro armarios columna que, nun espazo compacto e ordenado, reúne frigorífico, forno, microondas e varios módulos de servizo, adecuados para funcionar como despensa ou para gardar utensilios de limpeza. Esta composición sitúase xusto baixo o oco da escaleira, un espazo xeralmente desaproveitado que, con todo, conta cun potencial a tomar en consideración. Neste proxecto, situando nesta zona a área de columnas, dotámola de carácter funcional e conferímoslle un atractivo estético totalmente acorde co conxunto.


Para a usuaria desta cociña, contar coa máxima capacidade de almacenamento posible era fundamental. Este elegante e discreto moblaxe lógrao sen sobrecargar o ambiente. Pola contra, consérvanse zonas libres para poder moverse e traballar con liberdade, e para que varias persoas poidan realizar tarefas á vez sen molestarse.
Outros datos de interese
ELECTRODOMÉSTICOS | |
---|---|
Bosch | Lavalouza, placa de cocción, forno, conxelador |
Liebherr | Frigorífico |
Pando | Campá |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.