Unha elegante cociña integrada na zona de día
Esta cociña forma parte dunha zona de día ampla e diáfana, e comparte espazo co comedor e salón na planta baixa dun espectacular ático compostelán. Os mobles de liñas puras e sinxelas, nunha sofisticada cor gris, intégranse á perfección nun interiorismo contido e elegante, mentres que a distribución dos mesmos facilita o día a día dos seus usuarios.
A COCIÑA | |
---|---|
Ano do proxecto | 2020 |
Deseño | Santiago Interiores |
Distribución | En paralelo con illa |
Dimensións | 14 m2 |
Mobiliario | Santos, modelo FINE |
Acabado | Gris Visón Seda |
Tirador | Gola |
Mesado | Coverlam Estatuario |
A VIVENDA | |
---|---|
Tipoloxía | Dúplex |
Dimensións | 150 m2 + 108 m2 de terrazas |
Localización | Santiago de Compostela |
Arquitectura | Fernando Arteaga, de Santiago Sur |
Decoración | Belén Sueiro Decoradora |
Estilismo | --- |
Fotografía |
Trátase dun dúplex situado nun edificio de coidado deseño, construído con materiais de primeira calidade. Dispón de tres terrazas exteriores, que lle permiten gozar dunhas vistas privilexiadas e recibir luz natural en calquera momento do día.
Os seus propietarios, unha parella nova cun fillo, desexaban transformalo nun fogar cálido e acolledor, pero tamén funcional, no que gozar dos seus momentos de lecer e realizar os labores cotiáns con total comodidade. Con iso en mente, propúxose unha redistribución en dúas áreas diferenciadas: na planta baixa reuníronse as zonas de día e de noite, e a planta alta reservouse para os momentos de desconexión, cun gran salón aberto a dúas amplas terrazas.
Aberta ou pechada en función das necesidades
A cociña sitúase nun extremo da zona de día, xusto a continuación do comedor, o que facilita o servizo e retirada de cubertos. Una porta corredía en ferro negro e vidro separa ambos ambientes, de modo que é posible illar a área de traballo cando se desexa, sen perder en ningún momento luminosidade nin conexión visual.
Ademais, a cociña comunícase tamén cunha terraza exterior a través dunhas portas acristaladas, o que favorece a entrada de abundante luz natural na estancia.
O mobiliario, un deseño FINE de Santos en acabado Gris Visón, de liñas puras, fusiónase de xeito natural co interiorismo da vivenda, aportando unha discreta elegancia. Ao incorporar múltiples solucións de integración lógrase que todo se atope sempre recollido, organizado e apartado da vista, o que contribúe a que a cociña poida adoptar formas estéticas propias do salón.
Organizada para resultar práctica e confortable
Os usuarios buscaban unha cociña aberta ás zonas de reunión, pero que tamén fose cómoda e práctica no día a día. Para logralo, optamos por unha distribución en paralelo, cunha ampla illa fronte a un lineal de mobles altos e baixos e armarios columna, o que ademais potenciou a entrada de luz natural desde a terraza.
A illa acolle as zonas de preparación e cocción, e inclúe dous grandes caixóns na parte interior. O mesado, modelo Estatuario de Coverlam, esténdese polos seus costados, xerando un bloque esteticamente uniforme e lixeiro, que salienta entre a cor gris das frontes e a negra da porta corredía. Para a extracción de fumes optouse por un discreto modelo de teito, o que axudou a evitar molestos obstáculos visuais.
A superficie de traballo tamén se prolonga cara a parte exterior da illa, transformándose nunha práctica barra para almorzar. Iso permite contar cunha zona office na propia cociña, evitando ter que desprazarse ao comedor cada vez que se quere tomar algo.
Fronte á illa, un lineal de módulos columna, altos e baixos cobre todo un tabique. Nun dos seus extremos, dúas columnas integran de xeito compacto o frigorífico, os fornos e múltiples opcións de almacenamento. O outro extremo está ocupado por dous armarios con ampla capacidade de almacenamento, pensados para gardar a compra de maneira organizada.
O centro da composición acolle a área de lavado, conformada por un módulo de servizo, un lavalouza integrado, un portavertedoiro con caldeiros de reciclaxe e dous armarios altos de apertura pregable. Ademais, ofrece espazo de traballo auxiliar moi ben iluminado grazas a dous perfís LED, un integrado no piso inferior dos mobles altos, e outro instalado baixo eles. Este último inclúe ademais tomas de corrente, o que facilita a conexión e o uso de pequenos electrodomésticos.
Con esta planificación creamos unha cociña funcional e confortable, na que todo se atopa a un paso á hora de elaborar un prato. Ademais, o corredor libre arredor da illa posibilita que varias persoas poidan compartir espazo ou tarefas sen estorbarse.
Outros datos de interese
ELECTRODOMÉSTICOS | |
---|---|
Bosch | Lavalouza e placa de cocción |
Siemens | Forno e microondas |
Pando | Campá de teito |
Inspírate con máis proxectos
Queres facer realidade a cociña dos teus soños?
Visita a nosa tenda en Santiago de Compostela e amosarémosche as múltiples opcións de configuración e personalización das cociñas Santos. Concerta unha cita previa para que poidamos atenderche sen esperas e axudarche a crear a cociña dos teus soños.