Cocina gris, diseño Santos, Santiago Interiores

Unha cociña con privilexiadas vistas á Ría

Localizada nunha ladeira, a medio camiño entre a Ría de Pontevedra e o alto de Chan de Gorita, sitúase esta vivenda unifamiliar de dúas plantas

Na planta alta, a de acceso á casa, encóntrase a ampla cociña con illa, aberta ao salón e comedor. Créase así unha zona de día diáfana e moi luminosa que se abre cara ás marabillosas vistas á Ría e ao seu entorno con grandes beirados a modo de terraza.

Fachada blanca de vivienda minimalista, Santiago Interiores
Vivienda con vistas al mar, Santiago Interiores

A COCIÑA
Ano do proxecto 2020
Deseño
Santiago Interiores
Distribución
Con illa
Dimensións 16 m2
Mobiliario
Santos, modelo FINE
Acabado
Gris Visón
Tirador
Sen tirador
Mesado Compac Glaciar
A VIVENDA
Tipoloxía
Vivenda unifamiliar
Dimensións
265 m2
Localización
Sanxenxo (Pontevedra)
Arquitectura
Estilismo
Sonsoles Cabana e Paula Ferreira
Fotografía

En canto ao seu deseño e distribución, os seus propietarios, un matrimonio con 3 fillos, tiñan moi claro que querían que fose funcional sobre todas as cousas. Non é a súa residencia habitual, polo que querían que, ao usala nas súas vacacións e períodos de descanso, lles fose o máis cómoda posible. Partindo destas premisas, deseñouse unha cociña totalmente equipada e con moito servizo.

5 metros de illa con todo o necesario

Cocina gris con isla, diseño Santos, Santiago Interiores

Tratándose dun espazo aberto, decidimos partir dunha illa como elemento delimitador entre a zona de cociña e a zona de comedor. Eliximos para a cociña o acabado Gris Visón, o mesado branco e os detalles en madeira, buscando unha uniformidade coas tonalidades presentes nas diferentes estancias da vivenda.

Cocina gris abierta al salón, diseño Santos, Santiago Interiores

Encadrada entre dúas columnas portaútiles, a illa conta na súa parte dereita cunha zona de mesado voado que funciona a modo de barra para almorzos e comidas rápidas. Ten capacidade para 4 ou 5 comensais, polo que fai que compartir momentos en familia, neste caso, numerosa, sexa moito máis fácil.

Cocina gris con isla, diseño Santos, Santiago Interiores

A continuación da barra encontramos unha serie de módulos baixos. Nun deles intégrase unha vinoteca de gran tamaño e os demais configúranse como mobles de servizo con estantes.

Cocina gris con isla, diseño Santos, Santiago Interiores

A parte interior da illa tamén está equipada con diversos módulos baixos. Cara á barra encontramos un baixo de servizo con estantes, e á súa dereita un módulo portaplaca, seguido dun caixón con moita capacidade para almacenar xogos de cubertos, vaixela e demais utensilios.

Cocina gris con isla, diseño Santos, Santiago Interiores

É na illa onde se encontra a zona de cocción, cunha placa de 80 cm e unha campá de teito. Para o mesado optouse por un cuarzo compacto branco, que crea un delicado contraste co gris dos mobles e que aporta luminosidade.

Cocina gris con isla, diseño Santos, Santiago Interiores
Cocina con barra, diseño Santos, Santiago Interiores
Cocina con barra, diseño Santos, Santiago Interiores

Prestar atención aos detalles

O mesmo mesado branco da illa empregouse no lineal paralelo para a zona de augas e traballo, mentres que no panel parede se introduciu un toque de madeira para aportar calidez co laminado Santos Olmo Claro.

É tamén ese o acabado en madeira elixido para o interior dos módulos altos, de apertura pregable, e para o perfil de iluminación LED con tomas de corrente.

Cocina gris y madera, diseño Santos, Santiago Interiores
Cocina gris y madera, diseño Santos - 02, Santiago Interiores

Pasando aos módulos baixos, de dereita á esquerda sitúanse un caixón, un lavalouza integrado e un portavertedoiro.

Ao igual que a illa, este lineal de mobles encóntrase enmarcado por columnas a ambos lados. Na parte dereita dispóñense dúas columnas portafornos que integran sendos microondas e forno, mentres que na parte esquerda se sitúa un side by side (frigorífico e conxelador).

Cocina gris con isla, diseño Santos, Santiago Interiores

Toda esta suma de factores fai desta cociña un lugar óptimo para compartir momentos xuntos en épocas de desconexión, sen deixar de lado o coidado dos detalles e o completo aproveitamento do espazo.

Outros datos de interese

ELECTRODOMÉSTICOS
Blanco Grifería e vertedoiro
Balay Lavalouza, frigorífico e conxelador
Bosch Placa de indución, forno e microondas
Pando Campá extractora e vinoteca

Queres facer realidade a cociña dos teus soños?

Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.

Solicita unha cita previa